venres, 27 de marzo de 2015

FELICIDADES SOFÍA E UXÍA

A semana pasada celebramos dous cumples xuntiños, porque Uxía e Sofía naceron o mesmo día e as dúas cumpriron 5 anos.


Aínda que somos os da clase de 4 anos... moitos xa temos 5!!


Fixemos unha merenda especial gracias ás cousas tan ricas que trouxeron para compartir con nos. 


E cantamos con forza para que empecen os 5 anos con moita enerxia!



Felicidades Uxía e Sofía... 
que teñades un ano xenial!!

martes, 24 de marzo de 2015

OS DE 3º INVESTIGANDO EN INFANTIL :)

Na clase de 4 anos recibimos unha visita mooooi especial. Os nenos e nenas da clase de 3º de primaria viñeron a nosa clase en busca de información. 


Están comezando a estudiar o aparato locomotor, e como se enteraron de que somos investigadores do corpo humano... viñeron en busca de datos e curiosidades.


Foi moi divertido poder compartir este ratiño con eles e que sendo mais pequenos puidésemos contarlles cousas que non sabían: o número de osos que temos no esqueleto, que cando nacemos temos mais osos....


Nós tamén aprendimos cousas novas que eles nos contaron... estábamos tan a gusto que falamos tamén das articulacións, dos órganos mais importantes...


Graciñas pola visita... 
o día menos pensado subimos os de 4 anos a 3º!!

venres, 20 de marzo de 2015

OS DE 4 ANOS NA BIBLIOTECA

Sempre que visitamos a biblioteca pasámolo moi ben lendo contos e escoitando os que nos contan as profes. 
Con ver as nosas caras xa vos quedará claro o moito que nos gustan os libros!!









domingo, 15 de marzo de 2015

PEQUENOS CIENTÍFICOS MARIÑOS.

Recordades que vos contamos que o outro día vimos un vídeo sobre "A muller e o mar"? Quedounos pendente contarvos o que fixemos despois...
Recibimos a visita de María e David, de Arenaria, que nos axudaron a converternos en científicos do mar, porque con eles descubrimos moitas cousas curiosas... queredes saber o que aprendemos? pois estade atentos ás fotos que volo iremos contando...


Trouxeron unha caixa chea de cousas moi interesantes, todas relacionadas co mar. 


Vedes estes botes? dentro dun hai unha raia e noutro un tiburón! 


Contáronnos que a raia e o tiburón son primos, porque os dous teñen unha característica peculiar co seu esqueleto.


Como todos os peixes teñen espiñas, pero as súas son flexibles, igual que as nosas orellas!


Comprobamos que o noso esqueleto non é como o seu porque os nosos ósos son ríxidos e non se poden dobrar. 


David ensinounos ovos de raia... e quedou pasmado porque algúns xa sabíamos o que eran... que forma tan rara teñen!


María ten na man un ovo de tiburón, moito máis pequeno, pero con forma parecida. Usan esa especie de ganchiños que teñen para engancharse ás algas e non moverse.


Falamos da diferenza entre os peixes, como o tiburón, e os mamíferos mariños, como a balea. 
O sorriso de David é porque se puxo moi contento ao ver que xa sabíamos moito sobre iso ;)


Practicamos o diferente movemento dos peixes e os mamíferos mariños cando nadan... quedounos clara a diferenza, pero o movemento non é tan sinxelo!


Sabedes que os tiburóns nunca se quedan sen dentes? nin sequera cando se fan vellos, se lles cae un sempre lles nace outro... que sorte que non precisan dentadura postiza! jeje


María contounos algo que nin as profes sabían, sobre o son que escoitamos nas caracolas....


Ese son está relacionado coa circulación do noso sangue... e comprobamos como colocando a man en forma de caracola tamén o podemos escoitar.


O noso corazón bombeando sangue e o único son que escoitamos sempre, e ao poñer a caracola, o son rebota nas súas paredes e parece o mar...


Outros animais que nos ensinaron David e María foron a estrela e o ourizo de mar... 


contamos as patas da estrela e tamén unhas marcas que ten o ourizo...



Descubrimos que a comida preferida das estrelas de mar son os mexilóns, e que son unhas suertudas porque ningún animal come estrelas de mar, por iso viven todas panchas!


Sabedes que ten David na man? é unha ostra... e contounos como fabrican as preciosas perlas.


Aínda que pode parecer incríbel, fan as perlas cando teñen unha ferida, en lugar dunha costra coma nós, co seu precioso pus (que se chama Nácar) e con area do mar que lles entra na ferida, van fabricando a perla... que bonitas!!


Estaría ben que das nosas feridas saisen perlas... teríamos un tesouro no cole! jejeje 


Cantos animais do mar puidemos ver!!


David ten na man unha orella de mar, fácil recordar o seu nome porque parecía unha orella!


Tamén nos ensinaron unha Pinna ou Nacra, que é da familia dos mexilóns pero moito mais grande, e vive cravada no fondo do mar.


Agora queremos que vexades un vídeo para ver as caras que se nos quedaron cando David nos ensinou un pequeno habitante do mar...



Que curriño é o cabaliño de mar!!! Descubrimos que nas familias dos cabaliños son os papás os que levan os ovos na barriga antes de nacer. E tamén que ten a cola un pouco enroscada para agarrarse ás algas porque non sabe nadar demasiado ben. 


Na foto, ao lado do cabaliño podedes ver o peixe trompeta (ou pipa, agulla, pau... ten moitos nomes) e parece un cabaliño de mar estirado ;)


Preguntamos moitas curiosidades sobre os animais que vimos e outras que se nos ocurrían sobre os habitantes do mar...


Quedamos pasmados vendo unha armadura dunha lagosta, que cando medran sacan a coraza pequena para facer unha nova da súa talla. Na foto estamos vendo unha coraza dunha lagosta, e por un buraquiño podíamos ver que a lagosta non estaba dentro... andará paseando polo mar coa súa nova armadura!


Seguimos pasmando con animaliños que nos ensinaron, como dous pequenos cangrexos dentro dese pequeno boteciño!


María tiña na man un bote de plancton, o animaliño máis pequeno do mar. É curioso que a balea azul, o máis grande de todos os animais (que os de 5 anos saben moito sobre ela e llo demostraron a David e María) se alimenta do máis pequeno, porque come mooooooito plancton cada día. 


Todos puidemos escoitar o son da caracola... aínda que agora xa coñecemos o seu segredo!


Fixemos fotos de recordo dos animais que vimos: a estrela, a Pinna, os ovos da raia...


E tamén falamos do polbo e do calamar. Iso negro son ovos de calamar, e o branco é o seu esqueleto, en forma de pluma, que se usa para que os paxaros afíen o seu pico.


Encantounos poder ver tantos animais do mar.. e poder tocalos! 


Unha última curiosidade que nos deixaron, é o sexo do tiburón que trouxeron.... é un macho porque ten dous penes... podedes velos???


Despois os de 5 aproveitamos para facer algunha consulta sobre as baleas,... xa vos contaremos o que averiguamos. Como regalo deixáronnos unhas guías para recordar cousas das que aprendimos e xogar con elas (debuxos, laberintos...)


Grazas María e David por este ratiño tan entretido... 
aprendemos un montón!