mércores, 26 de febreiro de 2020

DIA DO AMOR E AMIZADE EN 4 ANOS

         O día 14 deste mes, celebramos no cole o "Día do amor e da amizade" ... Éste é un día no que se fomenta o cariño, respecto e solidaridade, hacia os nosos seres queridos, coma pode ser a familia... compañeiros e compañeiras... etc.   " E UN DÍA MOI ESPECIAL" 


martes, 25 de febreiro de 2020

A MOCHILA VIAXEIRA NA CASA DE IKER

       A mochila viaxeira acaba de vir da casa de Iker... os contos que máis lle gustaron foron... "Cocorico" e "A vaca Victoria". Traballou moito na casa, e axudado polos seus pais fixo animais do conto "Animais da granxa" ... un canciño e unha ovella.... O seu irmán Efrén tamén estaba entusiasmado. 









mércores, 19 de febreiro de 2020

¡¡¡ FELIZ ANIVERSARIO YADIRA !!!

     A nosa compañeira Yadira foi a primeira en cumprir 5 anos..... xa é a maior da clase... estaba moi entusiasmada decorando a súa coroa axudada pola súa amiga Carmen, e soprando as 5 velas máxicas, que se apagaban... pero volvíanse a encender..!! 
           ¡¡ MOITOS PARABÉNS YADIRA !!




martes, 18 de febreiro de 2020

PROXECTO PICASSO (IV)

    Esta semana estivemos a falar sobre diferentes profesións (sobretodo as mais coñecidas polos nenos/as) e vendo cales son as ferramentas e útiles que utilizan para posteriormente ver as que necesitan os pintores para facer os seus cadros.
  
   Para falar sobre todo isto contamos coa axuda de Xabi e de  Unai e das investigacións que trouxeron ao cole.

domingo, 16 de febreiro de 2020

DIA DA PAZ EN 4 ANOS

         O día 30 de xaneiro celebramos no cole o día da paz. Na clase realizamos diversas actividades plásticas arredor do tema "PAZ" e non podía faltar as pombas símbolo típico desta celebracíon.




     E por fin chegou o día tan esperado..... a "II CARREIRA SOLIDARIA POLA PAZ". Estabamos moi entusiasmados...!!!
Vamos a compartir unhas images cedidas polas nais destes nenos e nenas de 4 anos




                  ¡¡¡ GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN !!! 


venres, 14 de febreiro de 2020

APRENDEMOS XOGANDO

   A semana pasada baixamos á aula os  ipads e estivemos a xogar con diferentes xogos (educativos) e reforzando conceptos traballados anteriormente.



Encántanos aprender xogando!!!!

xoves, 13 de febreiro de 2020

PROXECTO PICASSO (III)

   Comezamos a semana con Raquel e  Valeria que nos explicaron que Pablo Picasso ten moitos nomes (ata 13 contamos...) aínda que nós ímolo a coñecer como Pablo Ruiz Picasso e que  tamén gañou un premio da Paz!!!
    Con esta información decidimos traballar co seu nome e ver cales son as letras que leva, cantas letras ten e tivemos que atopalas.

mércores, 12 de febreiro de 2020

PARABENS XABI!!!

  Esta vez tócoulle a quenda a Xabi que esta fin de semana estivo de aniversario e xa ten 4 anos!!!!


Moitos parabéns Xabi!!!

PROXECTO PICASSO (II)

    Comenzamos o novo proxecto e esta vez Tomé trouxo ao cole a obra "A pomba da paz" que elaborou coa axuda da súa familia e que aproveitamos para celebrar o día da paz.
    Partindo   deste cadro, ademáis de traballalo nós  tamén, fixemos as nosas propias pombas da paz coas nosas mans. E nos quedaron chulísimas!!!





martes, 11 de febreiro de 2020

PROXECTO PICASSO (I)

    A clase de 3 anos estreámonos co noso primeiro proxecto aproveitando o día da paz. En clase apareceu unha imaxe de "A pomba da paz" de Pablo Picasso e así foi como nos convertemos en detectives e decidimos investigar e buscar información sobre este popular artista.
    Esta foi a nota explicativa que se mandou as familias explicado un pouco o que significa traballar por proxectos e pedindo a colaboración das familias 



     Repartimos tamén os carnéts de detectives que cada neno/a levou para sua casa...
     Non vos perdades os avances no novo proxecto que promete interesante, xa veredes cantas cousas aprendemos!!!

COMEZAMOS SEMILLEIRO