Ola familias, toda esta semana estivemos celebrando o Samaín no cole e fixemos unha chea de actividades. Por aquí deixamos unhas poucas:
Unha mesa de experiencias, onde o alumnado tiña que atopar as calaveras, arañas, ollos, etc. e despois contar cantos tiña.
Fixemos cabazas e calaveras con pasta de modelar. Pintámolas e debuxámoslles unha cara terrorífica.
Logo, por parellas, utilizámolas para xogar ao 3 en raia.
Tamén realizamos actividades de simetría con cabazas. O alumnado tiña que buscar a outra metade de cada cabaza.
Outro día fomos ata a biblioteca e estivemos xogando coa bee-bot. Tiñamos que tirar os dados e ir dunha casilla á outra.
E xa para rematar. Cada neno e nena crearon os seus propios relatos de medo coas siluetas do Samaín na mesa de luz. Unha auténtica marabilla!
Ningún comentario:
Publicar un comentario