mércores, 30 de maio de 2018

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN CONTOS

     A finais de abril, convidamos as familias a ler algún conto para celebrar a "Semana do Libro". Irene, a nai de Eluney, trouxo tres contos... "Cinco minutos de paz", O segredo do rei Curro", e "Orellas de bolboreta"... animouse a leélos na " biblio" a tódolos cursos de infantil....despois na clase, os de 5 anos fixemos un obradoiro baseado no conto  "Orellas Bolboreta", no que fixemos unhas bolboretas moi chulas de papel.... pasámolo moi ben.... e cada un de nós levamos a nosa bolboreta para casa....
            ¡¡ MOITAS GRAZAS IRENE!!



luns, 28 de maio de 2018

XOGAMOS NA BIBLIO

Pero que ben o pasamos cando vamos a biblio do cole!!! Alì temos moitos recursos cos que xogar a vez que aprendemos cousas!!!
Xogamos na mesa de luz coas formas, cores, letras...





Cos xogos da biblio a facer caras, os tres porquiños...

  
E cos ipad




APRENDEMOS CO ORDENADOR

O outro día estivemos na aula de informática escribindo algunhas cousas e a verdade é que se nos da bastante ben!!!







E tamén aproveitamos o ordenador para aprender xogando!!!




domingo, 27 de maio de 2018

A MAMÁ DE AINE E ANTÓN... TAMÉN CONTA!

A finais de abril, pola semana do libro, convidamos ás familias a compartir contos cos peques. 



A mamá de Aine e Anton animouse a contar un conto clásico pero dunha forma especial. Ademais de estar acompañada por Carapuchiña e polo lobo....



...trouxo uns títeres que nos encantaron. A verdade é que traballaron moito creando esos títeres tan chulos!



Despois do conto Carapuchiña e o lobo compartiron unhas deliciosas pastas caseiras das que Carapuchiña levaba a avoiña.



Despois ensináronnos máis títeres que trouxeron.



Todos quixemos probalos, estamos feitos uns titiriteiros!



Ultimamente nos encanta montar o teatro na clase e facer pequenos espectáculos uns aos outros, así que estos títeres, diferentes aos da clase, nos motivaron un monton!!



E nos animamos a inventar e contar historias no teatriño....




GRAZAS POR COMPARTIR ESTE CONTO CON NÓS, 
ENCÁNTANOS QUE NOS VISITEDES!

OS TÍOS DE LAURA... TAMÉN CONTAN!

A finais de abril, pola semana do libro, convidamos ás familias a compartir contos cos peques. 



Os tíos de Laura compartiron con todos os nenos e nenas da clase un conto chulísimo. 



Encantounos porque Laura era a protagonista, era un conto moi especial adicado a ela. 



E como despedida endulzáronnos cuns caramelos riquísimos e nos agasallámolos cunhas chapas de Arnaldo, a mascota do cole. 



MOITAS GRAZAS POR VIR A 
CONTAR CON NÓS!!

sábado, 26 de maio de 2018

PARABÉNS CANDELA!

Candela cumpliu 4 anos, e iso merecía unha celebración moi especial. 



A súa coroa estaba chulísima porque a decorou con moito coidado e con grandes axudantes.



Candela deu 4 voltas ao sol, e con ela celebramos cada ano da súa vida vendo fotos dende que naceu.




Candela comeza unha nova volta ao sol rodeada dos seus marabillosos compis.



Encántanos o momento de compartir fotos e recordos... é moi emocionante e divertido, non nos cansamos de velas unha e outra vez!!



Por suposto Candela decorou a súa letra: pintouna e pegoulle un montón de cousas.



E así de bonita lle quedou!


A parede das iniciais xa está completa, iso significa que esté foi o último aniversario deste ano... en setembro máis!!


Xuntos, despois de cantarlle a Candela, desfrutamos dun delicioso biscoito en forma de castelo... riquísimo!!!



Candela tamén levou un agasallo para casa, o cadro con todas as nosas pegadas como recordo do seu primeiro aniversario no cole. 



E aínda que o día estaba nublado, nos enchémolo de cor facendo: "A roda do amor". Unha roda na que nos dicimos cousas bonitas, nos damos cariciñas... e que esta vez adicamos a Candela polo seu aniversario. 



PARABÉNS CANDELA!!!

venres, 25 de maio de 2018

BOLAS MÁXICAS

Nunha caixa da mesa sensorial atopamos unhas boliñas. Primeiro as observamos con moita atención: eran pequenas, duras, de moitas cores.... 



Decidimos botarlles auga a ver que pasaba...

En pouco tempo xa notamos que empezaban a cambiar... xa non eran tan duras, nin tan pequenas!!


Descubrimos que a estas boliñas lles encanta a auga, e a medida que pasaban as horas seguían medrando:estábamos alucinados!



Xogamos moito con elas... tocalas resulta moooi relaxante e nos encanta!




Ademais de desfrutar co sentido do tacto... fixemos transvasamentos, xogamos a clasificalas por cores, a poñer unha cantidade determinada, etc... 



Desfrutamos moito con elas...


E como nos gustaron tanto, visitamos aos compis da clase de 4 anos para compartir con eles o que descubrimos.