sábado, 27 de xaneiro de 2018

PARABÉNS LAURA!

Laura celebrou o seu 4º cumpleaños e foi un pracer compartir ese día con ela. 


Trouxo un montón de fotos dende que estaba na barriga da súa mamá


e desfrutou moito ensinándollas aos compis.

Deu 4 voltas ao sol e cada ano que pasaba ensinábamos fotos do moito que medraba. 


Alegría compartida cos compis....

....con moito amor!

Tamén decorou a súa coroa coa axuda de algunhas compis. 


E así de bonita lle quedou!


Laura decorou a súa inicial con moito coidado e atención.


A súa L quedou chulísima!

E xa luce no muro das iniciais que pouco a pouco se vai enchendo de cores!


Por suposto levou o cadro de recordo coas pegadas dos compis e da profe, un agasallo moi especial!


Non podía faltar o momento musical onde todos cantamos e rematamos bailando. 

  

E como xa se acerca o entroido sairon unhas felicitacións moi divertidas jejeje

mércores, 24 de xaneiro de 2018

APRENDENDO CO ESQUELETO

Como xa vos contamos, a nosa compi Lucía, da clase de 3 anos, rompeu unha perna (premede AQUÍ se queredes saber máis). 
Xurdiron un montón de dúbidas na clase: como se rompe unha perna?, en que parte se fixo dano Lucía?, poden curala cunha tirita?.... e así un montón de interrogantes.



E non nos gusta quedarnos coas dúbidas sen resolver, así que subimos á biblioteca a investigar e alí recibimos unha visita moi especial: un esqueleto! Vimos todos os ósos do corpo, o duros que son... e localizamos onde está a tibia, que foi o óso que rompeu a nosa compi. Cun pau de madeira vimos o duros que son os ósos pero como poden romper...



...y fixemos un simulacro de como fan os médicos para curar unha fractura, usando un calcetín moooooi duro que se chama escaiola (a algún costoulle crer que as milagrosas tiritas que todo o curan non fosen suficientes jejeje)

Tamén vimos unhas radiografías na mesa de luz, esas fotos especiais coas que os médicos poden ver os ósos aínda que estén dentro do corpo.... pareceunos algo incrible!!



E por suposto, xa que estábamos na biblioteca, aproveitamos para ver libros sobre o corpo humano e o esqueleto, e este chamounos especialmente a atención: Ilumianatomía. O libro leva unhas gafas e segundo a cor coa que mires podes ver unhas cousas ou outras: alucinamos!



Todos quixemos ver os ósos, os músculos, por onde vai o sangue... pero sobre todo localizar a tibia para entender porque a Lucía lle doe a perna e non pode camiñar. 



Pasámolo fenomenal co esqueleto e encantounos poder tocalo e comprobar, tocando o noso propio corpo, que todos esos ósos os temos dentro cada un de nós: o corpo humano é marabilloso!

LUCÍA BOTÁMOSTE DE MENOS!

Na clase de 3 anos, fai máis dun mes que non vemos a Lucía por culpa dun desafortunado accidente que a ten de repouso na casa dende as vacacións de Nadal.
Os compis bótana moito en falta e preguntan moito por ela, así que se lles ocorreu mandarlle unha carta que ditaron entre todos:


E por suposto a carta foi firmada por todos dunha forma mooooi especial: chea de bicos!! Así que pintamos os labios e mandámoslle os nosos bicos a Lucía


Xa vos contaremos as clases de anatomía que xurdiron estes días porque todos teñen moita curiosidade por saber que lle pasou, como está... pero sobre todo teñen ganas de vela e darlle moitos mimos.... e xuntando todos os seus pensamentos e sentimentos saíu este vídeo:



Como din no vídeo, ocorreuselles mandarlle cousas para xogar na casa porque lles da moita pena que aínda non veu os agasallos dos reis. Así que entre todos elixiron que mandarlle, algún avisou que tiña que ser algo ao que puidese xogar sentada, e case por maioría elixiron a árbore musical e o conto dos puntos que lles encanta. 


