xoves, 7 de marzo de 2024

FEBREIRO NA CLASE DE 4 ANOS

Comezamos febreiro traballando a tope para rematar os disfraces de Píntegas. Esta primeira semana do mes pasámolo pipa co mandadiño, incluíndo un desfile de pixamas que foi mooooi divertido!! A chuvia non nos deixou facer o desfile do cole, pero despedimos a semana lucindo os nosos disfraces preferidos.


Despois das vacacións de entroido tivemos unha semana de so dous días no cole, pero aproveitámolos ao máximo para darlle o toque final as nosas píntegas e celebrar o entroido de Seixo cheo de vida coas familias. Foi un día fantástico e alucinamos con todas as mamás e avoas que se animaron a facer os seus disfraces! Se queredes ver máis vídeos do entroido pinchade AQUÍ e iredes directos ao blog de Arnaldo.


Durante a semana do 16 ao 23 de febreiro, ademais de todas as cousas que facemos cada día, conmemoramos o día de Rosalía de Castro facendo artistadas, recitando... que vivan a poesía e o galego! Durante unhas semanas estará con nós a profe Nerea que, ademais de ser moi divertida e cariñosa, tamén nos axuda un montón!


Na última semana do mes comezamos unha dinámica, que faremos todos os luns, na que compartimos recordos da fin de semana e facemos un pequeno traballo: encántanos contar o que facemos coas nosas familias! E seguimos xogando co son das letras, aprendendo a medir os obxectos, facendo artistadas (como os Peliqueiros tan chulos fixemos con Jeni)... sempre aprendendo sen deixar de sorprendernos coma nos pasa na aula de luz.
 

Unha actividade moi especial, que fixemos a última semana, foi unha sesión de mindfulness e sonoterapia que merecía un vídeo propio, porque é moi relaxante vernos! Esta actividade, que está dentro dos Contratos programa (EDUsaude), fíxose, en varias sesións, para todo o centro, porque temos claro que o benestar físico e emocional do alumnado é decisivo para a consecución dunha aprendizaxe efectiva. Mirade canto desfrutamos esta sesión con Cristina, que volverá en abril para facer unha sesión de ioga. Facíannos falta estes instrumentos para clase!!!

luns, 19 de febreiro de 2024

A CLASE DE 4 ANOS COMEZA 2024 CON MOITA ENERXÍA!

Comezamos o ano atopando unha montaña de agasallos e unhas pegadas misteriosas que estivemos investigando, encántanos pensar hipóteses. Pois resulta que Pupi xuntouse con Papá Noel e os Reis Magos, e trouxéronnos un montón de agasallos. Así que comezamos xaneiro desfrutando de moitas novas propostas e xogos na aula.


Cada día traballamos máis e mellor en equipo, encántanos aprender xuntos e axudarnos uns aos outros. Algo que tamén nos encanta é recibir visitas, e esta semana tivemos na clase aos nenos e nenas de 3º, que moitos son irmáns da nosa clase.
 

Comezamos a semana do 22 ao 26 abrindo un misterioso baúl. A profe díxonos que contiña algo moi valioso, o tesouro máis impresionante do mundo, algo único e especial. Un a un abrimos o baúl e dentro estaba o reflexo de cada un de nós: somos o maior tesouro do mundo!!
Esa semana seguiu moi emocionante, xa que un día apareceron unhas misteriosas pegadas cunha carta de Arnaldo. Despois de darlle moitas voltas, descubrimos que as pegadas eran dunha píntega, e Arnaldo propúxonos uns retos a cambio dun premio. Por suposto aceptamos!!! O primeiro reto era facer uns disfraces de píntegas, así que puxémonos mans á obra. 
Rematamos a semana coa carreira da PAZ na que xuntamos moitos alimentos e, ademais, pasámolo pipa correndo coas familias (premendo AQUÍ podedes ver máis da carreira no blog de Arnaldo).


Despedimos xaneiro e recibimos febreiro traballando duro no noso primeiro reto: facer os disfraces de píntegas. Estábamos tan emocionados, que invitamos ás familias a traballar no cole, para que aos disfraces non lles faltase ningún detalle! 
Con outros compis estivemos plantando e poñendo o cole aínda máis bonito para recibir á primavera (Premendo AQUÍ podedes ver máis no blog de Arnaldo). 
Para conmemorar o día da PAZ na aula fixemos o sol da paz. Fixémolo despois de falar moito sobre as cousas que axudan a que, aínda que fóra chova, na clase sempre brille o sol.
 

Algo moi importante deste mes foi a celebración do aniversario de Iago, que é o primeiro en cumprir 5 anos: que maior!! Parabéns Iago!

martes, 2 de xaneiro de 2024

A CLASE DE 4 ANOS DESPIDE 2023

Os nenos e nenas da clase de 4 anos despedimos o ano cun mes cargadiño de actividades que intentamos desfrutar e saborear a tope. A primeira semana, que foi moi cortiña pola ponte, aproveitámola moito para comezar a decorar a aula e participar na ambientación do Nadal do cole.

Na semana do 11 ao 15 seguimos rindo e sorprendéndonos coas sorpresas de Pupi: un día ata tivemos que facer unha búsqueda do tesouro para atopalo! Foi unha semana ben completa: fixemos turrón coa profe Jeni, comezamos a facer as postais de Nadal e saímos en bus ata Viveiros O Piñeiro, onde pasamos unha mañá chulísima con todo o alumnado de infantil. 

A última semana do trimestre foi moi intensa e emocionante. Pupi trouxo un amigo ao cole e foi moi divertido atopalos. Rematamos as postais, preparámolas no seu sobre e co selo, e levámolas a correos. Tamén saímos a facer unha visita aos veciños da Galiña Azul, alí saudamos ás profes, ás nenas e nenos que sempre vemos dende o patio... e preparamos unha sorpresiña ;)
Por suposto ensaiamos moito co profe Tano para o festival (xa vedes que sen público soltámonos máis) e desfrutamos un montón da viaxe en tren, do festival, da chocolatada... viva o Nadal!!! 

No blog de Arnaldo, o mes pasado, falámosvos do mes da ciencia, e podedes ver os experimentos que fixo o alumnado premendo AQUÍ. Pois aquí tendes a versión extendida da tropa de 4 anos facendo espuma: pasámolo pipa! 

Recordade que no blog do cole tendes máis vídeos de actividades nas que participaron e desfrutaron os nenos e nenas de 4 anos. 
Déixovos por aquí algúns enlaces para que non perdades ningunha: felicitación do colefestival de Nadal, actividades compartidas, actividades de infantil.
En 2024: máis e mellor!

luns, 1 de xaneiro de 2024

PRIMEIROS MESES DOS PEQUENOS/AS DO COLE !!!

Ola familias!! Aquí estamos os nenos e nenas da clase de tres anos para que vexades a chea de novos descubrimentos, experiencias e aprendizaxes que levamos a cabo durantes estes primeiros meses de cole.

Foron uns meses cheos de novidades, experiencias e celebracións. Aos poucos fómonos sentido cada vez  máis cómodos, descubrindo todos os recunchos, coñecendo as/os profes, os/as compañeiros/as e adaptándonos  ao cole.

 Aquí vos achegamos  esta ventaniña para que vexades algúnhas das cousas  que fixeron os peques:
- Primeiros días de cole . Xogamos no patioe nos recunchos da aula.

 

 - Traballamos o outono



- Xogamos coas letras e os nosos nomes



 

 

- - Comenza o samaín e facemos cousas terrorificamente divertidas!!!






     - En novembro festexamos o Magosto



   - Fixemos diferentes obradoiros de cociña coa axuda da porfe Jeni

- Riquísimas flores de mazá

- Merenda de froitos carnosos do outono acompañada dun riquísimo zume de laranxa

j

  - Turrón de Nadal

     Tamén traballamos xogando as emocións coa profe Irene

Coa profe Jeni o pasamos estupendamente:

- Na aula de luz

 
  
 
- E xogando cos xogos de mesa

    Tamén en Novembro festexamos o 25N



  Celebramos os aniversarios:

E chegamos a Decembro, onde a maxia desta datas invadiunos...

- Decoramos a aula


- Elaboramos postais e as botamos en correos

 

 

 

 - Coa profe Inés xogamos as simetrías e decoramos árbores de Nadal

- Continuamos xogando coas letras que nos espertan unha gran curiosidade...



- Saímos a dar un paseo ata Marín no tren de Nadal...

- A gran chocolatada de Nadal... Cómo nos puxemos...

- Tamén fixemos unha saída moi interesnate e divertida a "viveiros Piñeiro" e así de guapos/as nos puxeron

- Visitamos ás profes da escola Infantil e aproveitamos para sacarnos estas chulísimas fotos de Nadal



E por ultimo desexarvos a todos/as unhas felices festas e un próspero aninovo

Bo Nadal!!!



xoves, 28 de decembro de 2023

AS ACTIVIDADES CONXUNTAS DA TROPA PEQUENA

As nenas e nenos de infantil, ademais das moitas cousas que facemos nas aulas, desfrutamos moito coas actividades conxuntas de todo o cole: encántanos estar cos maiores! E tamén o pasamos xenial nas actividades que facemos xuntos todo o alumnado de infantil, aquí tendes unha recompilación das que fixemos no último mes de curso.


