luns, 30 de marzo de 2020

BOLETÍN ACTIVIDADES 5 ANOS (III)

Benqueridas familias:

Moitísmas grazas polos emails! Significa moito para nós saber que estades ben, ter noticias de como estades a vivir o confinamento e que actividades vos están sendo de utilidade. Fantásticos os aportes que lle estades a enviar a Arnaldo tamén ;)

Esperamos que as propostas desta semana vos gusten. Continúan a liña das rutinas de aula que traballábamos este segundo trimestre.

Bicos e apertas mil!!!

Actividade 1: Esquema Corporal

  • Sinalar partes e detalles do corpo (talón, pestanas, cellas, lunares, lóbulo, queixiño...)
  • Debuxar a súa figura, diferenciando: cabeza, tronco, brazos, palma das mans, dedos, pernas e pes. 

Materiais complementarios:

Actividade 3: Localización espacial

  • Esconder un obxecto e dando pistas (con nocións espaciais: dentro, fora, enriba, debaixo, sobre, tras, a un lado, detrás...) ter que atopalo. 
  • Dando esas consignas espaciais, o neno/a se sitúa. Exemplo: á voz: enriba! Se sube a un banquiño ou mesa. Este o fixemos na clase e para colocarse dentro usamos... unha caixa de cartón (que valen tamén para xogos de imaxinación, como nesta foto)                    


Actividade 4: Facer series

  • Ordear os calcetíns (ou vasos, tazas... calquera cousa) por cores e os zapatos por tamaños. Estamos traballando os cuantificadores: maior que, menor que, máis que, igual que...

Actividade 5: Formas xeométicas

  • Atopar as figuras xeométricas básicas (círculo, cadrado, triángulo e rectángulo) contidas nos obxectos da casa. Ex: primeiro buscamos todos os rectángulos (lavadora, mesa, tele...); despois os círculos (o reloxo da cociña...)

Actividade 6: Asumir unha responsabilidade nova e máis difícil!!!
  • Exemplo: Levar a xarra de auga da cociña ata a mesa sen verter. 
  • Exemplo: Atar os cordóns https://pin.it/2HSc9x8

Actividade 7: Ler, ler, ler ... y escribir

Atopei pola casa algúns dos meus libros máis queridos da infancia. Este mo leu miña nai mil veces polo menos... era un libro para aprender a LL : )

Aquí vos deixo material complementario:
  • Neste enlace aparecen libros en maúscula para aprender a ler. En varias páxinas web das editoriais colgan algunas das ilustracións e dos textos, que poden servir para ir calentando motores para cando podamos volver a mercar ou ir ás biblios https://pin.it/67WN2jX
  • Neste enlace (e debaixo despóis) aparecen fichas con palabras escritas en maiúscula, que eles poden unir co obxecto lendo a primeira sílaba. https://pin.it/U8DyKqz
  • Neste enlace aparecen fichas para completar as vogais que faltan https://pin.it/7euytlm
  • Aquí aparecen puzzles de sílabas, de Nomes sinxelos de animáis https://pin.it/7k9JnQB
E un conto ben contado https://youtu.be/Eiypr98wXWE

Actividade 7: Serie numérica
  • Se tedes uns tentes desparellados por ahí, podedes facer a serie numérica desta maneira... senón con fichas ou escribindo en papeliños ou cartón simplemente.


Espero de corazón que vos gusten as propostas e espero con moita ilusión os vosos mails contándome cómo estades traballando nestas e nas cousas tan orixinais que seguro estades a facer nas vosas casas! Un biquiño xigantesco!!!






BOLETIN DE ACTIVIDADES 4 ANOS (III)

Ola familias...!!!
Estou supercontenta porque xa mirei por whatsapp o que traballades na casa con vosos fillos e cantidade de cousas superchulas que facedes... este é un bo momento para poder desfrutar da súa compañía xogar e aprender con eles. Seguide así ....cada día que pasa é un día menos que queda para estar de volta no cole e poder abrazarnos

O día 21 de marzo ademais de ser o día da poesía comezou a primavera déixovos aquí un vídeo moi chulo


Vamos traballar un poema sobre a primavera non ten porque ser este pode ser outro calquera que vos elixades.

     
ACTIVIDADES:
* Aprendede de memoria un anaco desta poesía a ver si sodes capaces... eu creo que si... ÁNIMO !!!

* Copiar P R I M A V E R A (teñen que ter un modelo)
- ¿Cantas letras ten?
- Rodea as que están no teu nome.
- Busca palabras que empecen por P, R, I, M, A, E.


