mércores, 26 de abril de 2017

PEQUENOS TITIRITEIROS

Hoxe atopamos unhas fotos do mes de novembro (canto creceron os peques nestos meses!!). Queredes ver a tropa de titiriteiros da clase de 5 anos? ese día xogamos ao teatro e descubrimos diferentes tipos de títeres... pasámolo fenomenal!





domingo, 23 de abril de 2017

SEMANA DA PRENSA

No mes de marzo foi a Semana da Prensa.
Os nenos e nenas de 4 anos estivemos investigando como e un xornal. Recortamos títulos e fotografías de noticias e fixemos un collage moi chulo.









mércores, 19 de abril de 2017

PROXECTO ALIMENTACIÓN SAUDABLE (III)

Este venres, día 21, os nenos e nenas de 3 anos, teremos unha merenda moi especial.
Os peques foron os encargados de facer a nota para anunciar esta súper merenda.
 

Estamos desexando que chegue o día e preparar entre todos deliciosas brochetas cheas de vitaminas. Xa vos contaremos como foi!

martes, 18 de abril de 2017

PARABÉNS HUGO!!!

          Onte estivo de aniversario o noso compañeiro Hugo que por fin ten xa os catro anos, e é que temos tantas ganas de ser maiores.... moitas felicidades Hugo e esperamos que o pasaras estupendamente¡¡¡ 

xoves, 6 de abril de 2017

MONSTROS MARABILLOSAMENTE DIFERENTES!

Na clase de 5 anos contamos dous contos xeniais que recomendamos a todo o mundo: "MARTÍN GRIS" e "MONSTRUO ROSA" 
Os dous falan sobre o marabilloso que é ser diferentes, porque iso nos fai únicos e especiais. 


Tamén descubrimos un xogo de Hervé Tullet que vos recomendamos, porque é moi divertido para xogar en familia. 
Despois de ler Monstro Rosa e de ver diferentes monstros no conto, era o xogo perfecto: cada un tiña que crear un personaxe propio: único e especial.


A cada un tocoulle unha plantilla diferente...

...coa que fixeron o corpo dos seus monstruiños.

Despois tocoulle o turno ao dado, que foi o encargado de dicir cantas partes tiñan que ter de cada: brazos, ollos, orellas, narices, bocas.... e parece que lle colleu gusto ao 5!! 


Cada un creou o seu monstruiño usando diferentes materiais, diferentes cores... coa única consigna de contar o número de partes. 


Outro día repasamos e contamos as partes debuxadas para comprobar que non houbese erros, e fixemos o reconto nun cadro (traballando as mates). 


Despois de crear as personaxes seguimos exercitando a imaxinación (e traballando a lectoescritura). 
Cada un tivo que escribir certas cousas sobre o seu monstro: como se chamaba, que comía e onde vivía.


Noutra sesión, con eses datos e coa axuda dos iPads, cada un sacou unha foto ao seu monstruiño e fixo que falase. 
Queredes coñecelos? aínda que teñen o mesmo número de bocas, ollos, pernas.... veredes que todos son únicos e marabillosamente diferentes!



Sen dúbida, o mundo que queremos está cheo de diversidade o cal nos enriquece a todos porque fai que todo sexa máis bonito e especial.

mércores, 5 de abril de 2017

IOGA COS PEQUES DE 5 ANOS

Os peques da clase de 5 anos siguen esforzándose un montón para preparar xogos para os seus compañeiros... ata fan votacións!


Fuco ensinounos unha actividades diferente, e, coa axuda dun xogo de cartas, todos fixeron ioga. 
Foi moi divertido e sen dúbida repetiremos.