sábado, 27 de marzo de 2021

FELICES VACACIÓNS PARA TOD@S!

 Merecidísimas vacacións para estes nenos que traballaron un montón.



Ademáis tivemos sorte de poder realizar unha pequena excursión que xa o botábamos de menos.



Sin olvidarnos dos cumpreanos das nosas compañeiras Olivia e Xiana.



A chegada da primavera gustounos moito e como non podía ser de outra forma púxemonos a encher de cor a nosa porta. Quedou moi fermosa.



Tamén nos fixemos expertos en velutinas e xa sabemos preparar trampas para que non acaben coas nosas abellas. O noso patio xa está protexido!


So queda desexarvos que disfrutedes destes días e vémonos a volta. Saúdos!







mércores, 24 de marzo de 2021

O QUE APRENDIMOS NO SEGUNDO TRIMESTRE

 Bo día familias!!

    Pensabades que a clase de 5 anos estivo vagueando até o de agora? Pois non!! As nenas e nenos de 6º de infantil traballou arreo facendo unha morea de cousas que vos queremos mostrar....

    Continuamos co interesante proxecto que iniciou a profe Laura sobre as emocións. Para elo comentamos na clase qué pensabamos que era cada emoción e que situacións nos facían sentir dese xeito. E logo, ou ben debuxamos momentos nos que aflorou esa emoción ou escribimos palabras relacionadas. O monstro de cores estivo moi presente.





    Tamén repasamos o conteo, seguindo a temática dos monstros. Gustounos moito!



    A medida que fomos profundizando nas emocións fixemos un mural para poder velas todas xuntiñas.



    Pero iso non foi todo! Aínda tivemos ganas de facer o 8 de Marzo un lapbook moi orixinal sobre Margarita Salas, unha bioquímica española que realizou achegas importantes sobre o ADN e puidemos gozar ademais dun contacontos no patio.

    Como somos moi traballadoras e traballadores, ante a chegada da primavera sementamos e prantamos legumes e hortalizas no noso horto. Somos expertas poñendo patacas.


    E por último, con motivo do Día da Poesía, recuperamos a nosa obra pola conmemoración do Día de Rosalía de Castro e vimos o que era un código QR e como funciona e puidemos vernos en vídeo recitando o fermoso poema que aprendemos.



 

Tamén estamos argallando algo para levar os nosos traballiños, pero é unha sorpresa...






domingo, 21 de marzo de 2021

Rematando o segundo trimestre!!

 Ola familias!! 

Esta semana traballamos a tope!! Achéganse as vacacións do segundo trimestre e temos que preparar portadas, maletíns, rematar algunha fichiña... Encántanos traballar na mesa e esforzámonos moito!





Pero despois de tanto esforzo... ben merecida tivemos unha saída á carballeira próxima ao cole!! Mirade que ben o pasamos!!










 
Quedáronnos ganas de repetir e seguir coñecendo a nosa contorna!!


domingo, 14 de marzo de 2021

Últimas novas!

 Ola familias!! Queredes saber que estamos argallando este días no cole?? Ahí van as imaxes que falan por sí solas!

Traballamos a serie numérica asociando número coa cantidade, ascendente e descendente:

 

Creamos triángulos de distintos xeitos:



 
 

 Polo 8M investigamos sobre unha muller importante para os bebés: Marion Donovan, creadora dos cueiros.



Probamos cantas veces pode un bebé facer pis nun cueiro e permanecer seco:


 Comezamos a traballar na horta, grazas a vosa colaboración!!





 Nos desdobres seguimos traballando cos contos, xogos de mesa, traballando en pequenos grupos: 






Nos momentos de xogo libre tamén seguimos aprendendo:

 

 Gústanos facer moitas cousas xuntos: xogos cooperativos, lecturas espontáneas, visionado de vídeos...

E o que máis nos gusta... contiños ao aire libre!