Nas vacacións de verán tivemos de aniversario a Lara, Iván, Joel, e Carlos. Aproveitamos agora o principio deste curso para celebralo.
sábado, 23 de setembro de 2017
xoves, 21 de setembro de 2017
A PULSEIRA DOS BICOS
Os máis peques do cole rematan mañá o seu período de adaptación grazas ao cal, pouquiño a pouco, se van sentindo máis cómodos no cole. Xa nos imos coñecendo, peques e maiores, e cada día o pasamos mellor xuntos.
Fixemos con eles algo máxico e especial que esperamos lles axude a estar máis tranquilos e contentos neses momentos nos que botan de menos a papi ou a mami.

Todos os nenos e nenas elixiron as boliñas que máis lles gustaron e a orde na que querían poñelas para montar a súa pulseira máxica. Coa axuda da profe e con moita paciencia fixeron unhas pulseiras preciosas!

Ao día seguinte as pulseiras volveron ao cole ben cargadas de bicos de papá, de mamá, dos avós, dos irmás,...

E a profe tamén levou a súa pulseira cargada de bicos dos peques para non botalos de menos polas tardes ^_^
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)