Comezamos 2025 abrindo os agasallos de Nadal que nos esperaban en clase, incluída unha sorpresa de Pupi na que nos encargou facer unha cápsula do tempo (xa vos contaremos máis...). Comezamos o ano estreando xogos novos, con moitas ganas de artistear, moi motivados para traballar coa lectoescritura e as mates: temos moitas ganas de ler e escribir! Xogar coas medidas foi algo que nos encantou! Despedimos xaneiro coa carreira da paz na que tan ben o pasamos.
E algo moi importante de xaneiro foi o aniversario de Iago, o maior da clase que xa ten 6 anos: parabéns Iago!!