martes, 24 de xaneiro de 2017

PROXECTO KANDINSKY (V)

Hoxe tocounos traballar co cadro que trouxo Pedro titulado "Blando y duro". Lembramos as formas xeométricas e contamos cantas hai no cadro de Kandinsky e con axuda da mestra fixemos a ficha, para logo poñelas na nosa exposición de kandinsky que, por certo,  estanos a quedar estupenda¡¡¡¡

 

mércores, 18 de xaneiro de 2017

OS PEQUE ANIMAIS

Xa fai tempo que gravamos este vídeo, foi a principio de curso cando, os nenos e nenas da clase de 3 anos, se estaban coñecendo e soltándose a falar. Buscamos diferentes formas de motivalos a expresarse e esta resultou moi divertida e motivadora. 
Estes días lembráronse destas gravacións e decidimos compartilas... a verdade é que non teñen desperdicio!

martes, 17 de xaneiro de 2017

PROXECTO KANDINSKY (IV)

Hoxe na clase reproducimos unha lámina que trouxo Dimitri que, a pesares de non ser un cadro de Kandinsky, si que está feito a partir da súa obra "circulos concéntricos"
 Tivemos que ordear os círculos de goma eva, do máis grande ó maís pequeno


 Pintamos a árbore sobre papel continuo amarelo.

 E por último pegamos as flores
 E así foi como nos quedou¡¡¡

PROXECTO KANDINSKY (III)

Seguimos traballando sobre Kandinsky e estes días investigamos dous cadros que elixiu Vera "Cielo azul" e "Algunos círculos"

  E intentamos reproducilos utilizando diferentes materiais e técnicas plásticas.
    Estes foron os reultados: 





martes, 10 de xaneiro de 2017

ENERXÍAS RENOVADAS PARA 2017

Comezamos un novo ano, e facémolo con enerxías renovadas!



Os nenos e nenas da clase de 5 anos veñen cargados de novas forzas para este ano... e ti?

venres, 23 de decembro de 2016

MURAL DE OUTONO

Por fin xa rematamos o mural, con él aprendimos: As cores e as letras do outono,  número de setas, e cantos nenas e nenos hai dentro de cada unha delas, moitas,poucas ou ningunha folla...etc, un montón de cousas traballadas o longo deste trimestre.

luns, 19 de decembro de 2016

SAÚL, VALERIA E ANDRÉS XA TEÑEN 4 ANOS!

Os máis peques da clase da profe Maricarmen celebraron o seu aniversario e xa todos teñen 4 anos. 



Andrés, Valeria e Saúl decoraron xuntos as súas coroas para compartir a celebración dun día tan especial para eles. 



Por suposto recibiron moita axuda dos seus compis!



Cada un soprou a sua vela co número 4. 






E a piques de rematar o trimestre, xa todos os nenos e nenas desta clase teñen os 4 cumpridos, agora: a polo 5!