sábado, 30 de xaneiro de 2021

FELIZ DÍA DA PAZ!

 

Boa tarde a todos!

  Esta semaniña estivemos dándolle voltas a palabra  PAZ e o que significa para nos, e estes cativos téñen claro que está ligada ó respeto, amor e sobre todo ás familias. Traballamos sobre WANGARI  co conto " Wangari y los árboles de la paz"  para descubrir que a natureza une culturas e que hai que perseguir os soños aínda que as cousas se poñan difíciles.


Á volta das vacacións estreamos estación e non poidemos resistirnos a decorar a nosa porta coas nosas fotos e a facer manualidades de inverno....









e probar novas texturas coa sal e arroz tinguido, xogos...




recuncho das letras e dos números...

F



sen olvidarnos de que comezamos novo proxecto: A rúa e a seguridade viaria. Estamos aprendendo moito e realizando un mural moi xeitoso.



Como vedes non paramos! 

Un saudi´ño a tod@s.

SEMANA DA PAZ

Ola familias!!

 Comezamos esta semana da Paz introducindo aos pequechos con este conto...

 

Nel valoramos a capacidade de axuda que tiña o neno para buscar un fogar ao pingüino... Isto foi o que nos levou a entender o valor do traballo que realizou JANE ADDAMS (premio Nobel da Paz 1931). Preguntádelle aos cativos cantas cousas boas fixo Jane pola xente.

Despois pintamos a Jane, compuxemos o seu nome e  localizamos Estados Unidos no mapa.


Tamén sacamos tempo para seguir aprendendo cos xogos de mesa... Con Serpentina e o Dominó traballamos as cores e orientación espacial...



Moita chuvia nos patios... pero aproveitamos un pequeno escampiño para respirar...

E non podía faltar... a nosa creación artística da semana! No obradoiro de Literarte a profe Sandra contounos o conto da cebra Camila, fixemos unha ficha de graformotricidade onde lle puxemos as raias que lle faltaban e despois fixemos unha cebra enorme para decorar a porta da aula, e todos os nosos nomes xuntos forman as raias de Camila, quedounos chulísima!!



venres, 29 de xaneiro de 2021

MULLERES POLA PAZ

Ola familias! Esta semana foi a semana da Paz, e dende o CEIP de Seixo decidiuse conmemorar este día facendo un traballo onde cada aula escollese unha muller que fose galardoada co Premio Nobel da Paz.

A clase de 5 anos escollemos a Shirin Ebadi que recibiu este Premio Nobel no ano 2003. Primeiro, falamos sobre que é a Paz, que significa e, o máis importante, averiguamos que era este premio. Algúns nenos dicían que era un trofeo con forma de paloma. Logo, coa axuda de internet, comprobamos que foi un premio creado por Alfred Bernhard Nobel e que se lle entrega a persoas que loitan pacíficamente polos dereitos humanos e promoven a paz no mundo. 

Despois de averiguar que era este premio, comezamos a buscar información sobre Shirin Ebadi. Vimos que era unha muller Iraní, polo que, coa axuda de Arnaldo, consultamos un par de Atlas do mundo para saber onde está situado este país que non coñecíamos. 



Tamén descubrimos a que se dedica Shirin, e sabemos que é avogada, escritora e activista que defende os dereitos humanos e, especialmente, a igualdade entre homes e mulleres. 

Xa cando tiñamos toda esta información, coloreamos a imaxe de Shirin, a bandeira do seu país, e escribimos con selos de letras unha frase que ela dixo para, posteriormente, pegala no mapa mundi do cole onde figuran todas as mulleres galardoadas co Premio Nobel da Paz. 

Aquí tedes algunas fotos do proceso: 












Pero isto non foi todo, ao longo da semana, na hora de ler, aproveitamos para ver e ler contos relacionados coa paz como: “Me llamo Paz”, “Por qué”, “A mellor sopa do mundo”, “Qué maleducado” e vídeos de YouTube como “Historia de punto”, “La disputa de los colores” entre outros...







mércores, 27 de xaneiro de 2021

PROPOSTAS DE INVERNO

 Ola familias! Xa andamos operativos, e coa volta ao cole, comezamos a traballar esta época do ano no que vai tantísimo frío. 

Primeiro, vimos o conto “El invierno” para coñecer características sobre esta estación. Tamén visionamos en youtube vídeos sobre a vestimenta, climatoloxía, e tamén falamos sobre cales son as cores do inverno: as cores frías como os azuis, violetas...

Despois, fixemos unha folerpa de neve empregando cola branca e sal. Unha vez seco, cun pouquiño de auga e acuarelas cada neno/a pintou cadansúa folerpa... a sal absorbía a cor! Foi moi divertido realizar esta actividade! 







Iso si... tamén tivemos algún que outro problema, porque coa humidade que houbo estes días molláronse as nosas creacións!
 
Ademais desta actividade plástica, tamén realizamos outra de grafomotricidade, aprendendo así a debuxar folerpas de neve.




Realizamos actividades de conteo coma estas: 







E unha delas fixémola utilizando o ordenador de aula! Moito nos gusta realizar actividades no ordenador. 




Outra actividade foi de lóxica-matemática: tiñamos que emparellar folerpas de neve coma estas. 


Xogamos ao xogo do Dobble, onde hai que encontrar un elemento (neste caso un elemento relacionado co inverno) en común entre dúas cartas. 


E tamén realizamos actividades de vocabulario e lectoescritura sobre esta época do ano, pero desta vez, mediante unhas fichas.