Neste
trimestre estivemos traballando o proxecto: "Os piratas". Estivemos
investigando sobre qué e cómo eran, partes do barco pirata por fóra e
por dentro, qué comían e bebían, as súas enfermidades, un corsario moi
importante da nosa zona como Juan Gago de Mendoza,...
Elaboramos o noso código de conduta pirata.
Algúns compis trouxeron cousiñas de piratas.
Xogamos ao cinquillo coa baralla pirata




Recibimos moitos agasallos dos Reis Magos.


Traballamos lectoescritura coma sempre a tres niveis (manipulativo, vivencial e tamén simbólico ou gráfico)
Neste xogo para asociar letras maiúsculas e minúsculas temos que poñer cada gorro no pingüín correspondente.


Neste xogo, que segue a mesma dinámica que o anterior, tivemos que
aparcar cada coche no seu sitio asociando cada letra maiúscula coa súa
minúscula

Xogo de conciencia fonolóxica

Escribimos e contamos o número de vogais e consonantes



Realizamos a grafía das letras minúsculas





Xogamos cos nosos nomes en minúscula e despois escribímolos.



No eido da lóxico matemática continuamos facendo xogos. Despois dos xogos facemos o traballo en papel.
Xogamos co taboleiro do 100 (encántanos)

Xogamos coa casiña de descomposición dos números.


Estamos
traballando as formas en 3 dimensións (cubo, pirámide con base
triangular, pirámide con base cuadrangular, pirámide base pentagonal e
hexagonal, prisma de base triangular, prisma de base pentagonal,...)

Xogamos cos discos numéricos.
Xogamos ao cinquillo coas cartas de animais
Xogamos a plumilla postal

Xogamos ao Chaf chof
Estamos practicando cos cordóns dos zapatos pero aínda é un pouco complicado.
Elaboramos pulseiras ensartando abalorios (encántanos e non paramos de facer pulseiras)
Xogamos a facer sumas
.jpg)
Xogamos a ordenar por tamaños, ao "Memori"dos piratas que preparou a profe Nerea e ao "3 en raia".
Xogamos a construír enriba de espellos
Facemos retos co arco da vella
Fixemos xogo de observación do inverno
Xogamos
ao "Bingo das partes e órganos corpo humano" para refrescar o que
traballamos en 4 anos co proxecto do corpo humano(da gusto ver como
aínda nos lembramos de moitas cousas)

Obradoiro "Sonoterapia"

Traballamos o conto "Voy a comedte" coa profe Jeni.

Xogamos cos dados no patio



Tiñamos olvidadas estas fotos preparando a decoración de Nadal.
Celebramos os aniversarios de Ariadna, Oliver, Leyre e Vera L. Parabéns xa son 6 aniños!!!
BOAS VACACIÓNS!!! VÉMONOS AXIÑA CON GANAS DUN NOVO PROXECTO!!!