sábado, 20 de xullo de 2019

TRABALLOS NA AULA DO TERCEIRO TRIMESTRE

        Neste trimestre fixemos un repaso de todo o traballado durante o curso : esquema corporal, grafomoticidade, series,  números...."cantidades e grafía", a primavera... tranformamos o mural do inverno en mural de primavera, as hortalizas dentro do aula...... ecta.... ecta...


















luns, 15 de xullo de 2019

A RECOLLEITA

    Agora xa empezamos a recoller o que sembramos.... a recolleita foi bastante boa...... chícharos, cenorias, leitugas, patacas,  repolos e algunha fresa... 
   Cando cheguemos en setembro a ver se levamos agunha sorpresa... pode ser que xa medraran os tomates, pementos de padrón, berenxenas, cabazas, e tamen o millo... A VER SE HAI SORTE....!!!







xoves, 11 de xullo de 2019

TEMOS PROFE NOVA

          Agora como a profe Mari Carmen está maliña, temos outra profe, chámase María, é moi boa e con ela seguimos coidando a horta. Fixo un vídeo con todo o que habíamos aprendido sobre o coidado das hortalizas, que foi o que presentamos na "festa do saber"... "A horta de infantil"




luns, 1 de xullo de 2019

UNHA MERENDA ESPECIAL

      Un día de primavera, a profe levounos  ao patio dos maiores e así poder merendar na mesa nova posta no "Patio dos nosos soños"....PASÁMOLO MOI BEN....!!! pero cando íbamos para clase, a profe tropezou e caíu... "MENUDO SUSTO LEVAMOS"... "ESTÁBAMOS TODOS MOI PREOCUPADOS"..!!