xoves, 10 de outubro de 2024

ARRANCAMOS O ÚLTIMO CURSO DE INFANTIL

Chegou setembro e con el comezamos o noso último curso en infantil! Con moitas ganas de reencontrarnos e de seguir aprendendo e desfrutando xuntos, comezamos con moita enerxía. Desfrutamos xogando xuntos, contándonos aventuras do verán, redescubrindo a aula, o patio, cousiñas novas do cole... imos aproveitar a tope este curso!

 

Por suposto non perdemos as ganas de celebrar os días importantes e os aniversarios merecen unha boa festa. Este curso invitamos á familia para coñecernos un pouquiño máis, ver recordos especiais... Roi foi o primeiro en celebrar que xa ten 5 anos, e veo acompañado de papá e mamá cos que desfrutamos moito coñecéndoo un pouquiño máis.
 
 

Ariani, que tamén cumpriu 5 en setembro, foi a segunda en celebralo con nós e cos seus pais cos que pasamos un ratiño moi agradable (e xa planeamos unha excursión a Bali jejeje).
 

Este ano faremos unhas camisetas moi especiais nos aniversarios, e un recordo cargado de arte e de palabras bonitas das que alegran o corazón. 

mércores, 9 de outubro de 2024

Unha nova etapa

 Ola familias!! Os pequech@s de tres anos vimos ao cole con moita ilusión, ganas de traballar e enredar en moitas cousas! Ollade o que nos rinde o tempo no cole:

Na primeira sesión desfrutamos do traballo nos recunchos:


Na segunda sesión reunímonos en asemblea para introducir as actividades das rutinas diarias: descubrimos os sons das letras dos nosos nomes, ordenamos as letras, debuxamos o noso esquema corporal, pasamos lista, saímos fóra para ver o tempo que fai e prestamos moita atención aos sons da contorna....  




Co profe Óscar nos desdobles podemos facer moitas cousas:

Aproveitando a chegada do outono saímos a ver as árbores e as cores e formas das follas.



Na clase de arte facemos murais enormes:


Estreamos a clase de cociña aproveitando as mazás da maceira do cole:

 




Facemos construcións e xogamos na aula de luz:


No patio xogamos cos outros nenos de infantil, e aproveitamos que estamos xuntos para contar contiños e coidar a nosa horta e xardín:



Celebramos os aniversarios:

 Coñecemos a Arnaldo, a nosa mascota da biblioteca, que comparte con nós contiños e xogos:



Bueno, e no cole tamén traballamos!!!



E sobre todo... aproveitamos o momento para resarcir as nosas curiosidades...

Ata outra!!


LEMBRANDO O ÚLTIMO TRIMESTRE DE TRES ANOS !!!

Ola familias!! Aquí tedes algunhas fotos de algunha das actividades que levamos a cabo no último trimestre do ano pasado. Espero que disfrutedes véndoas xuntos!!

- Aquí estamos traballando Os Maios.



- Ensinando a mochila viaxeira os/as compañeiros/as:

- Traballando a chegada da primavera:








- Traballando robótica:
                                       

 - O proxecto "As vacas"


- E aprendendo xogando que o pasamos de maravilla!!!








Xa estamos argallando novas actividades  para este novo curso!!! Seguídenos para ver o ben que o pasamos e cantas cosas interesantes facemos!!!