xoves, 25 de maio de 2017

PROXECTO ALIMENTACIÓN SAUDABLE (VI)

Dentro do proxecto de alimentación saudable da clase de 3 anos, estamos traballando hábitos de hixiene relacionados directamente coa alimentación, como o coidado dos dentes. 


Grazas á colaboración de Sanitas Dental de Pontevedra organizamos un obradoiro de saudo bucodental co alumnado máis peque do cole e coas familias. 



Os nenos e nenas, xunto coas súas familias e as profes, aprendemos moitas cousas prácticas sobre a hixiene dental....



Vimos que fan os dentistas na consulta onde temos que ir unha vez ao ano.



E tamén puidemos facer prácticas!

    


PROXECTO ALIMENTACIÓN SAUDABLE (V)

Aquí vos deixamos as fotos da merenda saudable que tivemos en clase o pasado venres 21 de Abril (cun pouco de atraso...) para que comprobedes o moito que aprendemos, o ben que merendamos e o estupendo que o pasamos!!!



Primeiro de todo colocamos todo o necesario para elaborar a nosa merenda


Despois lavamos as mans:






O seguinte foi lavar ben a froita:



Pelala:




Exprimimos os limóns para facer limonada:









E probamos a limonada, primeiro limón 100%... e descubrimos o sabor amargo así que tivemos que endulzala un pouquiño!


Cortamos a froita:










Fixemos as brochetas....



E A COMEEEEERRRRRR!!!!!!!!












FELIZ ANIVERSARIO EVA!!!

       A última en estar de aniversario foi nosa compañeira Eva que neste mes de maio xa cumpriu os 4 anos!!! moitas felicidades Eva e desde aquí mandámosche un bico moi grande para unha nena moi maior!!!

luns, 15 de maio de 2017

PROXECTO ALIMENTACION SAUDABLE (IV)

Durante estes días estivemos elaborando a pirámide dos alimentos cos recortes que mandastes de casa. Para iso elaboramos unhas caixas para clasificar os diferentes tipos de alimentos.
 
   

  
   
 
 Tamén dividimos e coloreamos a pirámide e fomos pegando nela os alimentos segun o grupo ao que pertencen.


 

 E así de chula foi como nos quedou: