luns, 25 de maio de 2020

9º BOLETÍN ACTIVIDADES DE 3 ANOS

Ola familias:
Outra semana estou aquí para deixarvos actividades que espero que aos nenos e nenas  lles gusten e que disfruten facéndoas . Moitas grazas polas actividades que me envíades; Xa vexo que son uns super campións e que traballan de marabilla. Tamén encántame velos tan ben e tan maiores !!!
 Esta semana a profe Laura de Audición e Linguaxe, no blog de orientación, deixanos un vídeo e unha actividade moi interesantes sobre o fonema /s/ para os nenos e nenas de 3 e 4 anos. Déixovos o enlace. Botádelle un ollo.
Antes de poñervos as actividades quero indicarvos a maneira correcta de coller o lápiz xa que a estas idades é importante que fagan ben o agarre. Como eu lles digo na clase "el gordito y su amiguito" 
Educaplanet
As actividades que vos propoña esta semana son:
- ACTIVIDADE 1: Grafismo creativo. Esta vez imos traballar o grafismo dunha forma creativa. Estos serian exemplos de como facelo:
  • Debuxamos círculos de diferentes cores e temos que levar cada círculo a parte de abaixo evitando tocar os demáis circulos. Podemos traballar as cores se teñen que unir empregando a mesma cor que o círculo
@spanischprojekt
  • Círculos nos gomets. Pegamos os gomets polo folio e facemos círculos  ó redor

creciendofelicescampanar.blogspot...
  • Trazos verticais e horizontais
creciendofelicescampanar.blogspot...
  • Semicírculos
creciendofelicescampanar.blogspot...



 Plantillas:



- ACTIVIDADE 2: Traballamos as letras. Grafias e discriminación auditiva
  1. Traballamos as letras con pinturas. Facemos a plantilla que eles e elas teñen que reproducir despois empregando ceras ou lápices de colores. En principio soamente nos fixamos na forma pero podemos ampliar a dificultade se, ademáis da forma, teñen que fixarse na cor dos lápices.
    Imaxes sacadas de @proffan_
  2. Xogamos cos nomes. Esta vez a proposta é moi divertida. Trátase de atopar obxectos  que comencen con cada unha das letras que compoñen o seu nome:

Neste caso:
J- Jabón  U-Uno  L-Libro   I-Iguana     A-Arcoiris
   Outra forma de xogar é a inversa. Neste caso que vos acabo de poñer trátase de colocar as letras, facer o son e ir buscando obxectos pero tamén podedes coller diferentes cousas, pronunciar o nome e ir buscando as letras polas que comenzan ou buscar as letras nas palabras como no seguinte exemplo:
@laclasedevirtu
 Neste caso collemos diferentes cousas, escribimoslles as palabras en maiúsculas e teñen que rodear as letras que están nos seus nomes.

- ACTIVIDADE 3: Xogamos cos números e cantidades. Empregamos pinzas nas que poñemos os números e cantidades (con puntiños e teñen que unir cada número coa cantidade.
@thedadlab

- ACTIVIDADE 4: xogamos coas cores e clasificamos


- ACTIVIDADE 5: Experimento. 
       Para facer este experimento precisamos:
  •  Un bote de vidro transparente con auga
  •  Un bote máis pequeno con aceite
  •  Colorante alimenticio de diferntes cores
 
 1.- Enchemos o bote de vidro grande con auga

 2.- Enchemos o bote pequeno con aceite
 3.- Botamos pingas de colorante alimenticio
 4.- Mezclamos con  axuda dunha culler

 5.- E por último botamos a mezcla no bote grande.
 Bueno familias aquí remato. Espero que teñades unha boa semana e que desfrutedes en familia desta volta á "normalidade".  
 Esta semana vou a poñerme en contacto con todas as familias para establecer unha hora para a recollida de material que será o luns día 8 de xuño.
 Unha apreta a todos e todas!!!

9º BOLETIN ACTIVIDADES 4 ANOS

Ola familias:
Antes de nada quero darvos as gracias polos bonitos traballos que están facendo os vosos fillos e fillas que sen vosa axuda sería imposible. A verdade é que xa estamos todos un pouquiño cansos de esta situación....pero ánimo que xa falta pouco para rematar o curso.

Unha semana máis déixovos unha proposta de actividades que espero que sexa do voso agrado.

ACTIVIDADES:

CONTO
Aquí tendes unha preciosa historia...Un recurso estraordinario para traballar habilidades sociais, é dícir, aprender a ser tolerantes, aceptar que todos somos diferentes, todos somos iguais. 
Se premedes na image de abaixo podedes escoitar o conto e ver outras actividades relacionadas 


Este conto "POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA" trata sobre a amizade, a diferencia, e a inclusión. Pero ademais de traballar estas ideas a partir da lectura do libro, pódense realizar moitas outras actividades: 
  -Formas xeométricas.                                              -As cores.
  -Concepto dentro-fóra.
  -Concepto grande-mediano-pequeno...
  -Desciframos mensaxes secretos escondidos na 
    caixa dos bloques lóxicos.
  -Relacionamos siluetas coa forma xeométrica 
    correspondente.  

Aquí tendes algunhas suxerencias de actividades que podemos facer despois de ler o conto.






Materiais necesarios:
Cartón, rotuladores ou témpera, papel craft ou cartolina, plástico transparente adhesivo, velcro.

Déixovos tamén este bonito conto "Por las cuatro esquinitas de nada" en formato teatro de sombras.



Si os sobran recortes da actividade anterior podedes aproveitalos, e formar estas composicións tan chulas. Só necesitades folios ou cartolinas  de cores, cartón, pegamento...... e con un pouco de imaxinación, cada ún ou unha que pegue as formas como queira.
         