Lucía volve pronto porque temos 
moitiiiiisimas ganas de verte!

luns, 22 de xaneiro de 2018

TRABALLANDO E XOGANDO

Ao mesmo tempo que xogamos estamos traballamos moitas cousas: cores, motricidade fina, series, atención.... que ben o pasamos no cole!
 


  


domingo, 21 de xaneiro de 2018

SALTOS DE CORES

Os peques do cole recomendaron un libro titulado: UN LIBRO, co que están xogando e desfrutando moito. 
E a tope desfrutan nesta piscina chea de puntos!! Menuda sorpresa para os recreos nos días de chuvia!




Mirade o ben que o pasan saltando e nadando! 

sábado, 20 de xaneiro de 2018

UN LIBRO

Na clase de 3 anos estamos descubrindo a Hervé Tullet, un artista colorido e alegre que nos contaxia e nos divirte moito. Comezamos co seu conto "Un libro", tan sinxelo como divertido, que os peques non se cansan de ver unha e outra vez. 



Tamén xogamos con este xogo do mesmo autor. En canto abrimos a caixa cada un investigou como se utilizaba e inventaron diferentes xogos. 




Tamén nos inspirou para facer algunha obra de arte cos puntos e as nosas iniciais utilizando témperas. 



Inspiración alegre e colorida a partir dun sinxelo libro e moi divertido que sin duda vos recomendamos. 



Incluso descubriron un punto vermello pegado no alto da porta da clase que os ten mooooi intrigados e que están desexando premer!!!





Aquí tendes unha mostra e si queredes desfrutalo en directo xa sabedes: estades convidados á biblio do cole os martes e xoves de 16:30 a 18:30!


Nós seguiremos xogando cos puntos!

MURAL DE OUTONO

      No trimestre pasado fixemos o mural de outono. Estivemos o longo deste trimestre traballando nel con diferentes técnicas e materiais: mestura de cores con témpera, collage, ceras...etc.
      

domingo, 14 de xaneiro de 2018

ARTE EN MOVEMENTO: PINTANDO CON CANICAS

O cole está cheo de artistas que desfrutan un montón pintando de diferentes maneiras.



Esta vez os peques da clase de 3 anos probaron a arte en movemento... e pintaron con canicas!!



Elixir 3 cores, botar as canicas e.... a rodar e pintar!



Mirade que sinxelo e divertido... e todos alucinados e sorprendidos por pintar con canicas!


Aquí vos deixamos algún exemplo do bonitos e coloridos que quedaron os cadros. 



sábado, 13 de xaneiro de 2018

PARABÉNS ÓSCAR!

Na clase dos máis peques xa empezamos a celebrar os aniversarios de 4 anos: que maiores somos! 



Óscar compartiu este día tan especial cos nenos e nenas da clase, que lle axudaron a decorar a coroa. 



Óscar foi o primeiro en dar 4 voltas ao sol mentres os compis lle cantaban e lle axudaban a contar. 



Estamos moi contentos porque todos estamos camiño de 4 anos!!!



En cada volta ao sol vimos fotos de Óscar dende que naceu, e despois seguiron vendo as fotos... é algo moi emocionante ensinarlle aos compis como medramos!



Por suposto seguimos decorando a nosa parede das iniciais e Óscar fixo a primeira de 2018. Tiña moi claro que quería pegarlle algunhas cousas da caixa do outono...


Despois de elixir e pegar todo o que quixo este foi o resultado!


Tivemos unha merenda especial con zume e gusanitos que Óscar trouxo para compartir: somos uns lambóns!



E por suposto soplamos a vela co noso compi que xa ten 4 anos!



E cantamos en galego, inglés e castelán.... mirade con que enerxía!



Despois repartimos uns globos que nos regalou Óscar, e decidimos xogar cos que sobraban... e xogando, xogando: acabamos bailando!



Encántanos compartir este día tan especial todos xuntos e levarnos recordos dos compis!