Polo 25N, no día contra a violencia de xénero, traballamos "O libro dos porcos" e falamos do importamte que é colaborar en casa. Fixemos uns antifaces pensando en que colaboramos e vendo ideas de moitas cousas nas que podemos colaborar aínda que sexamos peques.


Seguimos coidando e mellorando o noso cole, e enchendo Seixo de vida. Xuntámonos para plantar algunhas hortensias e poñer máis bonita a fachada do cole: estamos desexando velas en primavera!!


Encántanos saír do cole, e se é en bus aínda é máis emocionante! Todo o alumnado de infantil fomos ata Viveiro O Piñeiro onde desfrutamos dunha mañá diferente e moi especial. Coñecimos moitas plantas, peixes, roedores... e desfrutamos do decorado tan fermoso que teñen de Nadal, ademáis de maquillarnos de renos. Unha mañá moi completa!


E por suposto desfrutamos da visita máis especial do ano: Papá Noel estivo en Seixo!!!


Estade pendentes do blog de Arnaldo, porque alí contaremos máis aventuras que vivimos cos compis de primaria.

domingo, 10 de decembro de 2023

NOVEMBRO COA TROPA DE 4 ANOS

Despedimos outubro a tope co Samaín. Con todos os compis do cole fixemos moitas actividades (podedes velas premendo AQUÍ). Ademais profe Jeni preparou un xogos chulísimos, para os de infantil, e na clase fixemos moitas propostas e artistadas.


A segunda semana, do 6 ao 10 de novembro, queremos destacar unha actividade que nos deu moito xogo e coa que traballamos un montón. Mael trouxo unhas mazarocas de millo e a partir delas xurdiron moitas actividades: desfrutamos un montón!


Neste vídeo podedes ver unha pequena mostra do que fixemos do 13 ao 17 de novembro. Coas mochilas viaxeiras en pleno funcionamento visitamos a Fátima na biblio para escoller os contos do préstamo semanal.



Despedimos novembro coas últimas propostas do outono, que aínda lle quedan uns días pero xa entramos en decembro co chip de Nadal, por iso recibimos unha sorpresa que estabamos esperando: volveu Pupi!!! Esta semana tamén renovamos as bolsas do préstamo semanal e fixemos unhas con moito esforzo e coidado: quedaron impresionantes!!

sábado, 2 de decembro de 2023

OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS TRABALLAMOS A TOPE

Na clase de 5 anos, nótase que somos os maiores de infantil. No que levamos de curso traballamos moito!!!

 Traballamos cantidades co Lego

Traballamos a descomposición numérica cos policubos.



Orientación espacial

Cantidades (cardinais, amigos do 10, descomposicón de números ..)





 
Xogos de atención e observación

Motricidade fina: ensartando pezas e co telar.

Formas xeométricas (traballamos o cadrado, rectángulo, triángulo, rombo e iniciámonos no  trapecio, pentágono e hexágono)

Iniciamonos na suma

Sumamos cos dados e policubos

Estrenamos xogo de sumas cos paus de cores

Sumamos coas tarxetas de sumas


 Xogamos coas decenas dos autobuses do 0 ao 70

Ábaco vertical


Xogo de lóxica 

Quebracabezas



 Xogamos coas decenas, centos e miles,...

 

Lectoescritura

Xogo de conciencia fonolóxico "Botes de galletas"

Asociamos as vogais maiúsculas coas minúsculas en pedriñas.


Repasamos a grafía das vogais


Fixemos o trazo das vogais con pedras.


 

 Compoñemos palabras



 Alimentamos os esquios coas landras asociando as letras maiúsculas coas minúsculas.


Escribimos o nome dos  debuxos de imán


Na aula de luz traballamos as formas xeométricas, numeros, letras, trazos, creatividade...



Fixemos árbores de outono en plastilina

Cando houbo bo tempo saímos a merendar ao patio

Saímos á carballeira e fixemos relaxación coa profe Jeni


Leyre e Vera trouxeron ao cole as súas tartarugas e Anxo e Antón o seu gato polo "Día das mascotas".


Ímos á biblioteca a facer  o empréstito de libros e a xogar con xogos.

 

Coa profe Jeni imos á radio facemos xogos de mesa e literarte. Ademais nos preparou uns xogos de Samaín moi chulos.




Nestes meses tivemos varios  aniversarios