mércores, 15 de outubro de 2014

PROXECTO OS GRILOS (5)

Cada día seguimos o crecemento de Negrito, que coidamos con moito agarimo na nosa clase. 




Rubén trouxo unha lupa que nos permitiu ver con mais detalle as súas partes... que é unha das cousas que estamos investigando a fondo: as partes do corpo dos grilos. 


Seguimos contando cada día o que estamos investigando na casa, por exemplo, hoxe Lucía ensinounos un mural que fixo na casa, no que veñen moitos dos datos que estamos investigando...



E ademais seguimos aprendendo e traballando moito


Mañá compartiremos con vos a conto dun grilo... queredes coñecelo?? estade moi atentos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario