luns, 27 de febreiro de 2023
DESPEDIMOS XANEIRO CORRENDO POLA PAZ
xoves, 9 de febreiro de 2023
UN XANEIRO A BO RITMO
Á volta das vacacións de Nadal atopamos baixo árbore un agasallos que nos deixaron os Reis Magos. A verdade é que xogamos moito!!!

Continuamos traballando o proxecto do corpo humano. Nesta ocasión atopamos na clase a maqueta do sistema locomotor.
Colocamos algúns músculos no seu lugar.
Investigamos cousas sobre o cerebro e as funcións das diferentes partes. Tamén investigamos sobre o sistema respiratorio.
Fixemos xogos cos números
Xogamos a Cántos faltan para chegar a un determinado número?
Ordenamos medios de transporte por tamaños (de maior a menor tamaño e de menor a maior tamaño)
Xogamos co Bee-bot e traballamos a orientación espacial e a programación.
Comezamos co Kubyx ( as veces libremente e outras coas plantillias)
Disfrutamos de momentos de lectura

Comezamos un proxecto de arte sobre Kandinsky
Primeiro estivemos falando sobre unha fotografía que resultou ser o retrato dun artista chamado Wassily kandinsky. Despois buscamos información e escribimos datos importantes da súa vida. Comezamos versionando a súa obra "Círculos". Nas vindeiras semanas versionaremos mais obras del.
Xogamos moito

Celebramos os aniversarios de Oliver e Leyre que xa teñen 5 anos.
sábado, 4 de febreiro de 2023
CO FRÍO DE XANEIRO...bufanda luvas e sombreiro!!
Ola familias! tralas vacacións de Nadal, atopamos baixo a nosa árbore, moitos agasallos de parte dos Reis Magos!
Comezamos o proxecto dos superheróes, estamos moi emocionados!
Traballamos o concepto esquerda-dereita:
Iniciámonos na actualización do calendario:
Traballamos a lectoescritura no ordenador, a través de contos de letras, con material manipulativo e tamén con algunha fichiña:
No recuncho do artista seguimos espallando a nosa creatividade:
Xogamos de xeito libre, creamos xeometrías e construímos espazos:
Traballamos nos nosos dorsais para a carreira solidaria da paz: