luns, 29 de outubro de 2018

PROXECTO MIRÓ (VII)

    Hoxe, e aproveitando a temática do Samaín, traballamos na aula o libro de Vileta Monreal "El círculo de Miró quería ser esqueleto"
   Aproveitando que Eva trouxo a aula unha reprodución da pintura de Miró "Amanecer", traballamos esta pintura a través deste conto tan divertido no que unha pintura de Miró quere converterse nun esqueleto e sentir emocións.
  

  Cando rematamos tratamos de reproducir ao protagonista do conto e estes foron os resultados das nosas obras de arte.
 





venres, 26 de outubro de 2018

FELIZ ANIVERSARIO IKER..!!!

     O pasado 15 deste mes, estivo de aniversario o noso compañeiro Iker que xa cumpriu 3 anos.... Decorou a súa coroa coa axuda dos seus compañeiros... e despois non podía faltar a tarta tan especial que todos fixemos..!!! 
          PARABENS IKER...!!! Esperamos que o pasaras moi ben.




MOCHILA VIAXEIRA

O día da inaguración da biblioteca deixounos a mochila viaxeira unha gran iniciativa que leva libros para toda a familia. Vai a pasar polas casas de todos para que poidamos difrutar dos libros, os cd...

O primeiro en levala foi Eugenio que xa a trouxo de volta, e desfrutou especialmente COCORÍCO e deixouno plasmado na libreta que acompaña a mochila.
Agora tócalle a Óscar disfrutala estas dous semanas.


PROXECTO MIRÓ (VI)

    Esta semana traballamos o libro de Violeta Monreal "Miró un artista con imaginación" de onde sacamos unha xenial idea xogando coa nosa imaxinación e creatividade.

Así quedaron as nosas obras de arte:



xoves, 25 de outubro de 2018

XOGAMOS A DISFRAZARNOS

     Hoxe a familia de Hugo troúxonos unha bolsa chea de disfraces e non esperamos nada para probalos. Moitas grazas!!






COMEZA O SAMAÍN

E sorpresa !!! o chegar estaba decoranda a porta da aula; Unha porta mostruosa, ademáis nos corredores e escaleiras teas de araña, bruxas....


Todos temos medo a algunha cousa polo que comezamos a falar que nos asusta e porque e fomos recollendo os nosos medos no noso gran pantasma, nos dan medo: as pantasmas, os morcegos os crocodilos...


Tamén decoramos as nosas pequenas pantasmas o estilo Miró


E convidamos estes días a un novo compañeiro o aula ainda que aun no lle puxemos nome


martes, 23 de outubro de 2018

PROXECTO MIRÓ (V)

  Estes días Pedro tróuxonos o seu traballo de investigación sobre a vida e obra de Joan Miró: onde naceu, viviu, con quen casou, cantos fillos tivo, vimos o taller onde traballaba, algunha das suas obras...

   Tamén trouxo un conto sobre Miró "O cadro máis bonito do mundo" que nos serviu para lembrar as cores que Miró utiliza nas súas obras e traballar sobre elas.

O noso mural xa vai collendo forma. Mirade que bonito nos está a quedar!!!

luns, 22 de outubro de 2018

PROXECTO MIRÓ (IV)

    Hugo estivo a investigar sobre Miró e os seus murais e tróuxonos un traballo moi interesante sobre iso.    


 
    A partir de aquí observamos que Miró utiliza moito  as liñas rectas e curvas e abertas e pechadas e fixemos o noso propio mural ao estilo Miró.






venres, 19 de outubro de 2018

FESTA DA VENDIMIA

       O mércores día 10, a escola infantil "Galiña Azul" invitounos a celebrar con eles a "Festa da vendimia". As profes fixeron unha viña moi especial con follas e uvas que todos trouxemos da casa. Primeiro os maiores da gardería, e os máis peques do cole vendimiamos, e as uvas botámolas nunhas barricas, e despois descalzos pisámolas .. Saíu un zume que estaba "RIQUÍSIMO......"

















mércores, 17 de outubro de 2018

PROXECTO MIRÓ (III)

    Continuando co noso proxecto sobre Miró esta vez foi a quenda de Dimitri que nos trouxo imaxes sobre os  autoretratos de Miró e sobre os lugares onde residiu e viaxou.

    Con todo puxémonos ao choio e convertémonos en pintores recreando nosos propios  autoretratos realistas e ao estilo Miró...








martes, 16 de outubro de 2018

IMOS VENDIMIAR!!!

     O mércores pasado fixemos unha actividade conxunta cos nenos e nenas da Galiña azul de Seixo que consistiu en realizar as tarefas propias da vendimia. recollemos as uvas, pisámolas e probamos o zume de uva.






    Tamén nos encantou recorer a escola infantil, estar cos "bebés" e xogar no seu patio.






















  Moitas grazas por invitarnos ao voso cole e deixarnos participar nesta actividade!!!