venres, 30 de marzo de 2018

ÁRBORE DE INVERNO

     Non podía rematar o inverno sen facer a nosa árbore típica desta estación, como fixemos no outono. O material utilizado e o mesmo, corchos, e témpera da cor da neve, a cor branca, e tamén papel hixiénico para o chan, isto foi o mais curioso a utilización deste material....                     Que ven o pasamos cortando coas mans, cachiños deste papel, para facer neve ......pero quedou moi chulo......!!!



SEMANA DA PRENSA NA CLASE DE 3 ANOS

No cole mesturamos a semana da prensa co día da muller e todos estivemos buscando noticias de mulleres en diferentes ámbitos. Aos de infantil tocounos investigar sobre deportistas. Os da clase de 3 anos, despois de ver varias noticias, seleccionamos a de Andrea González, unha lanzadora de xabalina que gañou o ouro nacional fai pouco. A verdade é que a xabalina lles chamou un monton a atención porque lles parecía que lanzaba unha espada. 


Investigamos sobre Andrea e plasmamos na noticia os datos que aprendemos sobre ela. Fíxonos moita ilusión ver a noticia exposta e coñecer a outras mulleres deportistas.



Foi xenial descubrir deportes novos que non coñecíamos... pero sobre todo nos encantou a xabalina. Despois de ver vídeos quixemos saír ao patio a probar nós mesmos a lanzar como Andrea... porque parecía fácil, pero é moi difícil!! Mirade neste vídeo que xeito temos jejeje



Despois de medir os nosos lanzamentos, vimos cantos metros lanzou Andrea para gañar a medalla de ouro.... 44 metros e pico!!!



Para darnos conta de canto é o que lanzou volvemos a usar a cinta métrica, pero esta vez tivemos que estirala varias veces: alucinamos co lanzamento de Andrea!!!



Despois aproveitamos para facer debuxos de Andrea, escribir a súa inicial, o números dos metros que lanzou....




As tesoiras foron moi útiles na semana da prensa, ademais de recortar noticias, cada vez con máis precisión, tamén fixemos un traballo plástico con recortes do xornal. 



E unindo un pouco de témpera fixemos uns cadros chulísimos!



Mirade algúns exemplos dos retratos que fixemos de Andrea!



A gran sorpresa chegou a piques de irnos de vacacións... recibimos unha chamada de Andrea avisando que enviaría un paquete a nosa clase.... ufff estivemos moi nervios ata que chegou o paquete... algúns incluso aseguran ter visto a Andrea! ;)


E dentro había medallas para todos, medallas pola igualdade no deporte, e por ser uns campións lanzando a xabalina.



Que emoción!.... pasámolo pipa lanzando a xabalina e encantounos coñecer a historia dunha campiona como Andrea. A pena que nos quedou foi non coñecela a ela en ver en directo esa xabalina tan grandísima que ten un pincho: deixounos alucinados!

xoves, 29 de marzo de 2018

OS DE 5 ANOS CELEBRAMOS O DIA DA MULLER TRABALLADORA E A SEMANA DA PRENSA

         O día da muller traballadora coincidiu coa semana da prensa. O que fixemos, foi buscar nos xornais que tiñamos na clase, "mulleres deportistas" e encontramos noticias sobre Chus Lago "montañera", Paula de la Torre "atleta", Irene Trabazo "ciclista", e tamén ximnastas acrobáticas internacionais... recortamos a foto, pegámola, e escribimos a noticia, para pasar a formar parte do mural do cole.....

            Recortamos.....

          Pegamos e escribimos.....

        .........e por último lemos as noticias feitas.


   Pasámolo moi ben, porque foi unha actividade moi divertida  e amena...recortar...pegar...escribir...ler...onde todos colaboramos.       

luns, 26 de marzo de 2018

SOL SOLIÑO QUÉNTANOS UN POUQUIÑO!

En canto asoma o sol aproveitamos o patio ao máximo... e nos entra a morriña, por iso recordamos algunhas instantáneas destes meses no patio: pasámolo en grande!!!








  





NÚMEROS DIVERTIDOS

No espazo matemático temos diferentes materiais relacionados coa lóxica-matemática. Aquí vos ensinamos algunhas propostas relacionadas directamente cos números: trazo nas letras de lixa e nas bandexas de pan raiado, na mesa de luz, con construccións, artísticas, etc... 
Que ben o pasamos xogando cos números!!!








GOTAS DE CORES

Na clase de 3 anos encántanos pintar e investigar diferentes formas de facelo. Explorando novos materiais chegamos aos contagotas cos que fixemos uns cadros cheos de puntos divertidos, tanto coma os dos libros de Hervé Tullet. Somos moi fan dos seus contos e nos partimos de risa con eles. 



Cos contagotas utilizamos a pinza e nos ven de marabilla para traballar o agarre, a presión... 
Así de ben o pasamos pintando con gotiñas de cores.

BENVIDA PRIMAVERA!

A piques de rematar o 2º trimestre chegou a primavera, e... que mellor que recibila con flores?



Cambiamos o noso calendario de inverno a primavera, cambiamos a neve por flores e cada un deu a súa opinión sobre o que pasará na primavera. 



O que todos tiñamos claro é que na primavera hai moitas flores. Así que hoxe traballamos con flores. Collimos un ramo que trouxo a profe e despois de cortalo en pequenas ramiñas, puxémonos a clasificalas por cores. 



Blancas, amarelas, lilas e rosas...

...entre todos as deixamos moi ben organizadas.

Despois cada un, libremente, elixiu 4 para facer un ramo.



Ademais pintamos unhas postais para darlle a benvida a primavera. 



Debuxamos flores, bichos, soles...

Os primeiros cadros e ramos desta estación tan colorida. 



E xuntos gritamos con forza: 

BENVIDA PRIMAVERA!

XOGANDO CON TAPÓNS

Isto é o que pasa cando os peques de forma espontánea propoñen actividades para todo o grupo. Na entrada do cole, diante da nosa clase, é onde se recollen os tapóns que traen as familias para colaborar con diferentes causas. 



Pois entraron na clase cunha bolsa chea de tapóns: "Profe podemos xogar con esto??" 
E cando as propostas son tan chulas... quen se pode negar? Así que a xogar con tapóns!


Ademais de facer debuxos e composicións chulísimas, aproveitamos para clasificar por cores, por grupos de determinado número...



... puxemos a clase patas arriba e pasámolo fenomenal!!