venres, 23 de xaneiro de 2015

O XOGO DO CARRUSEL NO BLOG DA PROFE SARA

Temos moita sorte porque no cole hai diferentes blogs polos que podemos bucear e atopar cousas moi interesantes, como por exemplo o da profe Sara, coa que xogamos moito na pizarra dixital.

Hai un xogo no seu blog de Audición e linguaxe que nos encanta, e o "Xogo do Carrusel", mais coñecido por todos nos como o xogo do cabaliño de mar. Inclúe un montón de xogos diferentes e cando estamos no recuncho do ordenador pedímolo moitas veces. 

http://maestraalseixo.blogspot.com.es/2014/10/xogo-do-carrusel.html
Se pinchades na imaxe iredes directos ao xogo, e de paso podedes visitar todo o blog que ten moitos recursos, xogos, cancións.... 

Gracias profe Sara por descubrirnos estes xogos tan guais para divertirnos aprendendo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario