Seguimos lembrando as celebracións destes primeiros meses, e esta é moi especial... celebramos dous cumples xuntos porque estes dous nenos naceron o mesmo día, xa que Aine e Antón son mellizos, e iso deu pe a unha interesante conversación na que, unha vez máis, descubrimos que os razonamentos e pensamentos dos peques son xeniais!

Aínda que naceron xuntos, cada un é único e especial así que adicamos a cada un o seu tempo para dar 3 voltas ao sol e ver fotos dende que naceron.

É moi emocionante compartir este momento cos peques e aproveitar para falar sobre o paso do tempo.

Tanto os homenaxeados como todos os demais o pasamos xenial vendo as fotos de bebés e escoitando as historias que contan sobre cada unha.

Aine e Antón decoraron as súas coroas con axuda dos seus compis.

E por suposto tamén pintaron e decoraron a súa inicial

E así de guapos lucían coas súas coroas e as súas iniciais.
De recordo levaron o cadro de Arnaldo coas pegadas de todos como recordo deste primeiro cumple no cole.

Así de bonita está xa a parede dos cumpleañeiros, cada día máis chula!

PARABÉNS AINE E ANTÓN!
Ningún comentario:
Publicar un comentario