sábado, 21 de decembro de 2019

AS MADALENAS DE CARMEN

      No mes de novembro a nosa compañeira Carmen trouxo unhas madalenas riquísimas feitas por "ela" e con axuda da súa nai....  Os ingredentes foron:
             FARIÑA
             SUCRE
             OVOS
             LEITE
             PEPITAS DE CHOCOLATE....

    ¡¡ CARMEN QUEREMOS MÁIS MADALENAS!! 





xoves, 19 de decembro de 2019

OS FROITOS DO OUTONO

    O outono é unha estación chea de cores e sabores, por iso os nenos e as nenas de 4 anos fixemos unha degustación dos froitos típicos .. Vimos as diferencias entre froitos secos e carnosos, tamén observamos as formas por dentro e por fora, e despóis pasamos a saborealos.






Xogos novos



Obradoiro de Magdalenas



Mandalas y demás



El cuerpo humano



Taller de género. 8 de marzo


Cumple de Mario



sábado, 14 de decembro de 2019

¡¡¡ FELIZ ANIVERSARIO HUGO.. !!!

    No mes de novembro estivo de cumple Hugo, é o último compañeiro en cumplir 4 anos.... celebrou o seu aniversario cunha tarta en forma de "dinosaurio".... todos sabemos o que lle gustan estes animáis. O dinosaurio estaba riquísimo. Gracias Hugo pola tarta tan rica que trouxeches.... Non sobrou nada..!!! 








martes, 10 de decembro de 2019

OS DE 5 NOS CONTAN...

    Os nenos e nenas de 5 anos están a visitarnos algúns días para contarnos historias interesantes e a verdade é que o fan de marabilla !!! Moitas grazas rapaces, encántanos que veñades !!!




domingo, 8 de decembro de 2019

A MOCHILA VIAXEIRA NA CASA DE BRAIS

     A mochila viaxeira xa estivo na casa de Brais.... coma sempre estaba entusiasmado explicando aos seus compis todo o que había feito... a verdade que traballou moito xunto a sua nai e o seu pai.. O conto que máis lle gustou foi "A VACA VICTORIA" e a seu irmán Xavi, que é todavía moi pequerrecho, gustoulle "COCORICO". Tamén sacou moitas ideas do libro de manualidades, fixo unha vaca e un cabalo que quedaron chulísimos...coas súas primas fixo figuras de chocolate como teas de araña,  bombóns... etc





martes, 3 de decembro de 2019

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

    O 25 de novembro, celebramos no cole o día internacional contra a violencia de xénero. Na nosa aula pintamos as mans de cor violeta, que é a cor conmemorativa deste día,  as estampamos nunha cartulina, que logo recortamos para levar a casa.



COÑECEMOS A BEEBOT

    Estos días estimos na casa de Arnaldo e alí coñecemos a unha nova compañeira "Beebot" coa que estivemos xogando e aprendendo de maneira divertida!!!






sábado, 30 de novembro de 2019

O MAGOSTO NA CLASE DE 4 ANOS

       O día 15 do mes de novembro, coma tódolos anos celebramos   "O magosto".... para comer as castañas decoramos unhas bolsiñas que quedaron moi chulas...e coma facía mal tempo non tivemos os xogos populares...o caso é que pasámolo igual de ben... ¡¡¡MOI REQUETEBÉN !!! 




martes, 26 de novembro de 2019

FELICIDADES!!!!

   Esta semana tivemos de aniversario a tres compañeiros/as: Salma, Unai e Antón, que cumpriron tres anos. Moitos parabéns!!!





MOITOS PARABÉNS!!!