sábado, 22 de outubro de 2022

SUPERADO O PRIMEIRO MES NO COLE

Despois dun mes no cole, os máis peques van facendo piña e cada día van collendo máis confianza, por iso comezan moitos días con apertas de bos días. E aínda que levan pouquiño no cole xa se animaron a facer a súa primeira andaina con todos os compis de infantil, e fixérono xenial!!
 

mércores, 12 de outubro de 2022

XA ESTAMOS NA CLASE DE 4 ANOS

 Na clase de 4 anos os nenos e nenas comezamos o curso con moita enerxía. O tempo pasa moi rápido e neste verán medramos moitísimo.

Nos primeiros días traballamos o conto "Aquiles o puntiño" e a partir del decidimos facer os nosos corpos con diferentes formas xeométricas dando renda solta a nosa creatividade.




Anxo e Antón trouxeron espigas de millo e foron todo un éxito, pois todos quixemos debullar. Agora temos o millo na mesa sensorial para xogar.

Para darlle a benvida ao outono fixemos un pequenos murais e pintamos a cara. Ademais fixemos unhas variñas de outono coa profe Bea.

 

 

 

Estamos traballando un pequeno proxecto dos nosos nomes, e entre outras cousas fixemos o noso nome con palliñas. Coa profe Bea compuxemos o noso nome estampando letras.



Este curso estamos facendo desdobres e a profe Bea nos leva a aula de luz, traballamos cos ipads, robótica, facemos grafismo creativo e arte. Encántanos!!!







Normalmente aproveitamos o momento da asemblea ou dos desdobres para facer xogos de lóxica-matemática, lecto-escritura e xogos de mesa.

 Cargamos os camións con tantas pezas como indica o número

Xogamos coas cartas de cans- números

Xogamos coas cartas de dedos

Xogamos ao bingo

O frutalito
 

 Xogamos a "Os tres porquiños e o lobo"

 No mes de setembro celebramos a aniversario de Vera Méndez que xa ten 4 anos. Parabéns campiona!!!



 Aprendemos moitas cousas e sempre xogando!!!

 

 






 Recollemos mazas podres para facer compós


martes, 11 de outubro de 2022

A TROPA DOS PEQUES SEGUE PASIÑO A PASIÑO

Sen presa, pero sen pausa, seguimos avanzando cara adiante, buscando estar cada día máis a gusto, para aproveitar a tope o tempo que pasamos no cole. Cada día coñecémonos máis e imos facendo grupo, que tamén nos axuda a estar máis cómodos. Incluso aproveitamos para facer pícnic, que facer iso en Galicia en outubro é todo un luxo!

luns, 3 de outubro de 2022

DESPEDIMOS SETEMBRO NA CLASE DE 3 ANOS

E así despedimos o mes no que nos estrenamos no cole de maiores: facendo unha pulseira máxica, a pulseira dos bicos. 
Esta semana traballamos un montón e xogamos aínda máis. Pouco a pouco imos descubrindo todos os recunchos do cole e sentímonos máis comodos.
 

Aquí vos deixamos un vídeo que resume parte do que fixemos estes días. O máis importante é que seguimos gañando confianza para, día a día, estar máis a gusto desfrutando do cole e de todas as cousas chulas que facemos aquí.
 

domingo, 2 de outubro de 2022

ASÍ VOLTAMOS OS MAIORES!!

Ola familias!! Xa estamos de volta comezando unha nova etapa que esperamos estea chea de novos descubrimentos, experiencias e aprendizaxes.

Setembro foi un mes cheo de novidades e celebracións, achegádemos a esta ventaniña a ver o que fixeron os peques:

Despois de pasar un verán pola nosa horta, mirade que bonitos estaban os nosos tomates:


Entre todos decidimos aproveitar os tomates recollidos para facer unha pantumacada!! Como nos gusta!!!





Tamén aproveitamos as mazás da nosa maceira e decidimos facer un biscoito de mazá, encantanos cociñar!





Queda claro que os de 5 anos somos moi lambóns....

Temos novos recunchos e materiais que exploramos de xeito libre e creativo: 

No recuncho de Matemáticas traballamos para chegar a nocións de espazo, cantidade, seriacións, ordenacións, etc..


O recuncho de Arte está a tope de producción:

Un dos recantos que máis nos gusta é o de Puzzles e Xogos de Mesa, aquí traballamos a percepción e memoria, ademais do traballo en equipo e saber respectar as regras de cada xogo e quendas.


 

Tamén temos unha zona nova de creación de mandalas e de diana, para afinar a puntería:

Na zona de asamblea seguimos traballando actividades manipulativas de matemáticas, actividades de lectoescritura (xa estamos introducindo as minis) e comezamos un miniproxecto sobre FAROS:



O que aprendemos na asamblea, despois traballámolo na ficha:

Nos desdobres, coa profe Bea, divertímonos moito, argalla cousas que nos encanta facer!!


Tamén visitamos a aula de luz que nos encanta:




 Este mes celebramos os aniversario de ARI, SARA e EYDAN:

E para relaxarnos non hai nada como un bo paseo pola carballeira ata o río, un contiño, música clásica e pequeno descanso,  e sobre todo, modelar coa plasti que nos relaxa e nos encanta, e facemos cousas moi chulas!




Esperamos que o mes de outubro sexa tan produtivo como o foi setembro, vémonos!!!