                          


Estas composicións fóron feitas por nenos e nenas maiores, da ESO...pero vos podedes facelas igual ou mellor... asi que... animádevos...!!

SIMETRIAS
A simetría é un recurso infantil espontáneo para debuxar o mundo que lles rodea. Aos nenos e nenas encántalles debuxar, e o debuxar representan a realidade que ven e coñecen. Nestes debuxos que fan, encóntrase a representación espontánea das simetrías.
Agora, déixovos aquí, unhas fichas de simetrías:



GRAFOMOTRICIDADE                     
Aquí tendes suxerencias para traballar a grafomoticidade dunha maneira moi sinxela.




Material necesario: Folios ou papel blanco craft, rotuladores, palillos de cores, e cinta adhesiva tamén de cores ( para facer as divisións da segunda actividade ).



LECTO-ESCRITURA
Agora imos recoñecer as vogais nesta ficha, buscar o obxecto que empece pola vogal indicada e tachar os demáis.



Aquí tendes que copiar as palabras.



Agora collemos un folio, facemos as raias como está no modelo, poñemos un nome calquera arriba, e vamos poñendo as letras según o código de cores que temos a esquerda.



LOXICA-MATEMÁTICA

- Cantidade


 Contade os animaliños que hai na peixeira e poñede o número.


Colorear tantos cuadradiños como indica o número que hay nas mazás.

- Serie numérica ascendente





Completar estas series númericas ascendentes

- Descomposición de números e sumas




 - Orientación espacial e atención



Nunha folla cuadriculada podedes facer esta plantilla.  O neno ou nena ten que colorear según o código que hai arriba.

PLÁSTICA
E agora xa que estamos na primavera imos facer estas flores tan chulas e sinxelas.


Soamente necesitamos pedriñas, cunchas, paos e follas que podedes encontrar calquer día de paseo pola praia ou polo campo.
O día dez de xuño tendes que pasar polo cole para recoller o material. Xa concretaremos a hora por Wats
Bueno familias, aquí remato, espero que teñades unha boa semana, e que desfrutedes moito deste tempo tan marabilloso.

Unha aperta moi forte e moitos bicos...!!!

9º BOLETÍN DE ACTIVIDADES DE 5 ANOS

HOLA FAMILIAS!!!

Aquí vos deixo a nosa antepenúltima publicación de actividades.
Esta semana tamén vos seguirei chamando e vos darei información sobre a recollida de material.

Pero antes, ollo!!!! Porque...


Actividade 1, de DEBUXO DE FIGURAS DE ANIMÁIS
Cantos animáis coñeces e eres capaz de debuxar? De granxa, da selva, do bosque?
Aquí vos deixo un feixe de IDEAS... intentade facer o animal enteiro. Se fai falta, copiade a partir de FOTOS DE INTERNET.







Por se acaso así vos resulta moi complicado, vos deixo un par de enlaces para descargarvos fichas, pero a min gústame moitísimo máis OS AUTÉNTICOS DEBUXOS DOS PEQUES:

http://mundobichejos.blogspot.com/2014/03/dibujos-de-animales-salvajes-para.html
https://webdelmaestro.com/dibujos-colorear-animales/amp/https://pin.it/5b3g10C


Actividade 2, de ATENCIÓN E MEMORIA

Estas son ideas de xogos que estimulan a CONCENTRACIÓN, BASE DE CALQUERA APRENDIZAXE:

Nesa web tedes varios.
Neste outro enlace hai un montón de actividades desta temática para descargar/imprimir: https://pin.it/3fNBusA
Aquí tedes un dominó de ideas moi chulo para descargar: https://www.juegoideas.com/materiales/domino-para-ninos/

Actividade 3, de EXPERIMENTOS

Aquí vos deixo o enlace: https://pin.it/6YLUf7a

Actividade 4, de ARTE
Vale, esta proposta é incriblemente manchona, pero como agora fai calor e moitos de vos tedes espazo natural, por se vos animades a compartir cos peques una PINTURA ALUCINANTE

Por se acaso non queredes manchar tanto (conste que a témpera ou a acuarela se limpa con auga), aquí vos deixo un enlace a ideas de pintura creativa un pouco máis simples: http://www.mundoderukkia.com/2016/08/actividades-verano-pintura.html


Actividade 5, de NÚMEROS
Este xogo dos BOLOS de reciclaxe sirve para SUMAR OS PUNTOS QUE GAÑAS, e ao mesmo tempo, traballar a COORDINACIÓN ÓCULO-MANUAL (vista e man funcionando ao mesmo tempo), que é importantísima para a LECTURA E A ESCRITURA.
Por suposto, podedes poñer NÚMEROS MÁIS ALTOS, se as sumas elementais xa as teñen dominadas.




Tamén o podedes facer TIRANDO DADOS ou nun papel. INSISTO EN QUE CANTO MÁIS O FAGAN MANIPULANDO, A TRAVÉS DUN XOGO, MOITÍSIMO MELLOR QUE EN PAPEL:





Por último, unhas recomendacións e aclaracións.
Sabemos que estades preocupados. Preocupados polo baleiro destes meses na formación escolar dos vosos fillos. É natural. Sinceiramente, nós tamén estamos preocupados. Non entanto, cada un dos colectivos, familias e profesores, temos que ocuparnos PRINCIPALMENTE do noso cometido. 
O que máis ben lles vai facer, indubitablemente, é que fagades ben o voso traballo de crianza e de normas de educación, de actitudes, de COMPORTAMENTO. Iso só podedes facelo vós. Aproveitade este tempo compartido para reflexionar sobre o voso estilo educativo e reforzar puntos febles. Nós, pola nosa banda, xa nos estamos ocupando dos plans de reforzo para o ano próximo, estade tranquilos. 



Bicos e apertas mil, Ana. 💚