* Pon os nomes onde corresponda: MARIPOSA, MARIQUITA, ABEJA

* Para descansar un pouquiño imos escoitar un conto titulado " El viejo árbol ". Conta a historia dunha árbore e dos seus amigos os paxaros que se pousan nel. Este é un conto para educar en valores que reflexiona sobre a axuda mutua, as vantaxes da colaboración e do traballo conxunto, tamén da conservación da natureza, e do valor da auga como fonte de vida.


* E agora imos traballar
as grafías das vogais fixándose na direcionalidade correcta (isto é moi importante)


Non podemos esquecer os números que tanto traballamos no cole estes últimos meses, primeiro podemos facelo dun xeito manipulativo con obxectos que temos na casa como pratos tendes, coitelos... con froitas... calzado... pinzas da roupa... etc
Por exemplo ...cando poñemos a mesa.....contar os que vamos a comer... si somos catro... cantos pratos fan falta?... cantos garfos?... si temos cinco laranxas e comemos unha... cantas quedan? Tamén podemos facer series de dous ou tres elementos...
Agora aquí tendes unhas cantas fichas de números, correspondencias, figuras xeométricas. (Os números teñen q seguir a direccionalidade correcta)

* Os números que traballamos no cole son: Do 1 ó 5.
- Grafía correcta
- Identificar número/cantidade
- Contar adiante e atrás
- Cal o maior e o menor ( primeiro dun xeito manipulativo ) 
- Cal está no medio

* Traballamos a lateralidade:
    
* Figuras xeométricas
Atopar na casa as figuras xeométricas básicas.. (círculo, cadrado, triángulo.. .)


Facemos algo de plástica con materiais que temos na casa. Aquí déixovos algunhas ideas. A plástica tamén sirve para traballar letras números series.... A plastilina e un recurso moi importante.. estimula a creatividade 




Imos escoitar con moita atención este conto moi chulo que se titula "La mariquita". O final do conto hai que completar a frase coa pista que che dan as imaxes. Despois de este conto veñen outros co mesmo formato.. "El gato" e "A vaca Valeria"


Despois de escoitar este conto podedes facer esta xoaniña cos materiais q teñades a voso alcance... tamén podedes traballar as letras X O A N I Ñ A como xa fixestes anteriormente e os números





Espero que estas propostas vos sexan de utilidade. Xa sabedes que podedes botar unha ollada as publicacións das miñas compañeiras e tamén o blog "As pegadas de Arnaldo" 
Moitas gracias a todas por compartir no grupo os traballos dos vosos fillos e fillas. Unha aperta moi grande e moitos bicos. Xa sabedes que estou a vosa disposición no grupo e tamén por email. 
E recordade quedar na casa para poder vernos pronto

BOLETÍN DE ACTIVIDADES 3 ANOS (III)

Ola familias!!!
Xa estamos por aquí de volta e xa mirei todas as cousas super chulas que estades a facer!!! Faime moita ilusión recibir novas vosas e poder mirarvos, por que sabedes unha cousa... BÓTOVOS MOITÍSIMO DE MENOOOOOSSSSS!!! pero non vos preocupedes que xa queda menos e en nada estaremos de novo de volta no cole xogando e desfrutando coma sempre!!!

O 21 de marzo, ademais de ser o día da poesía, tamén comezou a primavera e por iso nesta semana imos traballar sobre esta colorida estación.

1. Conto primaveral. Comezamos mirando un conto sobre a primavera que espero que vos guste. Para iso, fai clic na seguinte ligazón
* Falamos da historia que acabamos de escoitar e facémoslles preguntas de compresión sobre ela:
- Que pasou con Pepón? Que nota diferente Pepón fóra da casa? Quen aparece no conto? E por que volve? Que planta Pepón?
E a partir de aquí podemos falar con eles de que cousas necesitan as plantas para medrar o que nos leva a seguinte actividade:
* Imos plantar unha semente. Para facelo podemos empregar un envase de iogur que decoraremos como queiramos. Metemos algodón (se non temos podemos facelo con papel de cociña ou hixiénico) e lentellas ou fabas e o humedecemos. O colocamos nun lugar onde lle de o sol e esperamos a que naza. Outra idea que fixen eu na casa foi empregando unha bolsa de plástico transparente e así eles poder ir vendo o seu crecemento.



2. Poema primaveral. Traballamos sobre unha poesía. Eu escollín unha relacionada coa primavera, pero tamén podedes elixir outra que vos guste.

