Os nenos e nenas da clase do profe Jorge queremos darvos a benvida a este curso. Este verán crecemos un montón e.... somos os maiores do piso de abaixo! ;)
Beebot veuse presentar... é unha pequena abella, pero non unha calquera das que andan voando entre as flores!
Beebot é un pequeno robot co que aprenderemos moitas cousas este curso: a linguaxe direccional, xiros, lateralidade e moitos outros conceptos que practicaremos xogando con esta simpética abelliña!
Encantounos e estivemos moi concentrados para aprender como funciona.
Practicamos moito como darlle ordes para que se mova ata donde lle mandemos ir.

Temos que practicar moito porque non é tan sinxelo como parece: robótica, programación... que palabras tan complicadas!

que waiiiii..!!!!
ResponderEliminar