Este mes de novembro tivemos de aniversario a Antón, Salma e Unai que cumpriron xa 4 anos!!! Aquí déixovos unhas fotos para que vexades como decoran as súas coroas e o guapos e maiores que están.
MOITOS PARABÉNS LAGARTIÑOS!!!
Este mes de novembro tivemos de aniversario a Antón, Salma e Unai que cumpriron xa 4 anos!!! Aquí déixovos unhas fotos para que vexades como decoran as súas coroas e o guapos e maiores que están.
MOITOS PARABÉNS LAGARTIÑOS!!!
Ola familias!
Hoxe aproveitando o bo tempo decidimos saír do cole a visitar a carballeira que temos xusto detrás do noso patio. Xa levamos algún tempo traballando sobre as árbores do outono, e nesta ocasión quixemos ver os carballos de preto.
Estabamos moi inquedos... era a nosa primeira saída! Pero portámonos de marabilla, así que deixamos as profes con ganas de levarnos máis veces!
Aproveitamos a saída para recoller follas de carballo, landras e bugallos.
Ola familias!!
Nesta ocasión os pequechos de tres anos queren amosarvos como nos iniciamos no mundo da lectoescritura.
O máis importante é comezar polo máis significativo é para eles: o seu nome.
Comezamos pola súa inicial, e aproveitamos os recursos que temos para compoñela de forma manipulativa.
Unha vez recoñecida e asociada cadansúa inicial, pasamos a facer actividades co propio nome:
Con letras grandes de espuma.
O encargado do día repasa o seu nome e despois asocia as letras con outras magnéticas.
Compoñen o seu nome con letras de madeira, repasan e tentan escribilo soíños.
Aproveitamos a mesa de luz para compoñer o seu nome coas letras translúcidas, repasamos con pincel...
Aprendemos un montón!!
Ola familias! Levamos case toda a semana falando sobre os dereitos dos nenos e nenas. Na clase de cinco anos estivemos debatendo para saber se coñecíamos ou non eses dereitos.
A través de diversos contos que nos proporcionou a nosa mascota Arnaldo averiguamos cales eran ditos dereitos. Despois, cada nena e neno fixo o seu propio cartel cun dereito acompañado dun debuxo.
E o propio día dos dereitos da infancia (hoxe día 20 de novembro) gravamos un vídeo e colocamos os nosos carteis cos dos demais compañeiros e compañeiras do cole. Aquí vos deixamos o vídeo e as fotos.
QUE VIVAN OS DEREITOS DA INFANCIA!
Ola familias!!!
Aquí estamos esta semana para ensinarvos algunhas actividades que estivemos a facer estes días cos ipads e bebot (aproveitando que eramos grupos reducidos e que nos gustan moito.
Ola familias! Co motivo do magosto, esta semana no cole, celebramos a semana das castañas. Realizamos unha serie de propostas onde as castañas foron o elemento protagonista.
Contamos o conto “O magosto” e despois traballamos o vocabulario do mesmo escribindo palabras como castaña, castañera, cucurucho, magosto, gaiteiro...
Outra actividade que levamos a cabo foi escribir os nomes con castañas.
Tamén xogamos cos dados e coas castañas. Tiñamos que tirar os dados e colocar tantas castañas como indicase o número.
Outra proposta foi facer formas, obxectos... coas castañas.
Tamén realizamos outra tarefa, que non era sobre castañas, senón sobre outro alimento típico desta época do ano como é o millo. O alumnado debullou o millo que despois empregamos para outra actividade. Aquí vos deixamos o vídeo.
Ola familias:
Hoxe ensínovos outra actividade que facemos todos os días no momento das rutinas diarias. Trátase dun medidor de nomes: cada día o encargado/a escribe o seu nome, contamos cantas letras ten e vemos quen ten o nome máis longo, máis curto, cantas letras ten máis, cantas menos, igual cantidade de letras, cores...