sábado, 31 de decembro de 2022
O MES DO NADAL NA CLASE DE 3 ANOS
mércores, 21 de decembro de 2022
A MAXIA DO NADAL
Aos nenos e nenas de 4 anos encántanos o Nadal.
Comezamos o mes cociñando galletas de Nadal.
Elaboramos unhas árbores moi simpáticas.Cambiamos algunhas propostas e introducimos algunhas de Nadal.
Xogamos ao xogo de memoria de Nadal
Adornos de pasta branca

Levamos a correos unhas postais moi especiais para os nosos amigos e amigas. Ademais deixamos a carta aos reis magos nas caixas de correo das súas maxestades que hai na praza nova.
Fomos no tren de NadalFixemos unha merenda de Nadal cos nenos e nenas da clase de 3 e 5 anos.
luns, 5 de decembro de 2022
ADEUS NOVEMBRO!
domingo, 4 de decembro de 2022
PROXECTO DO CORPO ...
Os nenos e nenas de 4 anos estamos inmersos no proxecto do corpo humano. Estivemos investigando sobre a función do esqueleto e o nome dalgúns osos. Puxémonos mans a obra e elaboramos o noso propio esqueleto.
Primeiro pintamos os rolos de papel de cartón de cor branco e compuxemos o esqueleto.
Colocamos cada nome no seu oso.
Estivemos falando do que nos pasa cando rompemos un oso e como facemos para curar. Fixemos a radiografía das nosas mans.
Somos uns grans artistas
Estreamos uns crebacabezas magnéticos do corpo humano (músculos, esqueleto, aparato circulatorio, dixestivo e partes do corpo) A verdade que nos encanta!!!
Algúns dos traballiños que fixemos
Traballamos a conciencia fonolóxica
Facemos series de Samaín:
Xogamos a un Xogo de Memoria cos elementos de outono. Consiste en intentar memorizar os elementos de outono que aparecen nos círculos. Colocamos unha plantilla na landra e deixamos uns segundos para que o memoricen. Despois, quitamos a plantilla e os nenos e nenas teñen que colocar na landra os elementos correctos.
Polo 25N fixemos unha asemblea moi produtiva sobre as cousas que non se poden facer e cales si. Temos moi claro que non queremos VIOLENCIA. Fixemos uns sinais de prohibido violencia.