* Actividades con esta poesía:
- Rodeamos as letras "A"que aparecen na poesía.
 Esta ficha, se non tendes impresora, non é preciso que a imprimades. 
 Podemos traballar cos nenos/as a letra A (e as demáis letras) doutras maneiras divertidas como por exemplo: buscala en revistas ou folletos que temos por casa, nos contos, nas etiquetas de alimentos....   Aquí vos deixo un enlace a un páxina con 10 ideas con letras moi interesantes.

- Que animais aparecen na poesía? Contamos cantos caracois, paxaros e bolboretas hai na ficha debuxados.
- Pola parte de atrás da ficha cada neno/a pon (ou intentar poñer) o seu nome con letras maiúsculas, para iso lles damos un modelo onde estea escrito, para que o vexa e o copie.
- Facemos unha actividade plástica. Aquí déixovos varias ideas, xa que vai depender dos recursos cos que contedes:
  Para facer estes puntiños podemos empregar os bastonciños das orellas, mollando estes na pintura de cores. Se non temos un paliño para facer o corpo podemos empregar outras cousas que se nos ocorran: culler de plástico, paliños finos...
 

 Estas bolboretas, ou as que elixades facer, podedes colgalas nas vosas casas para decorar e enviarme as imaxes para encher o blog de primavera!!!
- Podedes gravarvos recitando  esta ou outra poesía relacionada coa primavera: podedes facelo en familia, empregando disfraces, bonecos ou monicreques, déixovolo á vosa elección!!!
Logo enviádeme o vídeo a miña conta de correo e así poderemos vernos todos e todas de novo a través do blog.

3. Grafomotricidade:
    Igual que no caso da ficha anterior, se non tendes impresora, podedes elaborar vos mesmos a ficha ou podedes tamén traballar este trazo empregando outros materiais 
- Bandexa con pan raiado, area..
 -Repasar diferentes trazos cos bastoncillos das orellas mollados na pintura
-Podemos picar diferentes trazos empregando unha bandexa de poliespan e un escarvadentes.
- Continuar os trazos pegando gomets.


4. Ioga en familia: esta actividade fágoa eu coa miña filla e encántanos!!!
5.  Experimento 
6. Cancion da primavera. Aprendemos esta canción e imitamos os xestos.
7.  Enlace a xogos educativos on line

Bueno creo que por agora chega de propostas.   Xa sabedes que podedes botar un ollo as anteriores publicacións que puxemos en infantil tanto eu coma as miñas compañeiras así como as dos especialistas, o departamento de orientación e sobre todo o blog de "As pegadas de Arnaldo" .
Un bico enoooooormeeeeee e recordade que "canto antes deixemos de facer vida normal antes voltaremos á normalidade"

#NÓSQUEDAMOSNACASA

luns, 23 de marzo de 2020

BOLETÍN DE ACTIVIDADES 5 ANOS

Boa semana a peques e familias!
Para estes días, quería compartir con vós unha reflexión a través de 3 textos e 3 propostas de actividade, na liña de como viñamos traballando na clase, dado o tipo de preguntas que me estades achegando polo correo electrónico. 
Podedes ademáis, botar man dos fantásticos enlaces e recursos que están publicando os meus compañeiros, tanto das outras clases como da biblio ou os recursos do DO. unha aperta grandísima e non dubidedes en escribirnos para todo aquilo no que vos podamos ser de utilidade. Unha aperta xigante












 Seguindo entón nesta liña, as propostas de actividade van ser moi sinxelas e moi... caseiriñas. Creo que sería bonito tamén que recordárades os xogos aos que xogaban con vós na vosa infancia e os compartírades cos vosos fillos; e tamén as tarefas cotiás das que máis disfrutábades. Hai moísima aprendizaxe en dobrar as sabas (SIMETRÍA, COORDINACIÓN), en facer un biscoito (MEDIDA DE TEMPO, PESO, VOLUME) ou poñer a mesa (CORRESPONDENCIA MATEMÁTICA).












BOLETÍN DE ACTIVIDADES 4 ANOS

Ola familias:

    Nestes dias, nos que a escola está pechada, as profes queremos ofrecervos ideas e alternativas para que poidades seguir aprendendo e xogando.O traballo telemático é moi complicado sobre todo en E.infantil, nunca un ordenador podrá suplir a presencia física da profe. 
  De momento recoméndovos que leades e apliquedes as recomendacións dadas para 3 e 5 anos, xa que veñen sendo as mesmas.
    Dadas as circunstancias, imos cambiar un pouco a forma de traballar para que vos resulte máis sinxelo.
  Deixovos aquí un conto moi chulo, que xa compartiron outros profes do cole, sobre o que está pasando. Premede na imaxe para acceder.



