Aquí vos deixo a nosa antepenúltima publicación de actividades.
Esta semana tamén vos seguirei chamando e vos darei información sobre a recollida de material.
Pero antes, ollo!!!! Porque...
Actividade 1, de DEBUXO DE FIGURAS DE ANIMÁIS
Cantos animáis coñeces e eres capaz de debuxar? De granxa, da selva, do bosque?
Aquí vos deixo un feixe de IDEAS... intentade facer o animal enteiro. Se fai falta, copiade a partir de FOTOS DE INTERNET.
Por se acaso así vos resulta moi complicado, vos deixo un par de enlaces para descargarvos fichas, pero a min gústame moitísimo máis OS AUTÉNTICOS DEBUXOS DOS PEQUES:
http://mundobichejos.blogspot.com/2014/03/dibujos-de-animales-salvajes-para.html
https://webdelmaestro.com/dibujos-colorear-animales/amp/https://pin.it/5b3g10C
Actividade 2, de ATENCIÓN E MEMORIA
Estas son ideas de xogos que estimulan a CONCENTRACIÓN, BASE DE CALQUERA APRENDIZAXE:
Nesa web tedes varios.
Neste outro enlace hai un montón de actividades desta temática para descargar/imprimir: https://pin.it/3fNBusA
Aquí tedes un dominó de ideas moi chulo para descargar: https://www.juegoideas.com/materiales/domino-para-ninos/
Actividade 3, de EXPERIMENTOS
Aquí vos deixo o enlace: https://pin.it/6YLUf7a
Actividade 4, de ARTE
Vale, esta proposta é incriblemente manchona, pero como agora fai calor e moitos de vos tedes espazo natural, por se vos animades a compartir cos peques una PINTURA ALUCINANTE
Por se acaso non queredes manchar tanto (conste que a témpera ou a acuarela se limpa con auga), aquí vos deixo un enlace a ideas de pintura creativa un pouco máis simples: http://www.mundoderukkia.com/2016/08/actividades-verano-pintura.html
Actividade 5, de NÚMEROS
Este xogo dos BOLOS de reciclaxe sirve para SUMAR OS PUNTOS QUE GAÑAS, e ao mesmo tempo, traballar a COORDINACIÓN ÓCULO-MANUAL (vista e man funcionando ao mesmo tempo), que é importantísima para a LECTURA E A ESCRITURA.
Por suposto, podedes poñer NÚMEROS MÁIS ALTOS, se as sumas elementais xa as teñen dominadas.

Tamén o podedes facer TIRANDO DADOS ou nun papel. INSISTO EN QUE CANTO MÁIS O FAGAN MANIPULANDO, A TRAVÉS DUN XOGO, MOITÍSIMO MELLOR QUE EN PAPEL:
Por último, unhas recomendacións e aclaracións.
Sabemos que estades preocupados. Preocupados polo baleiro destes meses na formación escolar dos vosos fillos. É natural. Sinceiramente, nós tamén estamos preocupados. Non entanto, cada un dos colectivos, familias e profesores, temos que ocuparnos PRINCIPALMENTE do noso cometido.
O que máis ben lles vai facer, indubitablemente, é que fagades ben o voso traballo de crianza e de normas de educación, de actitudes, de COMPORTAMENTO. Iso só podedes facelo vós. Aproveitade este tempo compartido para reflexionar sobre o voso estilo educativo e reforzar puntos febles. Nós, pola nosa banda, xa nos estamos ocupando dos plans de reforzo para o ano próximo, estade tranquilos.
Bicos e apertas mil, Ana. 💚
Ningún comentario:
Publicar un comentario