sábado, 27 de febreiro de 2016

DÍA DE ROSALÍA...AULA 3 ANOS.

O 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía e que mellor que regalando marcapáxinas personalizados aos veciños e veciñas e enviando unhas preciosas postais ás familias!

 
 
 

mércores, 24 de febreiro de 2016

PROXECTO NEOLÍTICO (IV)

Hoxe Abel e Sara explicáronnos todo o relativo á caza e á pesca no Neolítico.
E tamén fixemos unha ficha:

FELIZ DÍA DE ROSALÍA!!!

Hoxe celebramos o día de Rosalía e malia que a mañá presentábase fea, ao final puidemos saír por Seixo e ir ata a oficina de correos e ao mercado a botar as postais de Rosalía e regalar as pegatinas chulas que fixemos na clase e de paso regaláronnos uns chupas... que sorte tivemos!!!!

luns, 22 de febreiro de 2016

Dia da paz


O 30 de xaneiro celebrouse no cole "O Día da Paz". Na aula de 3 anos fixemos unhas pombas moi chulas.




mércores, 17 de febreiro de 2016

PROXECTO O NEOLITICO (III)

Hoxe tocounos investigar sobre a agricultura no neolítico e para iso contamos coa axuda de Cloe, Irene e Uxía que nos explicaron de marabilla como apareceu, que cultivaban, como o facían... Foi moi interesante.


E tamén fixemos unhas fichas:


martes, 16 de febreiro de 2016

luns, 15 de febreiro de 2016

PROXECTO O NEOLÍTICO (II)

Xa temos o noso proxecto en marcha....Como investigastes¡¡¡¡
Estes días os detectives Óscar, Eva e Alberto explicáronnos que é iso do neolítico e faláronnos un pouquiño da gandería, os animais que criaban, para que o facían...




martes, 2 de febreiro de 2016

QUE GUAPOS SOMOS!!!

Os peques do cole estrearon o mandadiño lucindo as súas cabezas e pescozos como ninguén!!... maña mais!!

Os mais peques do cole!!

Que súper saltadores! :)

Os medianos de infantil ;)


Os maiores de infantil... están medio toliños!!

...e todos se queren un montón!

As profes tamén luciron ben guapas!

PROXECTO: O NEOLÍTICO (I)


Este segundo trimestre comenzamos un novo proxecto que partiu dunha saída especial que tivemos antes das vacacións de Nadal aos petroglifos de Mogor. Sabemos que os petroglifos eran do NEOLITICO pero non sabemos moi ben o que iso significa... comezamos a falar sobre como imaxinamos que vivían nesa época, que comían... e comezaron a xurdir dúbidas e inquietudes que queremos resolver.
Este será o noso segundo proxecto do curso: O NEOLÍTICO: PETROGLIFOS.
 O noso rincón do neolítico xa vai tomando forma: