sábado, 31 de outubro de 2020

SEMANA DE MEDO!!

Os pequechos de tres vivimos a tope esta semana... aquí tendes a proba, collede os flocos de millo e preparádevos!!

 

SAMAÍN NA CLASE DE 5 ANOS

 Ola familias, toda esta semana estivemos celebrando o Samaín no cole e fixemos unha chea de actividades. Por aquí deixamos unhas poucas: 


Unha mesa de experiencias, onde o alumnado tiña que atopar as calaveras, arañas, ollos, etc. e despois contar cantos tiña.



Fixemos cabazas e calaveras con pasta de modelar. Pintámolas e debuxámoslles unha cara terrorífica. 



Logo, por parellas, utilizámolas para xogar ao 3 en raia. 


Tamén realizamos actividades de simetría con cabazas. O alumnado tiña que buscar a outra metade de cada cabaza.




Outro día fomos ata a biblioteca e estivemos xogando coa bee-bot. Tiñamos que tirar os dados e ir dunha casilla á outra. 



E xa para rematar. Cada neno e nena crearon os seus propios relatos de medo coas siluetas do Samaín na mesa de luz. Unha auténtica marabilla!

















ANIVERSARIOS DE OUTUBRO.

 En outubro celebramos os aniversarios de Gabriel e de Iker. Moitos parabéns! 




mércores, 28 de outubro de 2020

QUE BEN O PASAMOS NO OUTONO

Estes días, aproveitando que non chove, saímos ao patio para buscar as follas que o  vento  do  outono está a deixar polo chan. Mirade que fotos tan chulas  nos sacamos. Estivemos a ver as súas diferentes cores, formas, tamaños, as  rompimos, tirámolas ao aire... Pasámonolo xenial!!!








Despois na clase  aproveitamolas para traballar con elas.





 

martes, 27 de outubro de 2020

ANIVERSARIOS SETEMBRO: PARABÉNS MARIA!!!

 No mes de setembro estivo de aniversario a nosa compañeira María que xa ten os 4 anos. Moitos parabéns María!!!



mércores, 21 de outubro de 2020

OUTONO NA CLASE DE 5 ANOS

Ola familias! Levamos aproximadamente un mes traballando o outono: os cambios climatolóxicos, os alimentos, a vestimenta, etc. 

Aquí tedes algunhas imaxes das actividades que estamos realizando:

Recollimos follas secas no patio e despois, empregando a mesa de luz, repasamos a silueta da folla. 






Logo, cada neno e nena pintou cadansúa folla. 





Tamén realizamos actividades de iniciación á lectoescritura, aprendendo vocabulario relativo ó outono, traballando as diferentes grafías das letras e o son das mesmas. 









Fixemos actividades onde traballamos a atención. 






E tamén realizamos actividades con elementos do outono como piñas, castañas, landras, noces... Estivemos comparando, clasificando, contando e pesando os distintos elementos. 




Despois empregamos as noces, castañas, etc. para contar e para realizar seriacións. 

Añadir título




E xa por último fixemos quebracabezas relativos ó outono. Estamos a aprender un montón!







ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

Velaquí temos a foto de Álex, o único da clase que está de aniversario en setembro. 

Parabéns, Álex!



martes, 20 de outubro de 2020

Obradoiros: "LITERARTE" E "XOGOS+LUZ"

 A semana pasada os pequechos de tres anos comezamos cos desdobres, separámonos nunha hora dos mércores e xoves en dous grupos, uns quédanse na aula coa profe Almudena para realizar o obradoiro que chamamos "LITERARTE". 

Nel traballamos a literatura infantil, escoitamos un conto e compartimos as nosas reflexións sobre o seu argumento, e despois traballámolo de forma artística e creativa.

Esta semana traballamos o conto: PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO, que fala da mistura de cores, da familia e da amizade.


No obradoiro de "XOGOS E LUZ" xogamos coa mesa de luz, nela traballamos as cores, a identificación de animais a partir de siluetas e a composición de debuxos cos contadores.







Tamén nos iniciamos no xogo do dominó, de imaxes e de cores.

sábado, 17 de outubro de 2020

TEMPO DE PATIO

Ola familias!

Aquí vos deixamos unha pequena ventaniña para que vexades todo o que facemos no tempo de patio, non nos aburrimos! Sempre argallando cousas novas 😁




venres, 16 de outubro de 2020

OS DE 4 TAMÉN VOLTAMOS Ó COLE!!!

Benvidos de novo ao cole !!! e con moitas ganas de volver! Aquí estamos de novo outro curso, que aínda que especial e diferente,  seguro que o desfrutaremos e o pasaremos estupendamente!!! Aquí tedes algunhas fotos coas nosas fantásticas botas que nos permitirán pasalo xenial no patio de herba ...





















BENVIDOS E BENVIDAS