mércores, 12 de febreiro de 2020

PROXECTO PICASSO (II)

    Comenzamos o novo proxecto e esta vez Tomé trouxo ao cole a obra "A pomba da paz" que elaborou coa axuda da súa familia e que aproveitamos para celebrar o día da paz.
    Partindo   deste cadro, ademáis de traballalo nós  tamén, fixemos as nosas propias pombas da paz coas nosas mans. E nos quedaron chulísimas!!!





martes, 11 de febreiro de 2020

PROXECTO PICASSO (I)

    A clase de 3 anos estreámonos co noso primeiro proxecto aproveitando o día da paz. En clase apareceu unha imaxe de "A pomba da paz" de Pablo Picasso e así foi como nos convertemos en detectives e decidimos investigar e buscar información sobre este popular artista.
    Esta foi a nota explicativa que se mandou as familias explicado un pouco o que significa traballar por proxectos e pedindo a colaboración das familias 



     Repartimos tamén os carnéts de detectives que cada neno/a levou para sua casa...
     Non vos perdades os avances no novo proxecto que promete interesante, xa veredes cantas cousas aprendemos!!!

COMEZAMOS SEMILLEIRO







domingo, 9 de febreiro de 2020

MESA DE LUZ E FIGURAS XEOMÉTRICAS

    A  MESA DE LUZ, é o recurso educativo que máis lles gusta aos nenos e nenas.... favorece a concentración, atención,  imaxinación, e o xogo libre.
   Na nosa aula xa temos unha mesa de luz que nos deixaron os reis magos por portarnos moi ben....de momento sólo traballamos figuras xeométricas. 





venres, 31 de xaneiro de 2020

A MOCHILA VIAXEIRA NA CASA DE YADIRA

          A mochila viaxeira estivo na casa de Yadira... Os contos que máis lle gustaron foron A VACA VICTORIA e COCORICO.... fixo uns debuxos moi chulos, pero en realidade disfrutou de todos os demáis contos... Ela non se cansaba de "ler" aos seus compañeiros tódolos contos que había levado.