martes, 27 de febreiro de 2018

ROSALÍA NA CLASE DE 3 ANOS

No mes de febreiro celebramos o día de Rosalía, e queremos que dende pequenos os peques coñezan a súa obra e o importante que foi para a nosa lingua. Por iso, de forma especial, limos poemas seus, escoitamos cancións relacionadas coa súa vida.... e entre todos fixemos este mural tan chulo!



Para facelo primeiro pintamos retratos de Rosalía con témperas de barra: cada un elexiu 3 cores para pintala. 



Despois, con axuda da profe, recortamos as letras do seu nome... cada día nos gusta máis practicar coas tesoiras e imos collendo precisión!



Despois clasificamos as letras en botes e xogamos con elas pensando diferentes palabras que comezan co mesmo son.



E despois tocounos facer un traballo moi laborioso no que tivemos que estar moi concentrados. Despois de ver como se escribía o nome de Rosalía, con 7 letras, tivemos que buscalas e pegalas en orde. 



E como despedida vos deixamos unha canción de Rosalía que nestos días usamos para relaxarnos e que sonou de fondo durante este traballo que requería moita concentración... esforzámonos moito e por iso o mural quedou tan requetechulo! 

sábado, 24 de febreiro de 2018

FELIZ ANIVERSARIO PATRICIA !!!

        Neste mes de febreiro tivemos de aniversario a Patricia, que xa cumpriu 6 anos. Fixo a súa coroa axudada polos seus compis, e soprou as 6 velas máxicas que o apagalas volvíanse a encender. Foi moi divertido...!!! Todos desexamos que tiveras un día moi feliz...





domingo, 18 de febreiro de 2018

UN ENTROIDO CHEO DE CONTOS

       Por fin chegou o día do desfile, vimos todos moi guapos, disfrazados de personaxes de contos: "cenicienta" "bella durmiente" "pinocho", habia tamén unha bruxiña, un home lobo, o espantapáxaros do mago de Oz.... ect. 





    Antes do desfile estivemos vendo películas das personaxes dos que íbamos disfrazados. Mirade que atentos e concentrados estabamos..!!!



       E xa preparados para desfilar polas rúas de Seixo.. !!!






sábado, 17 de febreiro de 2018

MANDADIÑO NA AULA DE 5 ANOS

       Empeza o entroido, e o mandadiño nos manda cada día  levar cousas diferentes: calcetins de cores, algo na cabeza como gorros, flores, diademas.....a cara pintada, mandís...ecta.Estamos todos moi contentos e alegres porque esta semana foi moi divertida....!!! 



xoves, 15 de febreiro de 2018

UNS PEQUES DE CONTO NO ENTROIDO 2018

Chegou o entroido e o cole encheuse de personaxes de contos. Antes do desfile estivemos vendo todas as personaxes que chegaron á clase de 3 anos e contando os seus contos: encántannos as historias!!!


Había dúas preciosas Brancaneves


Tamén estaban Campanilla e Alicia.


O lobo de carapuchiña estaba moi ben rodeado!


3 carapuchiñas para un simpático lobiño


2 leóns protagonistas de moitos contos e fábulas.


A nosa querida Cebra Camila e o Oso pequeno do conto de Riciños de ouro. 



O monstro de cores visitounos vestido de vermello, a cor da rabia... acompañado dun pirata que puxo cara de pirata malo para a foto!



Todos e todas guapísimos!!!

mércores, 14 de febreiro de 2018

DESFILE ROBÓTICO DE ENTROIDO

Un dos recursos que Arnaldo nos ofrece dende a biblioteca son os robots que causan moita expectación entre os peques.



Orientación espacial, conteo... son moitas as cousas que traballan para programar os robots e conseguir que se movan como eles queren. 



Xogamos con letras e cunha expectación total: ningún quixo facer outra actividade mentres esperaba o seu turno!



Con Beebot e Bluebot tamén puidemos facer carreiras: doble diversión!



E aproveitando o entroido, tamén fixemos disfraces para os robots: cada un fixo un deseño diferente, único e especial. 



E os disfraces son para lucir, así que o día do desfile no cole, os robots tamén fixeron o seu.



Neste vídeo podedes ver o desfile completo con todos os deseños: marabillosos!

MANDADIÑO NA CLASE DE 3 ANOS

O entroido no cole é moi divertidos porque o mandadiño cada día nos manda traer algo diferente a clase e o pasamos pipa: encántanos disfrazarnos e poñernos cousas divertidas!


Un dos días tiñamos que levar algo na cabeza... que loquiños estamos!!



Outro día tocou pintar a cara: mirade que guapísimos estabamos todos e todas!




Mandís, gorros, maquillaxe, calcetíns de diferentes cores.... diversión a tope cos compis!





martes, 13 de febreiro de 2018

ANTIFACES DE ENTROIDO

O entroido está cheo de cores e de moita purpurina... e por suposto de disfraces, máscaras, antifaces... 



Os peques puxéronse mans á obra e estamparons uns antifaces chulísimos.



Con moito esforzo e concentración cada un fixo os buratos para os ollos.



E finalmente decoraron libremente os antifaces que lles quedaron así de bonitos: 




DÍA DA PAZ (3 ANOS)

Os peques da clase de 3 anos, coa axuda das súas familias, participaron no mural conxunto facendo diferentes paxaros que voaban na mesma dirección.


Na clase contamos moitos contos sobre a paz (o noso preferido segue sendo o da Xacia Luviñas!!), e xogamos coas letras desta palabra que nos parecía moi fácil de escribir (con imáns, con letras de madeira...) por ter so 3 letras, o cal espertou a curiosidade dos peques.... 

E calquer motivo é bo para manchar as mans!


Despois de facer tantos paxaros pola PAZ, os peques querían debuxar pombas... 



...así que entre todos fixemos unhas sinxelas pombas para non olvidarnos do paxaro símbolo da paz.