mércores, 27 de marzo de 2024

OS PEQUENOS DE TRES SEGUIMOS CRECENDO!!!

 Os pequenos de tres anos seguimos crecendo e xa superamos o segundo trimestre xogando, compartindo e aprendendo unha chea de cousas. Aquí deixámosvos algunhas fotos das cousas tan interesantes e divertidas que facemos no cole. Esperamos que vos gusten!!!

-  Un día en clase atopámonos unha araña que chamou a nosa atención. Aproveitamos este achado para iniciar o proxecto relacionado con "PDI  do cole" deste ano que versa sobre a "flora e fauna de Seixo" . E así, prantexándonos moitas dúbidas e contando coa colaboración das familias, comezou o noso primeiro proxecto "As arañas".

 

Os nenos/as troxeron os seus traballos de investigación que expuxeron os compañeiros/as e relizamos moreas de actividades sobre as arañas , as súas características, curiosidades... Aprendimos moitas cousas sobre elas.






 -Chegou o entroido e ademais de facer diferentes traballamos plásticos como uns chulísimos antefaces na aula de luz disfrazámonos de simpáticas arañas .




 - Tamén traballamos o Día de Rosalía de Castro

- Xogamos con Hervé Tullet...





- Continuamos coñecendo as letras (sobre todo as dos nosos nomes ).






- Traballamos a época do ano na que nos atopamos 

 







- Aprendemos xogando nos diferentes recunchos e con diferentes actividades.







- Coa profe Jeni facemos cosas xeniais e super chulas coa plastilina 

- E como non seguimos celebrando os aniversarios destes meses. Felicidades Azael, Brais e Caty!!!



Esperamos que vos gusten as cousas que fixemos e...disfrutade moito das vacacións para volver con moito ánimo a por o terceiro trimestre!!!

Boas vacacións familias !!!



luns, 25 de marzo de 2024

O 2º TRIMESTRE NA CLASE DE 5 ANOS

Neste trimestre estivemos traballando o  proxecto: "Os piratas". Estivemos investigando sobre qué e cómo eran, partes do barco pirata por fóra e por dentro, qué comían e bebían, as súas enfermidades, un corsario moi importante da nosa zona como Juan Gago de Mendoza,...

Elaboramos o noso código de conduta pirata.


 Algúns compis trouxeron cousiñas de piratas.

Xogamos ao cinquillo coa baralla pirata

Recibimos moitos agasallos dos Reis Magos.

  Traballamos lectoescritura coma sempre a tres niveis (manipulativo, vivencial e tamén simbólico ou gráfico)

 Neste xogo para asociar letras maiúsculas e minúsculas temos que poñer cada gorro no pingüín correspondente.

  Neste xogo, que segue a mesma dinámica que o anterior, tivemos que aparcar cada coche no seu sitio asociando cada letra maiúscula coa súa minúscula

 Xogo de conciencia fonolóxica

 Escribimos e contamos o número de vogais e consonantes

  Realizamos a grafía das letras minúsculas

Xogamos cos nosos nomes en minúscula e despois escribímolos.

No eido da lóxico matemática continuamos facendo xogos. Despois dos xogos facemos o traballo en papel.

  Xogamos co taboleiro do 100 (encántanos)

Xogamos coa casiña de descomposición dos números.

Estamos traballando as formas en 3 dimensións      (cubo, pirámide con base triangular, pirámide con base cuadrangular, pirámide base pentagonal e hexagonal, prisma de base triangular, prisma de base pentagonal,...)

 Xogamos cos discos numéricos.

Xogamos ao cinquillo coas cartas de animais

Xogamos a plumilla postal

Xogamos ao Chaf chof

Estamos practicando cos cordóns dos zapatos pero aínda é un pouco complicado.

Elaboramos pulseiras ensartando abalorios (encántanos e non paramos de facer pulseiras)

Xogamos a facer sumas


Xogamos a ordenar por tamaños, ao "Memori"dos piratas que preparou a profe Nerea e ao "3 en raia".

Xogamos a construír enriba de espellos

Facemos retos co arco da vella
Fixemos xogo de observación do inverno

Xogamos ao "Bingo das partes e órganos corpo humano" para refrescar o que traballamos en 4 anos co proxecto do corpo humano(da gusto ver como aínda nos lembramos de moitas cousas)

Obradoiro "Sonoterapia"


 Traballamos o conto "Voy a comedte" coa profe Jeni.


Xogamos cos dados no patio


Tiñamos olvidadas estas fotos preparando a decoración de Nadal.


Celebramos os aniversarios de Ariadna, Oliver, Leyre e Vera L. Parabéns xa son 6 aniños!!!




BOAS VACACIÓNS!!! VÉMONOS AXIÑA CON GANAS DUN NOVO PROXECTO!!!