luns, 11 de maio de 2020

7º BOLETÍN DE ACTIVIDADES 3 ANOS

    Ola de novo familias!!
    Xa parece que todo empeza a marchar ben e xa nos queda moito menos para volver a estar xuntos así que un pouquiño máis de paciencia e de responsabilidade que todo este esforzo verase recompensado, iso seguro.
    Unha semana máis déixovos por aquí a proposta de actividades e xa sabedes que calquera problema ou dúbida que teñades aquí estou.
    Esta semana imos traballar
1.- Para empezar déixovos un enlace a un artigo que a min gustoume moito e que vos da ideas de como traballar na casa diferentes habilidades motrices importantes para a aprendizaxe da escritura.
2.- As letras dos nosos nomes.
  •     Podemos xogar a buscar as letras dos nosos nomes ou dos nomes doutras persoas que queiramos, en maiúsculas, da seguinte forma: escribimos as letras (sempre maiúsculas) en gomets e despois temos que buscalas no tubo de papel hixiénico e pegalas enriba.

https://pictame2.com/media/B_jyxS4Cqkh/
  •     Outra actividade divertida é esta. Nela poden pintar como queiran mesturando as cores e ó rematar sae o nome escrito. O que temos que facer é poñer os nomes con cinta de carrocero ou celo que salga facilmente (que non rompa o papel ó levantar). Logo lle deixamos pintar coas cores como queiran por riba, deixamos secar ben e cando levantamos a cinta... aparece o seu nome!!!
Foto sacada instagram naiara_briones
Foto sacada instagram @naiara_briones
Foto sacada instagram @naiara_briones


  • Traballamos grafomotricidade: esta vez imos traballar o seguinte grafismo. Como as outras veces sinalo que o podedes facer empregando os útiles que queirades (primeiro con lapis e despois con rotulador, pegando gomets, empregando bastoncillos...) e o material de base que teñades ou queirades (folio, bandexa con fariña, sal, azucre, area..)



2.- Traballamos as series con cousas que atopamos pola casa.
Fotos sacadas do instagram de @unamaestraeninfantil





3.- Traballamos os conceptos moitos-poucos.
      Podemos aproveitar cousas que temos por casa e verbalizar primeiro con eles  estes conceptos da seguinte maneira:
            - Onde hai moitos botóns? Pon moitos botóns neste prato e poucos neste outro...

              - Tamén podemos facer este mural. Poden pegar gomets ou estampar cos dedos.
Foto sacada de pinterest materiales-infantil.blogspot.com....
           - E por último tamén podemos facer esta ficha onde lles mandamos poñer moitas boliñas de plastilina (moitas mazás) na árbore máis alta e poucas na baixa.  Cando rematen lle preguntamos onde hai moitas mazás?,  e poucas?
actividades.websincloud.com

4.- Traballamos a psicomotricidade fina a través do recortado. Primeiro recortan en diagonal e seguindo as líneas ou puntiños e despois poden cortar ó longo dos pelos.






Foto sacada de pinterest homemademamma.com
Foto sacada pinterest portalescolainfantil.blogspot.com

Foto sacada pinterest portalescolainfantil.blogspot.com

Foto sacada de pinterest homemademamma.com

5.- Experimento
    Hoxe propóñovos este experimento. Consiste en que collades unha fonte de vidro ou plástico transparente e lle botedes agua con colorante (ou un pouco de pintura da cor que queirades, non ten porque ser clara) e debaixo da fonte poñades un papel co que queirades traballar (letras, números, formas...). Despois collemos un vaso e boca abaixo o movemos por riba da fonte e temos que xogar a buscar e atopar. Neste caso traballamos cos números (ensinamos ó neno/a unha tarxeta con 3 puntiños, os contan, e teñen que buscar o número 3, outra con 2 puntiños, os contan e teñen que buscar o número 2) pero tamén podemos mandarlle buscar as letras dos nomes, as formas xeométricas, podemos traballar as cores, etct .
 
Imaxe sacada do instagram do @cravilaboa
    Espero que vos gustasen as actividades desta semana e que sobretodo desfrutedes facéndoas e non vos esquezades de enviarme algunhas fotiños ou vídeos do que vaiades facendo.
Ata a semana que ven!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario