Os pequechos de tres vivimos a tope esta semana... aquí tendes a proba, collede os flocos de millo e preparádevos!!
Os pequechos de tres vivimos a tope esta semana... aquí tendes a proba, collede os flocos de millo e preparádevos!!
Ola familias, toda esta semana estivemos celebrando o Samaín no cole e fixemos unha chea de actividades. Por aquí deixamos unhas poucas:
Unha mesa de experiencias, onde o alumnado tiña que atopar as calaveras, arañas, ollos, etc. e despois contar cantos tiña.
Fixemos cabazas e calaveras con pasta de modelar. Pintámolas e debuxámoslles unha cara terrorífica.
Logo, por parellas, utilizámolas para xogar ao 3 en raia.
Tamén realizamos actividades de simetría con cabazas. O alumnado tiña que buscar a outra metade de cada cabaza.
![]() |
Estes días, aproveitando que non chove, saímos ao patio para buscar as follas que o vento do outono está a deixar polo chan. Mirade que fotos tan chulas nos sacamos. Estivemos a ver as súas diferentes cores, formas, tamaños, as rompimos, tirámolas ao aire... Pasámonolo xenial!!!
No mes de setembro estivo de aniversario a nosa compañeira María que xa ten os 4 anos. Moitos parabéns María!!!
Ola familias! Levamos aproximadamente un mes traballando o outono: os cambios climatolóxicos, os alimentos, a vestimenta, etc.
Aquí tedes algunhas imaxes das actividades que estamos realizando:
Recollimos follas secas no patio e despois, empregando a mesa de luz, repasamos a silueta da folla.
A semana pasada os pequechos de tres anos comezamos cos desdobres, separámonos nunha hora dos mércores e xoves en dous grupos, uns quédanse na aula coa profe Almudena para realizar o obradoiro que chamamos "LITERARTE".
Nel traballamos a literatura infantil, escoitamos un conto e compartimos as nosas reflexións sobre o seu argumento, e despois traballámolo de forma artística e creativa.
Esta semana traballamos o conto: PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO, que fala da mistura de cores, da familia e da amizade.
No obradoiro de "XOGOS E LUZ" xogamos coa mesa de luz, nela traballamos as cores, a identificación de animais a partir de siluetas e a composición de debuxos cos contadores.
Tamén nos iniciamos no xogo do dominó, de imaxes e de cores.
Ola familias!
Aquí vos deixamos unha pequena ventaniña para que vexades todo o que facemos no tempo de patio, non nos aburrimos! Sempre argallando cousas novas 😁
Benvidos de novo ao cole !!! e con moitas ganas de volver! Aquí estamos de novo outro curso, que aínda que especial e diferente, seguro que o desfrutaremos e o pasaremos estupendamente!!! Aquí tedes algunhas fotos coas nosas fantásticas botas que nos permitirán pasalo xenial no patio de herba ...
BENVIDOS E BENVIDAS