xoves, 30 de outubro de 2014

O DÍA DAS BIBLIOTECAS

O venres 24, celebramos no cole o día das bibliotecas e fixemos actividades especiais con todo o alumnado do cole.
Xa que este ano o tema central do cole é o mar, centramos as actividades en torno a este tema.


Os de infantil estivemos cos compis de primeiro e segundo, mentres os de terceiro, cuarto, quinto e sexto facían outras actividades simultaneamente. 

Comezamos facendo unha actividade artística para decorar o cole con motivos relacionados co mar. 



Este foi o resultado do traballo:



Os peixiños que fixemos os da clase de 4 anos
Os peixiños que fixemos os da clase de 5 anos
Os peixiños que fixemos os da clase de 3 anos

Despois subimos á biblioteca (que estaba moi chula, gracias ao equipo da biblio que a ambientou moi mariñeira) a compartir, cos compañeiros e compañeiras de primeiro ciclo: contos, poemas, adiviñas, refráns... todo relacionado có mar. 


Os de 4 anos recitamos un poema: AS CORES DO MAR, que nos mesmos ilustramos...



Tivemos pouquiño tempo para preparalo, pero estamos moi contentos co resultado. Queredes velo?




Os de 5 anos recitamos de memoria unhas adiviñas, e fixemos uns divertidos cadros coas solucións. Fixémolo de maravilla!!
Atrevédesvos a resolver as adiviñas? Pensade un pouco antes de ver as solucións, eh?

Primeira adiviña:
Soy chiquitito,
puedo nadar,
vivo en los ríos
y en alta mar.



Solución: PEIXE
Segunda adiviña:
Tengo el nombre de una niña, 
vivo en el fondo del mar, 
y si vas a la playa 
tú me puedes encontrar.



Solución: CONCHA

Última adiviña:

Dos pinzas tengo,
hacia atrás camino,
de mar o de río
en el agua vivo.


Solución: CANGREXO

Pasámolo fenomenal con esta actividade tan mariñeira rodeados de libros!!!

mércores, 29 de outubro de 2014

TRABALLANDO NA CLASE DE 3 ANOS

Os peques do cole sempre estamos facendo cousas divertidas e creativas... e argallando cousas xeniais co profe Jorge... 
Mirade o que estamos preparando.... pronto veredes o resultado... de momento deixámosvos con parte do proceso creativo ;)









E ademais de traballos artísticos, aprendemos moitas cousas facendo un montón de xogos con cousas de refugallo... como este xogo no que practicamos dentro / fora....




COCORICO

Cocorico é un conto de OQO que nos encanta. É o conto dun poliño que fala da necesidade de escoitar os bos consellos, do importante que é cumprir as promesas e da dificultade que supon aprender a compartir... porque Cocorico papou un doce enteiro!!

Se pinchades na imaxe do conto poderedes lelo xuntos na casa:



Preferides velo nun vídeo? aquí o tendes: 



Ademais de ler o conto, a profe ensinounos a canción... cantámola facendo uns de poliños e outros de gatos... que divertida!
Aquí tedes o video para practicar na casa:


Tamén vos deixamos un enlace a unha paxina para xogar co conto:


E para rematar aquí tedes os debuxos que fixemos de cocorico os nenos e nenas da lase de 5 anos:



martes, 28 de outubro de 2014

PROXECTO GRILOS (9)

Na clase de 4 anos seguimos descubrindo contos sobre grilos e insectos. Queremos compartir con todos vos o conto de Eric Carle: "El grillo silencioso" onde saen un montón de insectos. Esperamos que vos guste tanto como a nos. 


Por aquí seguimos traballando e diferenciando insectos ;)

luns, 27 de outubro de 2014

PROXECTO GRILOS (8)

Negrito sigue sendo un mais da clase de 4 anos. Cada día vemos como crece e os seus avances.
O último co que quedamos pasmados foi vendo como fixo a súa tobeira para meterse dentro e durmir. Podedes vela á dereita? É unha pequena cova perfecta!!!
 

Ademais fai uns días Pedro trouxo unha compañeira para Negrito. Outra vez eliximos o nome por maioría e saíu: Nadarina (Nadarín é un peixe protagonista de un conto que nos gusta moito).
Se vedes na foto, pódese ver claramente o ovopositor de Nadarina... non sabedes o que é? pois preguntádelle aos nenos da clase de 4 anos....


Védela arriba á dereita? coñecendo a casa de Negrito... que está mais contento e activo dende que chegou a súa amiga ;)


Mentres seguimos compartindo descubrimentos e moitas outras cousas.... como un conto que Abel compartiu con todos. 


mércores, 22 de outubro de 2014

PROXECTO GRILOS (7)

Na clase de 4 anos seguimos descubrindo cousas interesantísimas sobre os grilos grazas as nosas investigacións.

Mirade que debuxos tan chulos trouxo Rubén para ver a diferencia entre os grilos machos e as femias... Estade atentos ao blog e xa volas explicaremos porque as sabemos moi ben. 


E seguimos traballando as letras e os números coa axuda dos grilos....


luns, 20 de outubro de 2014

UNHA RA DE VISITA NA CLASE DE 4 ANOS

A nosa clase de 4 anos debe ser moi cómoda e nos moi simpáticos... porque todos queren vir a visitarnos.
Xa sabedes que fai pouco recibimos un convidado especial que temos acollido na clase... e o venres recibimos outra visita... unha pequena ra que seguro que escoitou á familia de Negrito falar do ben que se vive nesta aula.



Pero tivemos que explicarlle que é moi pequena e que está mellor coa sua familia, porque nos xa temos que coidar de Negrito, así que decidimos soltala para que voltase a súa casa. 





Que sexas moi feliz raniña!!

FELICIDADES CLOE

O venres celebramos o aniversario de Cloe que xa ten 4 anos. 



Celebrámolo cun delicioso pastel que trouxo para compartir con todos e foi unha merenda especial.






Cantámoslle moi forte e Cloe sorprendeunos a todos cuns cartuchos mooooi doces e deliciosos.


Moitísimas felicidades Cloe... 
e que cumplas moitos mais!!

TRABALLANDO AS FIGURAS PLANAS EN 5 ANOS

Na clase de 5 anos estivemos repasando as figuras planas e fixémolo con moito arte e colorido, facendo un gran debuxo cheo de círculos, cadrados, rectángulos...









Mirade que bonito nos quedou!!