Continuamos co noso proxecto sobre o corpo humano e outra das actividades que facemos todos o días é ver o que crecemos . Para iso pesámonos e medímonos e apuntamos os datos no papel que vos enviei a casa e onde cubristes os mesmos datos cando eran bebés.
Outra das cousas que estamos a facer diarimente é a nosa silueta. Para isto aproveitamos para coñecer a un artista cuia obra caracterízase polo uso de siluetas de moitas cores e en diferentes posturas: "Keith Haring". Para coñecer a este artista estivemos vendo algunhas das súas obras, reflexionando o que podían significar e imitando as posturas que nelas aparecian. Aquí tendes algúns exemplos dos resultados:
imágenes sacadas de ochodamas.com y decoracionia.net
Cada día, ó encargado/a, debuxámoslle a súa silueta adoptando diferentes posturas e as coloreamos.
E estamos a facer a nosa propia obra de arte inspirada en Keith Haring. Así nos está a quedar. Esperamos que vos guste!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario