xoves, 27 de xuño de 2019

LEVAMOS PLANTAS PARA CASA

       Dos sementeiros que fixemos, só sairon os "tomates cherry" que levamos para casa, pero, para que sigan crecendo  temos que coidalos moi ben....todo o que nos dixo a nosa profe... agora temos que facelo nós na casa:  TERRA, AGUA, AIRE, SOL...e moito cariño...!!!





sábado, 22 de xuño de 2019

A MOCHILA VIAXEIRA REMATOU

        A mochila viaxeira rematou o seu recorrido. Axel disfrutou un montón,  vendo os traballos dos seus compis no "Caderno viaxeiro". O conto que máis lle gustou foi "O polo Pepe" que xa o coñecia. Tamén xogou moito coa plastilina, facendo figuras axudado polos seus pais. ¡¡¡...ESPERAMOS QUE VOLVA PARA O CURSO QUE BEN..... !!! 





xoves, 20 de xuño de 2019

ANIVERSARIO DE IKER

Hoxe celebramos o aniversario de Iker que xa ten 4 anos🎂.
E como todo aniversario primeiro fixemos Unha coroa fermosa.
E logo contounos como foros estos anos e presentounos a Luca.
Cómo non rematamos cantamos e comendo a torta 🍰

luns, 17 de xuño de 2019

A MOCHILA TAMÉN PASOU POLA CASA DE IKEr

A mochila viaxeira pasou pola casa de IKER, e aínda non o veranos, pero Iker igual cos seus compañeiros e explicounos como o disfrutaran en familia, ademáis de mostrarnos o fermoso traballo.


martes, 11 de xuño de 2019

O VIAXE DA MOCHILA REMATOU

A mochila viaxeira REMATOU de viaxar polas casas de todos os nenos da clase de 4 anos, e Enzo foi o que puxo o broche final a esta fermosa aventura disfrutando de todo o seu contido especialmente de Cocorico.

xoves, 6 de xuño de 2019

CÓMO DESFRUTAMOS O PATIO!

Desfrutando do noso patio e ás súas novidades. Temos unha nova mesa para merendar que xa probamos, claro,



Ademáis temos uns columpios novos que desfrutamos un montón.



Trouxeron unhas rodas que dan para crear moitos xogos, subir, baixar, esconderse, rodar ,facer circuitos...




E a profe Bea agasallounos cunhas tizas coas que fixemos unha obra de arte.



E non pode faltar falar do máis divertido de todo: o patio a area