martes, 31 de maio de 2016

FELIZ ANIVERSARIO RUBÉN E IRENE!!!!

Este mes de maio estiveron de aniversario Rubén e Irene que xa cumpriron os 6 anos. Moitas felicidades chicos!!!

 

xoves, 19 de maio de 2016

OS MAIS PEQUES DO COLE ESTREAN A RADIO

Seguro que estades desexando ver a primeira experiencia dos pequechos na radio, verdade? 
Pois non esperedes mais, premede na imaxe e disfrutade!


A CLASE DE 4 ANOS NA RADIO

Queredes ver a visita dos peques da clase do profe Jorge á radio? Premede na imaxe e disfrutaredes vendo a súa visita e escoitando un poema de Manuel María que queren compartir.

mércores, 18 de maio de 2016

A CLASE DE 5 ANOS NA RADIO

No cole estamos de estrea, felices e contentos descubrindo unha nova ferramenta para aprender e outra forma mais de compartir as cousas que facemos no cole: a radio.
Os da clase de 5 anos estivemos de visita na emisora para compartir o noso poema preferido de Manuel María. 
Queredes escoitalo? premede na foto!

martes, 17 de maio de 2016

MERENDA NO PATIO DOS MAIORES

              Cos primeiros raios de sol da primavera, os nenos e nenas de 3 anos fomos a merendar ao patio dos maiores.
       Que ben o pasamos!!! sentados na herba e recollendo paos, que parecían verdadeiros feixes de leña.














luns, 16 de maio de 2016

DE QUEN SON AS COUSAS DO COLE?

As veces, os profes tamén temos que investigar grandes misterios como este...



E ti....sabes de quen son as cousas do cole???

venres, 13 de maio de 2016

MAIO 2016

Coma todo o alumnado do cole, os nenos e nenas de infantil participamos na elaboración dos maios, e tamén practicamos a cantar sos, mirade que ben o facemos!


E si queredes ver mais fotos de como fixemos e lucimos o maio, premede na imaxe e iredes directos ao blog de Arnaldo donde hai moitas fotos e vídeos.

xoves, 12 de maio de 2016

OS DE 5 ANOS LENDO A MANUEL MARÍA

A profe Bea visitou a exposición de libros de Manuel María e baixou un para ler na clase... queredes saber cal? premede na imaxe...

martes, 10 de maio de 2016

OS HORTOS DO PATIO

Os nenos e nenas da clase de 5 anos estiveron moi ocupados durante o recreo de hoxe.


Aproveitando sementes, piñas e novos elementos que temos no patio, montaron uns mini hortos chulísimos.  


Mirade que concentración!!



Son uns artistas campestres 100% ;)


luns, 9 de maio de 2016

EXPERIMENTANDO: LEITE DE CORES

Coa profe Andrea (canto te botamos de menos!!) fixemos un experimento moi divertido.


Nun prato con auga botamos colorante alimenticio de diferentes cores...



Despois botamos un pouco de xabón e....


As cores escapaban do xabón... mirade que chulo!!



Estábamos pasmados co efecto do xabón e as cores bailando no leite...




Que divertido é experimentar!


Probade na casa porque é moi sinxelo.