xoves, 30 de abril de 2015

PROXECTO TIBURÓNS (5)

Durante estas semanas continuamos a estudar os tiburóns e para elo partimos da información que os nenos e nenas trouxeron das súas casas:




martes, 28 de abril de 2015

FELIZ ANIVERSARIO CARMEN

O pasado venres día 24 ademais de ir de excursión a Pontevedra celebramos o aniversario de Carmen, fixemos a súa coroa, os seus agasallos, cantámoslle o "cumpleaños feliz" e Carmen repartiu as gominolas...ummm que ricas¡¡¡¡
FELIZ ANIVERSARIO CARMEN¡¡¡¡¡


luns, 27 de abril de 2015

PROXECTO: O NOSO CORPO (11)

Aquí tendes unha recompilación de todo o que aprendemos na clase de 4 anos co proxecto do corpo... esperamos que vos guste!

domingo, 26 de abril de 2015

PROXECTO OS TIBURÓNS (4)

Estos días vimo na clase un conto moi chulo sobre un tiburón que o único que quería era ter moitos amigos e divertir a xente e que ó final o conseguiu coa axuda do seu amigo o delfin.


PROXECTO TIBURÓNS (3)

A profe Sara, no seu blog, ten unha recompilación de xogos para nenos e nenas de 4 anos relacionados coa temática do mar... incluso hai algún xogo de tiburóns!
Premede na imaxe e iredes directos ao seu blog para poder facer os xogos. 

sábado, 25 de abril de 2015

OS PEQUES NO TEATRO

Este venres todos os nenos e nenas de infantil collimos o bus para ir ao teatro a Pontevedra para pasar unha mañá diferente cun concerto de A NENA E O GRILO


Aquí vos deixamos algunha foto do concerto e sobre todo unhas do felices que saímos... gústanos moito ir de excursión!








xoves, 23 de abril de 2015

PROXECTO BALEAS (14)

Seguimos investigando e repasando as cousas que xa descubrimos para montar o material da exposición e poder contar aos compis todo o que sabemos das baleas. 


E na nosa investigación atopamos vídeos tan chulos coma este. 

mércores, 22 de abril de 2015

22 DE ABRIL: DÍA DA TERRA

Hoxe celébrase o día da terra. Os peques do cole estivemos pensando o importante que é coidar a terra na que vivimos.


Falamos sobre cousas que os peques podemos facer para coidar os montes, os ríos, as praias... e sairon moitas ideas. Unha delas, da que xa falamos durante o curso, foi poñer en practica as 3R: reciclar, reutilizar e reducir.

Vimos un par de vídeos que nos axudaron a entender algo mais que é a reciclaxe.




E despois fixemos uns xogos para poñer en practica parte do aprendido. Premede sobre as imaxes para poder facelos na casa. 



venres, 17 de abril de 2015

PROXECTO TIBURÓNS (2)

Despois de ter claro cales eran as cousas que queriamos saber sobre os tiburóns falamos sobre onde poderiamos buscar a información e estes foron os resultados:



Resultou sinxelo chegar á conclusión de que un sitio onde hai moitos libros, e de seguro que algúns sobre os tiburóns, é na nosa biblioteca do cole. Así que alí fomos e atopamos cousas interesantes que baixamos para a aula para investigar máis a fondo.














xoves, 16 de abril de 2015

PROXECTO TIBURÓNS (1)

Despois da interesantísima visita de David e María e de todo o que aprendimos con eles, decidimos entre todos investigar sobre os tiburóns¡¡¡¡ Comenzamos así un novo proxecto e o primeiro que fixemos, coma sempre, foi determinar que é o que sabemos sobre estes animais mariños e estas foron as conclusións ás que chegamos:



De seguido apuntamos que cousas queremos saber sobre os tiburóns, convertímonos de novo en investigadores, e escribimos a nota para as familias pedindo a vosa colaboración e axuda. Estamos entusiasmados e desexando descubrir moitas curiosidades sobre os tiburóns. 
 
 


FELIZ ANIVERSARIO ALBERTO

Hoxe celebramos o aniversario do noso compañeiro Alberto. Fixemos unha preciosa coroa e bonitos regalos que levou para a súa casa. FELIZ CUMPRE ALBERTO¡¡¡¡


 
 E tamén lle cantamos  o "cumpreanos feliz"¡¡¡¡¡

mércores, 15 de abril de 2015

XOGA CON PEPPA

Os nenos e nenas da clase de 3 anos estivemos xogando na pizarra dixital con Peppa e a súa familia. Pasámolo moi ben, pero aínda nos quedaron moitos xogos sen facer, por iso poñemos aquí o enlace para poder seguir xogando na casa.
Premede na imaxe e iredes directos ao xogo.



Aproveitamos para deixarvos ás familias un enlace con algunhas recomendacións de series para ver cos peques, recordando que non debemos abusar da tele ;) Nese enlace copiamos a reseña sobre Peppa.



Peppa Pig é unha serie de animación que narra a vida de Peppa e a súa familia. Peppa é unha porquiña duns cinco anos, cun carácter un pouco impulsivo. Ás veces pódese enfadar con facilidade pero sempre termina entrando en razón grazas aos consellos dos seus pais.
Todos os personaxes son seres zoomorfos: animais humanizados que realizan as mesmas accións que faría calquera persoa (vestirse, ir traballar, ir de vacacións, etc), aínda que conservando o seu gusto polos charcos de barro. Normalmente, recórrese a este tipo de personaxes para fuxir de certos estereotipos sociais, aínda que quizá este non sería o caso pois cada un cumpre co seu papel de pai, nai, fillos ou irmáns.
O pai de Peppa é un cerdito moi grande, cunha tripa imponente, é moi alegre aínda que ás veces algo despistado, traballa como arquitecto. A nai é unha cerdita moi intelixente e comprensiva, ten moi boa man para educar aos seus fillos. Ela traballa desde casa co ordenador, aínda que na serie non se define moi ben que tipo de traballo fai, ten a dobre tarefa de traballar e coidar dos seus fillos mentres o pai non está. Aínda que non goza duns criterios moi elevados desde o punto de vista técnico e estético, niso reside o seu encanto.

martes, 14 de abril de 2015

CHARLA SOBRE PLANTAS, ÁRBORES E ANIMAIS GALEGOS

Hoxe estivo connosco non cole o papá de Lúa e Fuco e nos contou moitas cousas sobre plantas, árbores e animais que viven moi preto nosa, nos nosos montes. A actividade foi moi entretida e con el aprendemos moitas, moitas cousas. Moitas grazas Gaspar¡¡¡¡





Xa na clase fixemos debuxos do que máis nos gustou ou nos chamou a atención e sairon uns debuxos chulísimos¡¡¡





luns, 13 de abril de 2015

PROXECTO GRILOS (16)

Por fin podemos compartir con todos vos o noso vídeo resumen do proxecto dos grilos!!
Gravamos todo a finais de novembro, e é incrible ver como medramos e cambiamos nus meses!!
Esperamos que o pasedes fenomenal escoitando todo o que aprendemos sobre estes insectos.



Acabades de ver o vídeo completo e agora poremos un índice de temas por si queredes volver a ver algunha parte en concreto.
Non esquezades deixar algún comentario para que saibamos que vos pareceron.