sábado, 31 de decembro de 2022

O MES DO NADAL NA CLASE DE 3 ANOS

O último mes do ano está cheo de maxia e ilusión, e sendo o primeiro decembro que pasa no cole a tropa de 3 anos, non podía ser menos.
A primeira semana do mes tivo moitos días festivos pero aproveitámola requeteben: recibimos visitas de Pupi cheas de sorpresas, fixemos moitas artistadas de Nadal, decoramos, fixemos galletas, fomos ao cine, compartimos moitos xogos...
 
 

A seguinte semana Pupi seguiu sorprendéndonos coas súas gamberradas e planes divertidos, ademais seguimos facendo decoración de Nadal e compartindo xogos e aprendizaxes. A actividade máis especial desa semana foron as postais de Nadal: eliximos a quen lla queríamos enviar, fixemos as postais, dedicámolas, metémolas no sobre e puxémoslle os selos: traballamos un montón! E por suposto saímos ata correos para envialas: que emoción!!
 
 
 
E a última semana despedimos o Nadal como merece: con risas, bailes, doces... e compartindo cos compis! Fixemos ensaios co profe Tano para o festival, ensinámoslles aos compis as árbores de Nadal que temos na casa, viaxamos no tren do Nadal, compartimos unha merenda especial cos compis de infantil, tomamos a chocolatada da ANPA, tivemos o festival, visitounos mamá Noel....
 
 

Despedimos 2022 recordando que ser diferentes.... mola! 
O ano que ven: máis e mellor!!!

mércores, 21 de decembro de 2022

A MAXIA DO NADAL

Aos nenos e nenas de 4 anos encántanos o Nadal.

Comezamos o mes cociñando galletas de Nadal.








Elaboramos unhas árbores moi simpáticas.

Cambiamos algunhas propostas e introducimos algunhas de Nadal.





 Decoramos a porta da clase

Xogamos cos xogos de mesa

Xogamos ao xogo de memoria de Nadal


Adornos de pasta branca




Levamos a correos unhas postais moi especiais para os nosos amigos e amigas. Ademais deixamos a carta aos reis magos nas caixas de correo das súas maxestades que hai na praza nova.

Fomos no tren de Nadal

Fixemos unha merenda de Nadal cos nenos e nenas da clase de 3 e 5 anos.

 
FAMILIAS! TODOS OS NENOS E NENAS QUEREMOS DESEXARVOS UNHAS BOAS FESTAS!!!
 


luns, 5 de decembro de 2022

ADEUS NOVEMBRO!

Os máis peques do cole despiden novembro con moita enerxía e felices polo ben que o aproveitaron e o moito que aprenderon con todos os compis.
Seguimos gañando autonomía e seguridade no día a día, xogando e aprendendo coas letras, cos números, coas formas, coas cores... traballando moito coas mans para gañar forza e destreza... correndo, saltando... cantando, bailando, pintando e creando, investigando... por suposto, sempre xogando, que é como mellor se aprende.
Así foi a semana do 14 ao 18 de novembro... que gustazo cando a chuvia nos da tregua para aproveitar o patio ao máximo!

 

Do 21 ao 25 de novembro, ademais de seguir traballando na aula cos compis, dedicamos momentos especiais a preparar o 25N con contos, obras de arte e outras dinámicas para entender e berrar ben forte: STOP VIOLENCIA! porque o que nos gusta é o bo trato!

  

Do 28 de novembro ao 2 de decembro, entre outras cousas, celebramos o mes da ciencia facendo un experimento na aula de arte: atopamos un tesouro!
  

Xa comezamos decembro e estamos desexando desfrutar este mes tan especial cheo de maxia... e Pupi vaino desfrutar con nós!!

domingo, 4 de decembro de 2022

PROXECTO DO CORPO ...

Os nenos e nenas de 4 anos estamos inmersos no proxecto do corpo humano. Estivemos investigando sobre a función do esqueleto e o nome dalgúns osos. Puxémonos mans a obra e elaboramos o noso propio esqueleto.

Primeiro pintamos os rolos de papel de cartón de cor branco e compuxemos o esqueleto.

Despois escribimos o nome dos principais osos do corpo.

Colocamos cada nome no seu oso.



Estivemos falando do que nos pasa cando rompemos un oso e como facemos para curar. Fixemos a radiografía das nosas mans.

 Somos uns grans artistas

 Estreamos uns crebacabezas magnéticos do corpo humano (músculos, esqueleto, aparato circulatorio, dixestivo e partes do corpo) A verdade que nos encanta!!!

  Algúns dos traballiños que fixemos

 Traballamos a conciencia fonolóxica



Facemos series de Samaín:


Xogamos a un Xogo de Memoria cos elementos de outono. Consiste en intentar memorizar os elementos de outono que aparecen nos círculos. Colocamos unha plantilla na landra e deixamos uns segundos para que o memoricen. Despois, quitamos  a plantilla e os nenos e nenas teñen que colocar na landra os elementos correctos.

Xogamos coas formas xeométricas (círculo, cadrado, triángulo, rectángulo e semicírculo):

Xogamos ao Dominó do outono (primeiro en gran grupo e despois en pequenos grupos):

Coa profe Bea seguimos facendo cousas chulísimas de grafismo creativo:
Algunha das novas propostas

Polo 25N fixemos unha asemblea moi produtiva sobre as cousas que non se poden facer e cales si. Temos moi claro que non queremos VIOLENCIA. Fixemos uns sinais de prohibido violencia.