xoves, 28 de xaneiro de 2016

QUE E O MEDO?

O outro día, na clase de 5 anos, xurdiu unha interesante conversa sobre o medo despois de ver unha araña... e comezamos a pensar en cousas que nos dan medo.
Ademais escoitamos que os Tarabelos de Marín andan investigando "Que e o medo?", así que decidimos botarlle unha man pensando que cousas nos dan medo... aínda que non é facil recoñecer os propios medos e algúns tómanos a broma ;)

Premede na imaxe para ver o vídeo que fixemos contando os nosos medos...


mércores, 27 de xaneiro de 2016

FELIZ ANIVERSARIO NOE!!!


Hoxe temos de aniversario á terceira maior da clase: Noelia. Celebrámolo facéndolle bonitos debuxos de agasallo, decorando a coroa e cantándolle aniversario feliz, pero o mellor aínda está por chegar... a festa de aniversario¡¡¡¡ FELIZ ANIVERSARIO NOELIA¡¡¡¡

xoves, 21 de xaneiro de 2016

OS REIS MAGOS ENCHEN O NOSO PATIO

Onte recibimos un paquete especial con agasallos para desfrutar aínda máis do noso novo patio... se nos deixan construímos unha gardería nova!!


CAMBIOS NA BIBLIOTECA DE AULA

Os nenos e nenas da clase de 5 anos, escoitamos que a biblio tiña novidades e quixemos subir para renovar á nosa biblioteca de aula e coller prestados novos libros para ler e gozar escoitando ás profes que son unhas super contadoras de historias ;)







mércores, 20 de xaneiro de 2016

CHEGARON OS AGASALLOS DE NADAL¡¡¡¡

Por fin chegaron os agasallos de Nadal ao cole de Seixo. Este ano os reis e papa noel acertaron co que queriamos e pasámolo xenial xogando nos recunchos¡¡¡



venres, 15 de xaneiro de 2016

PSICOMOTRICIDADE EN EQUIPO

As clases de psicomotricidade algúns días requiren máis concentración, como esta semana que fixemos un xogo no que o máis importante era o traballo en equipo e moi concentrados.


Se vos fixades nas fotos veredes que non era nada fácil o que tiñamos que facer (un percorrido coa bola sen que caese e finalmente poñela na base) pero todos o acadamos grazas á concentración e á coordinación entre todos.












Aclarar que este equipo conseguiuno facer á primeira... pero á segunda, cando grabamos, escapouse xusto ao final: son unhas máquinas!!

VISITA DE PAPÁ NOEL E DO APALPADOR


O último día de clase antes das vacacións de Nadal recibimos a visita e Papa Noel e do Apalpador que, ademais de deixarnos quitar unha foto con eles de recordo, déronnos unha riquísima bolsa de chuches¡¡¡ 





FELIZ ANIVERSARIO ABEL¡¡¡

Onte estivo de aniversario o noso compañeiro Abel que xa cumpriu 6 anos¡¡¡¡Entre todos cantámoslle feliz aniversario, fixémoslle uns preciosos debuxos e el regalounos uns contos estupendos para que leamos en casa coas nosas familias¡¡¡
Moitas grazas Abel e feliz aniversario¡¡¡

FELIZ ANIVERSARIO RUTH!!

O día de reis, Ruth, a maior da nosa clase, cumpriu 4 anos, e celebrámolo xuntos á volta das vacacións. 
Parabéns Ruth... que teñas un ano moi feliz!












XA TEMOS TODOS 3 ANOS!

Durante o primeiro trimestre moitos nenos e nenas da clase de 3 anos estivemos de aniversario, e agora xa temos todos 3 anos.
Queremos recordar todos os cumples que tivemos dende principio de curso cun montón de fotos para que vexades as tartas tan deliciosamente divertidas que facemos, o moito que bailamos... o requeteben que o pasamos!!!
Parabéns Diego, Olivia, Andrés, Reda, Andrés G., Valeria e Saúl. 


mércores, 13 de xaneiro de 2016

VISITAMOS OS PETROGLIFOS DE MOGOR

Os nenos e nenas de educación infantil fixemos unha visita aos petroglifos de Mogor . Foi super interesante e aprendemos moitas cousas que durante este segundo trimestre traballaremos na clase.