     ACTIVIDADES
  Despois de leerlle o conto aos nenos/as podedes facer as seguintes actividades:
  Copiar o nome CORONAVIRUS con lápiz en un folio.
  Contar as letras.
  Comparar o número de letras coas do seu nome:
     ¿Que palabra ten máis letras?
     ¿Cantas vogais hai?Di o seu nome e cópialas.
  Fai un debuxo do conto.
   

BOLETÍN DE ACTIVIDADES 3 ANOS

Ola familias!!! Dende a clase de 3 anos e dada a complexidade para o traballo telemático, queremos suxerirvos algunhas actividades. 


É importante que, na medida do posible e tendo en conta a realidade de cada familia, establezamos unhas rutinas diarias e un programa de actividades. É importante que programemos momentos de actividades individuais, para favorecer a autonomía persoal, e tamén en familia, para afianzar as relacións afectivas. 
Tamén sería positivo incluir tarefas de responsabilidade e colaboración, como as tarefas do fogar, xogos libres e dirixidos, actividade física e momentos de lectura. 

A continuación déixovos unha serie de exemplos que podedes facer nas vosas casas. 
Para entrar nos diferentes enlaces soamente tendes que premer nas palabras que están noutra cor.





TAREFAS DE RESPONSABILIDADE E COLABORACIÓN:
* Recoller xoguetes, facer limpeza (é un bo momento...)
* Axudar a facer as camas
* Axudar a poñer a mesa
* Axudar a facer algunha receita, apuntar os ingredientes, facer un debuxo do resultado final...
* Regar as plantas 
* Gardar a roupa nos armarios con axuda... 

ACTIVIDADES DIRIXIDAS EN FAMILIA: 
* Sería bo que intentedes facer as rutinas que facemos no cole todos os días e que serven para que o neno/a se sinta seguro e tranquilo ao longo da xornada. Estas rutinas repetitivas permítenos situarnos temporalmente na xornada e polo tanto establecer uns horarios, fomentar a autonomía a través de diferentes hábitos... Algunhas destas rutinas que podedes facer son: 
- Observar o día que fai (sol, nubes , choiva... e debuxalo nun calendario) 
- Que día da semana é? 
- Podemos ver cantos días faltan para a fin de semana, para un cumpreanos de alguén que coñezamos... 
- Deixade que se poñan e quiten a roupa soíños, se abotoen, vaian sós ao baño... 

* Ler contos (aquí déixovos un enlace a un conto que explica todo este tema dos virus e trae algunhas actividades que se poden adaptar a eles) e crear os nosos propios contos, buscar nos mesmos e recoñecer as letras dos nosos nomes, debuxar o conto, inventar outro final, buscar outro título ... 
* Xogar as adiviñas, veo-veo, ler poemas sinxelos e memorizalos, facer un debuxo sobre eles... 
* Xogos de mesa: parchís, dominó, oca, xogos de cartas... 
* Xogos para traballar a motricidade fina
* E sobre todo falar, falar moito. É esencial que faledes moito con eles/as, que deixedes que se expresen libremente, intentando non levar sempre o fío da conversa.




ACTIVIDADES DEPORTIVAS EN FAMILIA:
* Grazas a unha profesora doutro cole, aquí vos deixo uns retos para realizar ao longo deste período
* Podemos traballar a motricidade grosa e crear circuítos con cousas que temos na casa
* Ioga en familia 
* Aparte de toda a infinidade de achegas que podemos atopar en internet do tipo: danzas, coreografías, bailes, zumba en familia...

ACTIVIDADES DE TRABALLO INDIVIDUAL: 
*Neste ámbito inclúo todas aquelas actividades relacionadas coa manipulación: plastilina, colorear, debuxar, escribir, recortar, pasar obxectos de un envase a outro, contar, escribir, facer puzzles... 

ACTIVIDADES PLÁSTICAS: 
* Aquí vos propoño que participedes nesta actividade

OUTRAS ACTIVIDADES: 

* Facer un desfile de modelos, xogar a disfrazarnos, xogos populares, tocar instrumentos, facer sesión de cine, facer unha cabana dentro de casa, un pícnic...



Volver a recordarvos que podedes sacar fotos de todo o que vaiades facendo e envialas ao meu correo: profe.bearey.seixo@gmail.com e que calquera dúbida ou problema que teñades estou dispoñible para solucionala.

E para rematar dicir que nestes días que quedan pedímosvos calma, tranquilidade e sentido común, debemos facer caso das recomendacións e quedarnos nas casas: vexámolo como unha oportunidade de pasalo en familia.
Todo pasará e verémonos pronto!!!