xoves, 31 de marzo de 2022

ENTROIDO, DÍA DE ROSALÍA E...

 Na clase de 3 anos gústanos moito disfrazarnos e aproveitando o entroido estivemos investigando sobre os peliqueiros.

 

 

 



Tamén nos pintamos de pallasos.


Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro primeiro investigamos un pouquiño sobre quen era e a que se adicaba. Despois traballamos o seu poema "Vente rapasa" e decoramos un pensamento ( a súa flor preferida) con palabras da poesía que despois empregamos para formar parte da "I Andaina de Rosalía".Por último plantamos un pensamento.





Fixemos uns bonecos de neve para decorar a entrada do cole.

 Aproveitamos o momento da asemblea para facer xogos en gran grupo.

Aquí traballamos máis que- menos que

Traballamos os números ata o 5 e os diferentes xeitos de representalos


Traballamos o sentido numérico facendo torres de tantas pezas como indica cada número



 
Xogamos a  asociar cartas que teñen a mesma cantidade ata o número 6 
 

Traballamos "tantos como"  xogando a poñer tantos coches como dedos indica cada man ata o número 5.

Xogamos a facer torres coas pezas lego

Xogamos coas formas xeométricas e os cadros de dobre entrada pero aínda é un pouco complicado.

Este trimestre estivemos traballando a separación de residuos coa axuda da patrulla canina e comezamos a reciclar. Tamén estamos aprendendo a facer compost.


 

Recibimos unha charla de Revitaliza de Voz natura  na cal nos explicaron  a través de xogos e dun conto como se fai o compost e da súa importancia.

Xogamos cos pompóns e os números


Continuamos traballando a lectoescritura de todos os xeitos posibles e nesta ocasión escribimos en pan raiado.

 Xogamos a cazaras vogais

 

Polo "Día da muller" todos os nenos e nenas de infantil fixemos un debuxo das mulleres importantes nas nosas vidas: nais, avoas,... e con todos eles fixemos este mural.

Fomos coa profe Ana á clase de luz que tanto nos gusta.
Sementamos xirasois

 

Xogamos




 

 Xogamos aos aros musicais

 

 "Andaina por Rosalía" xogamos no parque de Seixo.



martes, 29 de marzo de 2022

MOITOS PARABÉNS XABI, OLIVIA E XIANA!!!

E aquí temos as fotos de Olivia e Xabi que estiveron de aniversario no mes de Febreiro e as de Xiana que cumpriu no mes de marzo. Os tres xa teñen os 6 anos!!!

 Moitos parabéns pequenos!!!