Hoxe atopamos unhas fotos do mes de novembro (canto creceron os peques nestos meses!!). Queredes ver a tropa de titiriteiros da clase de 5 anos? ese día xogamos ao teatro e descubrimos diferentes tipos de títeres... pasámolo fenomenal!
No mes de marzo foi a Semana da Prensa. Os nenos e nenas de 4 anos estivemos investigando como e un xornal. Recortamos títulos e fotografías de noticias e fixemos un collage moi chulo.
Este venres, día 21, os nenos e nenas de 3 anos, teremos unha merenda moi especial. Os peques foron os encargados de facer a nota para anunciar esta súper merenda.
Estamos desexando que chegue o día e preparar entre todos deliciosas brochetas cheas de vitaminas. Xa vos contaremos como foi!
Onte estivo de aniversario o noso compañeiro Hugo que por fin ten xa os
catro anos, e é que temos tantas ganas de ser maiores.... moitas
felicidades Hugo e esperamos que o pasaras estupendamente¡¡¡
Na clase de 5 anos contamos dous contos xeniais que recomendamos a todo o mundo: "MARTÍN GRIS" e "MONSTRUO ROSA"
Os dous falan sobre o marabilloso que é ser diferentes, porque iso nos fai únicos e especiais.
Tamén descubrimos un xogo de Hervé Tullet que vos recomendamos, porque é moi divertido para xogar en familia.
Despois de ler Monstro Rosa e de ver diferentes monstros no conto, era o xogo perfecto: cada un tiña que crear un personaxe propio: único e especial.
A cada un tocoulle unha plantilla diferente...
...coa que fixeron o corpo dos seus monstruiños.
Despois tocoulle o turno ao dado, que foi o encargado de dicir cantas partes tiñan que ter de cada: brazos, ollos, orellas, narices, bocas.... e parece que lle colleu gusto ao 5!!
Cada un creou o seu monstruiño usando diferentes materiais, diferentes cores... coa única consigna de contar o número de partes.
Outro día repasamos e contamos as partes debuxadas para comprobar que non houbese erros, e fixemos o reconto nun cadro (traballando as mates).
Despois de crear as personaxes seguimos exercitando a imaxinación (e traballando a lectoescritura).
Cada un tivo que escribir certas cousas sobre o seu monstro: como se chamaba, que comía e onde vivía.
Noutra sesión, con eses datos e coa axuda dos iPads, cada un sacou unha foto ao seu monstruiño e fixo que falase.
Queredes coñecelos? aínda que teñen o mesmo número de bocas, ollos, pernas.... veredes que todos son únicos e marabillosamente diferentes!
Sen dúbida, o mundo que queremos está cheo de diversidade o cal nos enriquece a todos porque fai que todo sexa máis bonito e especial.