martes, 19 de maio de 2020

8º BOLETIN DE ACTIVIDADES 3 ANOS


Ola familias!!!
Tal e como nos di Arnaldo na súa páxina espero que gozásedes do día das letras galegas e das saídas e momentos compartidos que, cada vez máis, imos tendo coas persoas queridas, aínda que sen esquecernos das precaucións e da responsabilidade que temos que seguir tendo .
Con isto as atividades que esta semana vos propoño son as seguintes:
- Actividade 1:
  •  Esta semana imos traballar sobre o conto de "La pequeña oruga glotona"
https://youtu.be/h6HRpwcl9gg
   Cando rematemos de ver a historia, establecemos unha conversa cos nenos e nenas para traballar a lectura do mesmo:
- Que animal aparece no conto? Como é ao principio? É pequeno coma nós cando nacemos e pouco a pouco imos medrando e facéndonos grandes verdade? E como se fai grande , maior? Que comemos nós para ser fortes e maiores?.Tamén podemos aproveitar para falar con eles sobre alimentos saudables e pouco saudables, por exemplo o saudable que é comer froitas e verduras e o pouco saudable que é comer doces e bombóns..
- Os días da semana aparecen nomeados no conto. Imos a ir recordándoos e nomeándoos  ao mesmo tempo que imos dicindo o que a eiruga vai comendo cada día (alimentos e cantidades.
   Aquí vos deixo unha ligazón a unha Canción dos días da semana  que empregamos na clase e que nos axudará a lembralos e que ao mesmo tempo veñe acompañada da linguaxe de signos. A ver quen se atreve a aprendelos e logo amosarnos o resultado !!!
  •  Facemos á eiruga larpeira. Aquí deixovos algunhas ideas de como elaborala dependendo dos recursos cos que contedes podedes facer unha ou outra.

  •  Pintamos coas dedas e traballamos as matemáticas
plastificandoilusionesenlainfanci...
plastificandoilusionesenlainfanci...
- Actividade 2 : Arte : Xogamos con Arcimboldo e facemos merendas saudables:
    Esta semana imos convertirnos en artistas e imos coñecer a este divertido pintor "Arcimboldo", un artista que facía retratos empregando elementos naturais. 
 
O que vos propoño e facer:
  •  Por un lado retratos e cuadros empregando elementos naturais igual que Arcimboldo
escueladeblanca.blogspot.com

 

@our.playroom.diary



  • E por outro lado "merendas saudables e divertidas". Aquí vos deixo algunhas propostas
 
 Imaxes sacadas de fiestasycumples.com

- Actividade 3:
  •  Experimento: Pintamos con xeo
Para facer esta actividade o único que necesitamos e facer xeo con auga e colorantes alimentarios e a pintar!!!
creciendojuntoaellos.wordpress.co...
 

    Para rematar  quero felicitar á familia da nosa compañeira Olivia pola chegada do pequeno Elías. Moitos parabéns a todos e todas e un bico enorme a esa irmá maior que estou segura que vai ser a mellor irmá do mundo!!!!
   Ata a semana que ven e non esquecervos de ir enviándome as cousiñas que vaiades facendo!!
Unha apreta grande para todos e todas!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario