venres, 7 de marzo de 2025

MES DO ENTROIDO NA CLASE DE 5 ANOS

Febreiro é o mes máis curto do ano pero aproveitámolo mooooitísimo! Durante todo o mes traballamos moito nos disfraces para o desfile. Entre todos eliximos de que queríamos ir, e, pouco a pouc,o fomos facendo os nosos matraces, deseñando, cada un, o seu experimento. E sen darnos conta traballamos as medidas, as cores, os tamaños, escribimos... e por suposto manchámonos moito, iso si, tamén recollemos entre todos sempre deixando todo limpísimo!
 
   

Outra das cousas que fixemos este mes foi un experimento moi divertido que nos deixou coa boca aberta. O papá de Mael mandounos uns trociños de xeo seco, e experimentamos mesturándoo con diferentes líquidos. É mellor que vexades o resultado, porque é difícil explicalo con palabras, e as imaxes contan moito máis.
 

Este mes tamén celebramos o día da radio cun obradoiro moi especial no que participou todo o cole, podedes ver un resumo premendo AQUÍ. E si queredes vernos en acción, aquí vos deixamos un resumo, en forma de vídeo, do programa da nosa clase.
 

E tamén deixamos por aquí o resultado do noso obradoiro, un programa divertidísimo que pode axudarvos a planificar as vacacións jejeje.

Este mes tamén celebramos o día do amor e da amizade, adicando cancións na radio e facendo uns traballos cheíños de amor para as nosas familias: somos moi artistas e temos moito amor para repartir!!
Tamén vos deixamos un resumo dun espectáculo de maxia improvisado que tivemos en clase: alucinamos!

E rematamos o mes celebrando o entroido a tope. Durante a semana pasámolo pipa coas ordes do mandadiño e o venres despedimos febreiro lucindo os nosos disfraces e festexando o entroido con moita ilusión! Graciñas un ano máis por ser unhas familias tan enrolladas e facer uns matraces tan chulos para desfilar con nós!

 

Premendo AQUÍ podedes ver un resumo do entroido no cole. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario