venres, 27 de abril de 2018

PROXECTO: OS CONTOS (IV)

O luns tamén veu ao cole a nai de Pedro e xuntos contáronnos un conto sobre as divertidas aventuras dos tres mosqueteiros (adaptación infantil de Disney do clásico de Alejandro Dumas), regaláronos a espada de chocolate dos tres Mosqueteiros e un marcapáxinas para facer en clase. Moitas grazas por colaborar connosco neste proxecto!!!



"Uno para todos y todos para uno"

xoves, 26 de abril de 2018

PROXECTO OS CONTOS (III)

Esta semana e aproveitando "O día do libro" tivemos unha nova "contacontos" invitada: "a avoa de Hugo". Esta vez trouxeron un conto de Peppa Pig titulado "Bichos"e xuntos contáronnos as divertidas aventuras desta familia e os seus amiguiños.





martes, 24 de abril de 2018

A PRIMAVERA DE VIVALDI

Os nenos e nenas da clase de 3 anos seguen desfrutando coa música da primavera de Vivaldi. Fai uns días fixeron 4 cadros acompañados por esta música. (Podedes velos premendo AQUÍ).


Esta vez fixeron un cadro entre todos pintando coas mans. 


Experimentar coas cores e desfrutar co tacto da pintura é algo xenial. 



Non hai máis que velos en acción para comprobar o marabilloso efecto que causan a música e a arte. 


Desfrutade desta peza de música clasica e de ver o ben que o pasan os peques pintando!

venres, 20 de abril de 2018

APRENDENDO MATEMÁTICAS CO ÁBACO

O ábaco é a calculadora máis antiga do mundo, con él podemos traballar dun xeito sinxelo o concepto de número, cantidade, valor numérico, e operacións básicas como a suma e a resta...etc. O ábaco e moi divertido porque aprendemos xogando....


xoves, 19 de abril de 2018

DÍA DA POESÍA NA AULA DE 5 ANOS

      O Día da Poesía, todo o cole fixemos unha árbore chéa de follas decoradas con poesías referentes a primavera. Os nenos e nenas de 5 anos tamén participamos con tres follas moi bonitas, nas que escribimos estrofas de poetas moi coñecidos.


PROXECTO. OS CONTOS (II)

O CONTO PREFERIDO DE VERA
A primeira das familias en animarse a vir ao cole a contar un conto foi a familia de Vera. Maica e Vera contáronnos (e representaron!!!) o conto " A noite das mudanzas" e o fixeron realmente ben!!!








Moitas grazas Vera e sobre todo a ti Maica por colaborar e vir a contarnos este chulísimo conto que nos encantou!!!

 
E Tamén, que non se me olvide, trouxeron o conto en vídeo!!! Estupendo!!!

mércores, 18 de abril de 2018

PROXECTO: OS CONTOS (I)

Estes días empezamos un novo proxecto na aula de 4 anos que nos levará polo fantástico mundo dos contos. Este novo proxecto está inmerso no PDI do cole "Explorando na casa de Arnaldo" que este ano ten como eixo central a nosa biblioteca. Para empezar fomos á biblio e investigamos que nela non só hai contos. Buscamos diferentes tipos de libros que alí podiamos atopar e levámolos para clase.
Tamén escribimos unha nota para as familias pedíndolles que nos manden os nosos libros favoritos ao cole xa que nos imos a converter en "contacontos" e animándoas a que participen nesta actividade connosco. Esperamos que sexan moitas as familias que se animen!!!








FELIZ ANVERSARIO ROQUE..!!!

       Roque xa ten 6 anos, e para celebralo trouxo unha riquísima tarta de queixo, axudado polo seu mellor amigo Joel, decorou a súa coroa que quedou moi chula. Todos desexamos que tiveras un día moi feliz e cheo de regalos..
        Moitas felicidades Roque..!!



PARABÉNS HUGO!!!

Onte tocoulle a Hugo estar de aniversario e con el o celebramos no cole facéndolle bonitos regalos e cantándolle o "cumpleaños feliz". Moitos parabéns Hugo!!!!
 

martes, 17 de abril de 2018

NOMES DELICIOSOS!

Encántanos xogar coas letras e ademais somos uns lambóns, así que esta proposta foi todo un éxito. Lavamos ben as mans e nos puxemos a traballar. Primeiro, todos xuntos na asemblea, xogamos con todas as letras. 



Aproveitamos par xogar cun aspecto importante, previo á lectoescritura: a concienciación fonolóxica, que é a capacidade de diferenciar os diferentes sons que compoñen as palabras e relacionar cada un destes sons (fonemas) cunha representación gráfica (letra) (por exemplo a “L” non lle chamamos “ele” é a “llll”) Coas diferentes letras, facendo o seu son, pensabamos palabras que comezasen por esa letra... e ñaaam!!!


Tivemos que buscar a nosa foto e o noso nome... e comprobar que tiñamos o nome correcto... que coas ganas de comer as galletas quixemos apurar de máis! 



Todos e todas buscamos e ordenamos as letras dos  nomes. Encántanos comparar e ver que letras temos repetidas nuns nomes e noutros, cal é máis longo, cal ten letras repetidas... 



E por suposto despois zampamos os nomes... non quedou nin unha letra!



Sempre é moi motivador xogar coas letras do nome propio, que está cheo de significado e carga afectiva para cada neno e nena. 



Con esta actividade, ademais de traballar coas letras, xogamos a contar as que ten cada un... nunca lle puxeran tanto interés porque querían saber quen comera máis galletas! Tamén quixeron facer o nome dos profes e quedou claro a quen lle tocou comer menos galletas!


As letras que sobraron as repartimos en bolsiñas para levar para casa e seguir escribindo e comendo palabras con mamá e papá. 



Unha actividade sinxela coa que traballamos moitas cousas dun xeito moi divertido... e ademais deliciosa! Se vos animades a facela na casa, as galletas son de Ikea (Premede AQUÍ para velas)

luns, 16 de abril de 2018

PARABÉNS EUGENIO!

Comezamos esta semana cun aniversario: Eugenio xa ten 4 anos!


Esa coroa tan chula foi o resultado do traballo detallista de Eugenio con axuda dos seus compis. 



Celebramos os 4 anos de vida de Eugenio que dou 4 voltas ao sol mentres vimos canto medrou nestes anos. 



Coma sempre, desfrutamos moito vendo as fotos dende bebés, todos coincidiron que Eugenio ao nacer era igualiño pero máis pequeno. 



Eugenio decorou a súa letra con moito coidado e elexiu un montón de cousas para pegarlle. 



Así de chula quedou a súa inicial... que pouquiño falta para completar a parede das letras!



Por suposto cantamos e soplamos as velas con Eugenio... as merendas dos cumples sempre son especiais!



Cando estamos de festa sempre temos ganas de bailar, pero hoxe especialmente, xa que tamén celebramos que saiu o sol, así que decidimos baixar ao patio dos maiores a bailar e saltar!



Aproveitamos a tope o tempo de xogo... moitos lle dixeron a Eugenio que era un cumple moi guai!!





Parabéns Eugenio, encantounos celebrar este cumple ao sol.