martes, 19 de maio de 2020

8º BOLETIN DE ACTIVIDADES 4 ANOS

Ola familias:

Estamos nunha semana moi especial, é a semana das letras galegas, botar unha ollada a páxina de Arnaldo a ver que vos parece as actividades que propón, e tamén ver cal é o protagonista desta semana. 

Esta semana imos traballar as emocións.
A educación emocional infantil é moi importante porque insignia aos nenos e nenas a xestionar as súas emocións.
Cando se traballa as emocións na aula conséguese que os alumnos e alumnas estén mais motivados e axúdalles ao seu desenvolvemento intelectual.
Os nenos e nenas teñen que aprender a pensar antes de actuar, a controlar a súa agresividade e a súa ira, a identificar cando están tristes ou contentos, e todo isto conséguese educándoos emocionalmente desde pequenos.
Imos comenzar traballando as emocións a partir dun conto que todos e todas coñecedes é que tamén o propuxo a profe de 3 anos no seu boletín ( premede aquí )Nós, imos a completar o traballo propoñendo mais actividades. O conto é .."El monstruo de colores"


Este conto foi escrito pola ilustradora e diseñadora gráfica Anna Llenas, si premedes no nome aparecen un montón de actividades que podedes facer.

¿Como son as emocións? ¿Teñen cor? ¡¡¡Siii, as emocións teñen cor!!!
AZUL é a TRISTEZA
VERMELLO  é o ENFADO, á IRA, á RABIA
NEGRO é o MEDO
VERDE é a CALMA
ROSA é o AMOR
O monstro de cores non sabe o que lle pasa. Está feito un lío coas emocións.

E agora despois de escoitar e ver o conto  gustaríame saber como estades hoxe ....
Estades alegres..?..tristes...?..enfadados...?...tendes medo a algo ou a alguén..? ou estades confusos ..?
 Tendes que colorear o mostro da cor según o que sintades. Despois vou dicir de que cor é o meu monstro.


Éste é o meu monstro....estou confusa, e feita un lío. E preguntaredes...Porqué ?? Pois porque isto de dar clase desde a casa é cun ordenador é moi complicado.. non nos vemos...no podo saber como estades...e bótovos moitíiiiisimo de menos.

Agora imos facer unha ficha de atención e concentración.
Fixaros ben.....!!!


Risca o mais rápido posible, o monstro que está feito un lio.
Cantos monstros confusos hai..?
Cantos monstros están tristes..? E cantos están   alegres.?
Os monstros vermellos como están..?     Hai algún monstro que teña medo..? E cantos       monstros están tranquilos ou en calma..?                                                        Falta un monstro.. sabedes cal é..? 


En éstes frascos ides por as vosas emocións. Colorea cada frasco coa cor que lle corresponda.
¿ Cal é a emoción do último frasco..?
Aquí déixovos unha canción moi chula do conto "El monstruo de colores". Espero que vos guste 
                  


  Actividades de :LOXICA-MATEMÁTICA



O monstro verde vainos axudar a sumar.
Tendes que colorear as sumas que den o número que ten o monstro.



Aquí rodeades cinco cousas e unides con lápiz ou rotulador.
Hai mais monstros que paxaros..?..Hai menos..? ou hai igual.

Cuantificadores
     "Igual que"
        "Xunto-separado"


"Un-ningún"
"Grande-mediano-pequeno"



Aquí vos deixo suxerencias, para traballar na casa  cantidades númericas, dun xeito divertido.... que podedes converte en un xogo


Material necesario: Cartolina, rotulador groso, e 10 vasos de iogur.
Nunha cartulina debuxades 10 círculos, en cada círculo cun rotulador permanente facedes  puntos do 1  ó  10, dentro dos círculos, e nos vasos, poñemos os números.

Material necesario: Papel, rotulador groso, gomets.
Tendes que por a cantidade de gomets que se indica.

GRAFOMOTRICIDADE:

Traballamos as espirais
Facemos  na casa espirais con frutos secos, pedras pequenas, tapóns, botóns..etc.





Se tendes folios din A-3 ou si non en calquer papel, podedes facer espirais poñendo un gomet no medio ( sen levantar a man ).



E tamén cículos concéntricos de varias cores. Xa veredes que chulo queda.

Series:



Aquí tendes que completar a serie de tres cores: verde-vermello-amarelo-verde-vermello-amarelo...
podedes utilizar gomets, e se non tendes podedes  colorear con pinturas ou rotuladores.

Plástica

A plástica non podía faltar. Aquí déixovos suxerencias para que escollades o que mais gústavos.
Que vos parece se facemos os monstros das emocións..?






Material necesario:
Palillos de xelado ou de cores, rotuladores permanentes, pegamento ou silicona, tubos de pape hixiénico...según o que fagades.
Mirade o que tendes na casa... calquer cousa que teñades serve para facer estes monstros tan chulos.

Eu sei que vos gusta moito o chocolate e os plátanos. Aquí tendes unha receita moi sinxela e deliciosa..!!para chuparse os dedos... 







Ata a semana que ven familias, espero de corazón que hayáis desfrutado deste fin de semana tan soleado, e acordaros de mandar fotos das actividades que van facendo os vosos fillos e fillas.Unha aperta moi grande e moitos bicos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario